Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 10 de decembro de 1996 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 15 e 16 de decembro nos centros de traballo da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito de folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o seu exercicio para garanti-lo mantemento dos servicios esenciais da comunidade. O Decreto 155/1988, do 9 de xuño, no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga decida o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como para determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, cómpre a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de abastecemento e mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Xunta de Galicia e, convocada a folga que comezará ás 6 horas do día 15 de decembro de 1996 e rematará ás 6 horas do día 17-12-1996 no centro de traballo de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité de folga, e en virtude das competencias que lle atribúe o mencionado decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Mentres dure a folga anunciada para o día 15 e 16 de decembro do presente ano, que comezará ás 6 horas do día 15-12-1996 e rematará ás 6 horas do día 17-12-1996 no centro industrial de Endesa nas Pontes de García Rodríguez, os servicios mínimos serán os seguintes:

1. Día 15 de decembro (domingo).

Postos

de traballo

Denominación postoNº persoas/día

-Producción
1Operador Subestación Tesouro3

-Obras
1Subj. Serv. ou X. Equipo Bombeo3

3Bombeiros9

-Sección eléctrica
2Oficiais Taller Mina en Retén4

No caso de producirse algunha avaría ou incidente de carácter grave, a dirección e o comité de folga reuniranse co fin de acorda-lo persoal necesario para a correspondente reparación.

2. Día 16 de decembro (luns).

Caben tres supostos dependendo do volume previsto de carbón almacenado no parque de carbóns da central térmica ás 6 horas do luns día 16.

A) Mina parada.

B) Funcionamento dunha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

C) Funcionamento de dúas excavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Situación central térmica

Toneladas mestura pre-

vistas en parque C.T.

(lunes 6h)*

C.T. parada ou

C.T. un grupo

C.T.

dous grupos

C.T. tres ou

catro grupos

Menos de 70.000ABC

Entre 70.000 e 100.000AAB

Máis de 100.000AAA

*Estimación que se realizará o venres día 13-12-1996, ás 12 horas.

A) Servicios mínimos mina parada.

Postos

de traballo

Denominación postoNº persoas/día

-Producción
1Operador Subestación Tesouro3

-Obras
1Subj. Serv. ou X. Equipo Bombeo3

3Bombeiros9

-Sección eléctrica
2Oficiais Taller Mina en Retén4

B) Servicios mínimos para unha escavadora, unha amoreadora e parque de regulación.

Postos

de traballo

Denominación do postoNº persoas/día

-Producción
1Xefe de quenda área3
3Técnicos de terceira9
4Operadores Esc. e amoreadora12
2Maquinista parque regulación6
5Axudantes Esc. e amoreadora15
1Operador control móbil3
1Axudante control móbil3
3Vixilantes de cintas9

Postos

de traballo

Denominación do postoNº persoas/día

2Maquinistas de Bulldozer6
1Maquinista Bulldozar parque Saa1
1Subxefe de Servicio C.Control3
1Operador Centro de Control3
1Operador Subestación Tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

-Obras
1Subxefe Svco. ou X. Equpo. Obras e Bombeo3
3Bombeiros9

-Mantemento

eléctrico

1Subxefe Servicio en máquinas3
1Xefe equipo en máquinas3
2Oficiais en máquinas6
1Subx. Svc. ou xefe equipo en cintas3
1Oficial en cintas3
1Subxefe Servicio Electrónica3
1Oficial electrónica3

-Mantemento

mecánico

1Subx. Svco. ou xefe equipo en retén3
3Oficiais en Retén9
1Subx. Svco. ou xefe equipo vulcanizado3
2Oficiais vulcanizado6

-Almacén mina
1Almaceneiro3

-Maquinaria e equipos
1Encargado de transportes3
2Conductores vehículos6
1Maq. Aux. parque Saa2

C) Servicios mínimos para dúas escavadoras, unha amoreadora e parque de regulación.

Postos

de traballo

Denominación do postoNº persoas/día

-Producción
1Xefe de quenda área3
4Técnicos de terceira12
6Operadores Esc. e amoreadora18
2Maquinista parque regulación6
7Axudantes Esc. e amoreadora21
1Operador control móbil3
1Axudante control móbil3
4Vixilantes de cintas12
2Maquinistas de Bulldozer6
1Maquinista Bulldozar parque Saa1
1Subxefe de Servicio C.Control3
1Operador Centro de Control3
1Operador Subestación Tesouro3
1Operador cabeza desprazable3

-Obras
1Subxefe Svco. ou X. Equpo. Obras e Bombeo3
3Bombeiros9

-Mantemento

eléctrico

1Subxefe Servicio en máquinas3
1Xefe equipo en máquinas3
2Oficiais en máquinas6
1Subx. Svc. ou xefe equipo en cintas3
1Oficial en cintas3
1Subxefe Servicio Electrónica3
1Oficial electrónica3

-Mantemento

mecánico

1Subx. Svco. ou xefe equipo en retén3
4Oficiais en Retén12
1Subx. Svco. ou xefe equipo vulcanizado3
2Oficiais vulcanizado6

-Almacén mina
1Almaceneiro3

-Maquinaria e equipos
1Encargado de transportes3
3Conductores vehículos9
1Maq. Aux. parque Saa2

En tódalas situacións anteriores, caso de producirse algunha avaría ou incidente de carácter grave, a dirección e o comité de folga reuniranse co fin de acorda-lo persoal necesario para a correspondente reparación.

Artigo 2º

O incumprimento desta obriga de mante-los servicios mínimos fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio