Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.412

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (176/1996).

Eu, Cristina Navares Villar, xuíza de primeira instancia e instrucción de Negreira e o seu partido, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición baixo o nº 176/1996, por instancia de Banco Central Hispanoamericano, contra Manuel A.

González Martínez e Manuel Rodríguez Cornes, sobre reclamación de cantidade e contía de 103.307 ptas.

Que, por resolución do día da data se acordou emprazar, como pola presente cédula son emprazados, a Manuel Antonio González Martínez e a Manuel Rodríguez Cornes, en ignorado paradoiro, co fin de que no prazo improrrogable de nove días comparezan en autos, baixo apercibimento de que, de non o verificaren, serán declarados en rebeldía, continuará o xuízo o seu curso e recaerán sobre eles os demais prexuízos ós que houber lugar en dereito.

Negreira, vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado