Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.413

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO (238/1996).

Eu, Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes, fago saber que neste xulgado se seguen autos de retracto nº 238/1996, por instancia de Albino Rey Canedo, sobre retracto de estremeiros, e no día da data dictouse resolución que acordou o emprazamento de Carmen Gómez Rosende, Antonio Seoane Miramontes e Rosa del Mar Gómez Cambón, por medio de edictos, co fin de que no termo de nove días comparezan en autos, asistidos de avogado e procurador, e contesten a demanda baixo apercibimento de que recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados Carmen Gómez Rosende, Antonio Seoane Miramontes e Rosa del Mar Gómez Cambón, acordei a publicación do presente edicto no DOG.

Ordes, 5 de novembro de 1996.

A xuíza

Rubricado