Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.412

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (69/1996).

En virtude do acordado en providencia desta data, recaída nos autos de xuízo executivo 69/1996, seguido por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador García-Piccoli, contra José Freire Barral, en reclamación de 1.141.163 de principal, máis 600.000 orzadas para xuros, gastos e custas, polo que se ordena despacha-la execución e, practicado o embargo, cítase de remate o executado José Freire Barral por medio do presente edicto, para que no termo de nove días, se lle interesa, compareza en legal forma nos autos por medio de avogado e procurador, para opoñerse á execución, e prevéñoo de que, se non o verifica, será declarado en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, e recaerá sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito. Así mesmo, fáiselle saber que na mencionada resolución se lle embargaron os seguintes bens:

1. As contas correntes, de aforro, de crédito ou depósitos de calquera tipo que teña nos bancos ou caixas de aforros con sucursal aberta nas localidades de Arzúa e Touro, así como calquera acción, participación en sociedades ou fondo de investimento, letras do tesouro, débeda pública ou calquera outro activo financeiro do que sexa titular o demandado.

2. A parte proporcional que corresponda do soldo que recibe na empresa Elaboración y Montaje de Armadura, S.A.

E para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto en Arzúa o seis de novembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado