Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 16 de agosto de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito 4584/1992 para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito nº 4584/1992, do 25 de novembro de 1992, polo importe de 184.000 ptas. (cento oitenta e catro mil) constituído mediante aval bancario na Caixa de Depósitos desta delegación e que garante a Hidtma, S.L., formúlaselles requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar para que o presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, praza de Pontevedra, 22, A Coruña.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se presentara, procederase sen máis trámite á expedición do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal, suficientemente acreditado e declararase nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non terá ningún valor nin poderá producir efectos perante a administración nin perante terceiros.

A Coruña, 16 de agosto de 1996.

Jaime Cabeza Gras

Delegado territorial da Coruña