Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 16 de decembro de 1996 Páx. 11.484

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (63/1996 e sete máis).

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 agosto e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo); Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos os solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

- Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acredita-la nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro (BOE do 24), sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de

traballadores nos termos en que está definido no Tratado constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non ter cumpridos os setenta anos.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o acceso e exercicio da función pública.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.- Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 4.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1ºc) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar estar eximidos de tales requisitos dentro do prazo fixado para solicita-la participación no concurso..

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivese contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, agás as excepcións previstas no artigo 37.4 da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboadas 9.180 pesetas en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo 0040225994 de Caixavigo, (oficina principal, rúa García Barbón , 1-3) epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, onde conste referencia a esta convocatoria.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera

dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que deberá serlles notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, de se-lo caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución desta.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participaren no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e con sinalamento da data, hora e lugar de celebración do desta.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaránlle ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade no prazo de quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión, por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico o psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na súa folla de servicios.

Vigo, 25 de novembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector

ANEXO I

Universidade de Vigo

Número de prazas: 1

Praza número: 63/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: lingüística aplicada á traducción e interpretación.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades que debe realizar por quen obteña a praza: docencia en traducción xeral C/A: portugués-español.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 64/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: historia antigua.

Departamento ó que está adscrita: Historia, Arte e Xeografía.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: historia antiga I.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 65/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: física aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Física Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: física e técnicas avanzadas de producción e análise de recubrimentos.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 66/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Economía Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: docencia en política económica.

Clase de Convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 67/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: economía aplicada.

Departamento ó que está adscrita: Economía Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: docencia en estructura económica.

Clase de convocatoria: concurso

Número de prazas: 1

Praza número: 68/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química-física.

Departamento ó que está adscrita: Química Pura e Aplicada.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: docencia en materias propias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 69/96

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: docencia en ciencias dos materiais.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1

Praza número: 70/96

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencias dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Actividades que debe realizar quen obteña a praza: docencia en ciencias dos materiais.

Clase de convocatoria: concurso.

8971