Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 13 de decembro de 1996 Páx. 11.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 2 de decembro de 1996 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 1997.

De acordo co disposto no Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito na Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á Consellería de Industria e Comercio fixar anualmente os domingos e festivos que se considerarán hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial.

En aplicación do artigo 3, apartado dous, do mencionado decreto e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, fíxanse os domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 1997. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público durante o ano 1997 son:

-5 de xaneiro.

-12 de xaneiro.

-27 de marzo.

-6 de xullo.

-1 de novembro.

-7 de decembro.

-14 de decembro.

-21 de decembro.

Artigo 2º

O disposto no artigo anterior enténdese sen prexuízo das normas xerais que, en materia de horarios comerciais, establece o Decreto 365/1996, do 26 de setembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio