Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0044.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27

de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos (A Coruña).

De non efectua-lo pagamento voluntario, disporá o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993.

A Coruña, 28 de novembro de 1996.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0044.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Enrique Bernández Boga. Rúa do Castro, 7, Pontecesures (Pontevedra).

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción. Artigo infrinxido: 38.13ª.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción. Calificación infracción: leve.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

9014