Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.412

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (130 bis/1996).

Eu, Francisco Javier Clemente Lázaro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, fago saber que nos autos de xustiza gratuíta seguidos ante este xulgado de referencia co nº 130 bis/1996, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión do teor seguinte:

«Sentencia. Na vila de Noia o sete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Ana María Lorenzo Carou, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo verbal do dereito a litigar de balde, promovidos por Alfonso Vázquez Rey, representado polo procurador Francisco José Gómez Castro (de oficio) e dirixido polo letrado José Ramón Gil López (de oficio), contra María Esther González Carballal, incomparecida nos presentes autos, e contra o letrado da Xunta de Galicia.

Decido que debo recoñecerlle e recoñézolle o dereito a litigar de balde a Alfonso Vázquez Rey, con dereitos ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio nº 130/1996 e tódalas súas incidencias, iso sen prexuízo do disposto no artigo 48 da Lei de axuizamento civil.

Contra esta sentencia poderá interporse recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da notificación da presente resolución, recurso que deberá interpor na forma establecida no artigo 733 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á demandada rebelde María Esther González Carballal, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto en Noia o sete de novembro de mil novecentos noventa e seis; e dou fe.

O secretario xudicial

Rubricado