Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.329

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas do persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996 (DOG nº 232, do 27 de novembro), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo IV que figuran no anexo I da presente convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría, se é o caso, e ó sistema de acceso libre será, para cada categoría, o reflectido no anexo I.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996, do total de prazas reservarase, se é o caso, en cada categoría o número de prazas que constan no citado anexo I, para ser cubertas por persoas con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que tales prazas non sexan cubertas por persoas coa minusvalidez correspondente pasarán a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas respecto de cada categoría.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do III convenio colectivo único e demais normas concordantes, así coma o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna e cambio de categoría:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico que, para cada categoría, figura no anexo I, agás o persoal afectado polo disposto na disposición adicional sexta do III convenio colectivo único.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e pertencer o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algunha das categorías integradas nos grupos III, IV ou V do III convenio colectivo único agás o persoal ó que se refire a disposición adicional sexta do dito convenio, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na categoría de orixe e posuí-los requisitos requiridos para o acceso á categoría á que se opta.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1992.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico e requisitos que para cada categoría figuran no anexo I.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, agás o carné de manipulador de alimentos que se poderá presentar no prazo e conforme o previsto na base V.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo II) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xun

tarase fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e a certificación e documentación ás que se refire a base II.1.3.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 27 dous C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 5.735 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de

presentación, en tempo e forma, da solicitude. (anexo II).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico no número (902) 12 00 12, de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios

para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril e o artigo 3 do Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas do persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalías con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Os erros de feito que puideran advertirse poderán repararse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que no posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición:

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna e cambio de categoría:

II.1.1.1. Experiencia profesional:

a) Por servicios prestados na categoría á que se opta no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,10 puntos/mes.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,02 puntos/mes.

c) Por servicios prestados na categoría á que se opta no Sergas ou noutras administracións públicas: 0,05 puntos/mes.

d) Antigüidade ó servicio doutras administracións públicas: 0,02 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable neste apartado II.1.1.1. será de 8,40 puntos.

II.1.1.2. Formación profesional:

Por cada curso relacionado coa categoría á que se opta e impartidos por organismos oficiais dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,05 puntos.

-De 26 a 50 horas: 0,13 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,25 puntos.

-De 101 a 250 horas: 0,50 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións ou impartición de cursos relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta: 0,50 puntos por cada unha/un.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.1.2 será de 3,60 puntos.

II.1.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 12 puntos, sumados os apartados II.1.1.1 e II.1.1.2.

II.1.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.1.2. Para o acceso libre.

II.1.2.1. Experiencia profesional:

a) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta na Xunta de Galicia no ámbito do convenio único, tendo en conta, para estes efectos, o disposto na disposición transitoria cuarta: 0,15 puntos/mes.

Polo exercicio das categorías 14 e 65 do grupo III para o acceso á categoría 5: 0,15 puntos/mes.

b) Polos servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

c) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta no Sergas ou noutras administracións públicas: 0,08 puntos/mes.

d) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta en empresas privadas: 0,02 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable nos puntos a), b), c) e d) do apartado II.1.2.1. será de 9 puntos.

e) Ó persoal laboral fixo da Xunta de Galicia que pretenda acceder á categoría 17 computaráselle, polo tempo de desempeño da categoría na que figura en activo: 0,06 puntos/mes.

II.1.2.2. Formación profesional:

Por cada curso relacionado coa categoría á que se opta e impartido por organismos oficiais dependentes de calquera Administración pública ou homologados pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,01 puntos.

-De 26 a 50 horas: 0,05 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,10 puntos.

-De 101 a 250 horas: 0,25 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións ou impartición de cursos relacionados coa categoría á que se opta: 0,50 puntos por cada unha/un.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.2.2. será de 3 puntos.

II.1.2.3. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase acudindo ó baremo que se indica a continuación e atendendo á orde en que figura o aspirante:

a) Por cada diminuído legal a cargo do aspirante e con ingresos inferiores ó SMI: 0,50 puntos.

b) Por cada persoa sen ingresos a cargo do aspirante: 0,25 puntos.

c) Por permanencia na situación legal de desemprego: 0,02 puntos/mes.

II.1.2.4. A puntuación obtida na fase de concurso no poderá supera-los 12 puntos, sumados os apartados II.1.2.1. e II.1.2.2.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os apartados anteriores, deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que

figura como anexos III e IV a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

-Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

-O responsable de persoal respectivo.

Ó certificado xuntarase a documentación acreditativa dos méritos nel reflectido.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos apartados anteriores.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que han de rexe-las probas selectivas son os que figuran como anexo VI da presente convocatoria.

II.2.1. Exercicios para o sistema de acceso por promoción interna e cambio de categoría:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 50 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel, e relativos ó contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e media (1,30).

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de dúas (2) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter coma mínimo 5 puntos.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración do exercicio.

II.2.1.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, alomenos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.2. Exercicios para o sistema de acceso libre:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 50 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ó contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e media (1,30).

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo opter como mínimo dez puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de dúas (2) horas para o suposto práctico ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderase presentan ata 10 días antes da celebración do exercicio.

II.2.2.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, cando menos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia ca dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna e cambio de categoría, en virtude do disposto no artigo 12.2.4) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1996 pola que se publica

o resultado do sorteo celebrado o día 15 de marzo de 1996 (DOG nº 67, do 3 de abril).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG a resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28

da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración do exercicio nº 1 da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades. No dito caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos destes.

III.9. Ó tribunal número 1 de cada categoría/s corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna e cambio de categoría.

III.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Cursar por orden do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan ser presentados e solicitados polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificación que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o solicitan na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase do seguinte xeito:

-No sistema de promoción interna e cambio de categoría, a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1.

-No sistema de acceso libre, atendendo ó disposto na base II.1.2.3.

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematado o proceso selectivo o presidente do tribunal número 1 enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 15 días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título, ou se é o caso, documento que acredite de maneira que faga fe posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

d) Os aspirantes con minusvalías con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do Conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2º.3) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme ó previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta convocatoria entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaVacantes

promoción

interna

Vacantes

acceso

libre

Vacantes

quenda

minusválidos

Total

vacantes

3º exercicioTitulación académica

requirida

IV21102Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente

IV33128261Suposto práctico.a) FP1 (rama sanitaria) ou b) graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV42725254Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV53230264Proba práctica: elaboración práctica dun menú. Tempo: 45'.a) FP1 (rama hostelería e turismo, profesión cociña) ou b) graduado escolar, FP1 ou equivalente e un ano de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou dous anos na empresa privada.

Carné de manipulador de alimentos.

IV654110Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV965112Suposto práctico.a) FP1 (rama agraria) ou b) graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV1154110Suposto práctico.a) FP1 (rama química, profesión operador de laboratorio ou operador de planta) ou b) graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV122103Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV1686115Proba práctica: posta en marcha dun vehículo con fallo. Tempo: 20'.Graduado escolar, FP1 ou equivalente e carné de conducir B2.
IV170101Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV201102Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV211102Suposto práctico.a) FP1 (rama madeira) ou b) graduado escolar, FP1 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

IV233306Prueba práctica:

1. Interpretación libre. A gaita será aportada polo aspirante. Tempo: 5'.

2. Simulacro de clase con alumnos principiantes. Tempo: 15'.

3. Interpretación por proposta do tribunal: Tempo: 5'.

Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV242204Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV251102Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV304408Proba práctica: proba mecanográfica. Tempo: 10'. Mínimo pulsacións correctas por minuto: 200 para máquina manual e 225 para máquina electrónica.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

IV3164111Suposto práctico.Graduado escolar, FP1 ou equivalente.

Relación de entidades nas que pode realiza-lo ingreso:

-Caixa de Aforros de Galicia.-Caixa de Aforros Municipal de Vigo.-Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.-Caixa de Aforros de Provincial de Ourense.-Banco Bilbao-Vizcaya.-Banco Pastor.-Banco de Galicia.-Banco Español de Crédito.-Banco Gallego.

ANEXO VI

Grupo IV

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución española. Visión xeral e especial referencia ós dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 2. A Coroa. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento. O Tribunal Constitucional. O Consello Xeral do Poder Xudicial.

Tema 3. A Administración central do Estado. O Goberno. O presidente do Goberno e os ministros.

Tema 4. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 5. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 6. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

Tema 7. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 8 . A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos e deberes.

Tema 9. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 10. A Lei orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de liberdade sindical: a liberdade sindical e a representatividade sindical.

Parte específica

Grupo: IV - categoría: 2. Auxiliar mecánico/a// Oficial 2ª mecánico/a// Mecánico/a reparación obras.

Tema 1. Constitución e funcionamento do motor de dous tempos.

Tema 2. Constitución e funcionamento do motor de catro tempos. Descrición dos ciclos.

Tema 3. Motores diésel. Ciclo de traballo en catro tempos. Equipo de inxección.

3.1. Avarías máis comúns no motor diésel e reparación delas.

Tema 4. Equipo eléctrico dos diferentes tipos de vehículos con motores diésel e esquema xeral da instalación.

Tema 5. Engraxamento do motor. Lubricantes. Sistema de engraxamento. Avarías do engraxamento.

Tema 6. O chasis. Ponte traseira. Avaría na ponte traseira. Bastidor. Suspensión. Avarías na suspensión.

Tema 7. Freos. Tipos de freos. Avarías dos freos.

Tema 8. Sistema de refrixeración do motor. Compoñentes. Radiador, ventilador e termostato. Emprego e utilidade do anticonxelante.

Tema 9. Avarías máis frecuentes na bomba de alimentación de gasolina. Localización e reparación.

Tema 10. Funcionamento e utilización de caixas reductoras ou transfer. Funcionamento e vantaxes do bloque dos diferenciais.

Grupo: IV - categoría: 3. Auxiliar sanitario// Auxiliar clínica// Auxiliar psiquiátrico/a// Auxiliar de enfermería// Coidador/a xeriátrico.

Tema 1. Fundamentos da enfermería. Ética e moral profesional. A enfermería dentro do sistema sanitario.

Tema 2. A Lei xeral de sanidade. Plan Galego de Saúde Mental. Plan Autonómico de Drogodependencias. A Lei de servicios sociais. Os servicios sociais da Comunidade Autónoma.

Tema 3. A saúde e a enfermería. Hixiene persoal e benestar do enfermo. Medicina preventiva. Educación para a saúde. Bases da patoloxía xeral. Nocións básicas dos grandes cadros psiquiátricos: neurose, psicose, trastornos do carácter, drogodependencias. Patoloxías crónicas e invalidantes.

Tema 4. Coidados básicos de enfermería. Pautas de hixiene ordinaria nos distintos tipos de pacientes. Baño. Coidados xerais: úlceras, dentadura, uñas. Control de esfínteres. Funcionamento intestinal. Diurese. Alimentación e hidratación do enfermo.

Tema 5. O paciente terminal. Probas e procedementos diagnósticos: exame radiolóxico. Toma de mostras para as análises: esputo, feces ou ouriños. O material: as axudas técnicas. As camas e os distintos modos de facelas. Material para minusválidos. Material de reeducación. Material de ergoterapia.

Tema 6. O auxiliar nos distintos departamentos. Coidados intensivos. Cirurxía. Psiquiatría. Xeriatría. Materno-infantil. Xinecoloxía.

Tema 7. O papel do auxiliar no coidado e manexo do enfermo mental. Trastornos da memoria. Demencias. Estados depresivos. Estados confusionais. O enfermo axitado. O enfermo delirante. O soño e os seus trastornos.

Tema 8. Funcións e signos vitais. Primeiros auxilios. Trastornos que xeran invalidez motora, sensorial ou mixta de carácter agudo e/ou transitorio.

Tema 9. Técnicas básicas de enfermería. Conceptos xerais de farmacoloxía. Administración de medicamentos. Efectos secundarios, contraindicacións e intoxicación. Papel do auxiliar na súa vixilancia e control. Ventilación e osixenoterapia.

Tema 10. Atención ó paciente crónico. Técnicas e habilidades no manexo da conducta do enfermo. Hospitalización. Problemas psicosociais (de adaptación, habilidades sociais, illamento, autonomía e

dependencia). Relacións auxiliar-paciente (segundo idades, disfuncións, invalidez e/ou patoloxías). Tratamento e integración social. Outros tratamentos: ergoterapia, rehabilitación, laborterapia.

Grupo: IV - categoría: 4. Auxiliar fogar// Coidador/a auxiliar// Auxiliar coidador/a.

Tema 1. O corpo humano, concepto. Características. Aparellos. Sentidos.

Tema 2. O coidador dentro da escola ou centro. A súa participación no proceso educativo e socializador. Relacións cos familiares e persoal especializado.

Tema 3. Coordinación do coidador cos mestres, educadores, etc. O seu papel como elemento favorecedor da comunicación entre o neno normal e o neno integrado.

Tema 4. Educación especial; clasificación das persoas que a requiren. Problemas psíquicos, problemas de afectividade.

Tema 5. Características básicas do deficiente motórico. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación, hixiene ... . Problemas posturais. Atención específica a persoas con espiña bífida.

Tema 6. Características básicas do cego e amblíope. Problemas na súa escolarización ou socialización. Creación de hábitos de alimentación, hixiene ... . A independencia de movementos e desprazamentos do cego; a orientación na procura de estratexias que favorezan a súa maior independencia.

Tema 7. Características básicas do xordo. Problemas na súa escolarización ou socialización. O xordo e o seu contexto de relacións.

Tema 8. O papel do coidador nas actividades de ocio e tempo libre; recreos, saídas, excursións, campamentos. O coidador como dinamizador de xogos e actividades. Primeiros auxilios e atención de emerxencia.

Tema 9. Creación de hábitos, técnicas, para acada-los hábitos de alimentación, hixiene ... . Técnicas para o manexo de apoios instrumentais para a locomoción, alimentación, hixiene. O control de esfínteres.

Tema 10. O coidador como medio para a consecución da independencia na locomoción, alimentación, hixiene. Evolución social. A importancia do traballo en equipo.

Grupo: IV - categoría 5. Oficial 2ª cociña// cociñeiro/a// Oficial 2ª.

Tema 1. As cociñas; utensilios. Tratamento e manipulación dos productos alimenticios. Normas e criterios para a elaboración das comidas.

Tema 2. Despensas e frigoríficos; circulación dos productos. Os productos conxelados.

Tema 3. Condimentos; clases. Salsas e fondos de cociña; clases; elaboración.

Tema 4. Consomés, sopas e cremas; clases. Elaboración.

Tema 5. Hortalizas; clases. Limpeza, preparación e elaboración. Ensaladas; elaboración.

Tema 6. Legumes secos; clases; conservación. Preelaboración e cociñado. Potaxes; clases.

Tema 7. A pasta italiana; cocción e preparación. O arroz; elaboración. Os ovos, elaboracións básicas.

Tema 8. Os peixes; clases, limpeza e preparación. Elaboración; conservación.

Tema 9. As carnes; clases; as distintas pezas e a súa utilización. Preparación. Elaboracións.

Tema 10. Postres; froitas, queixos e iogures, xelados, postres de cociña. Presentación; preparación. As bebidas: augas, viños e licores.

Grupo: IV - categoría: 6. Axudante/a servicios técnicos// Oficial 2ª mantemento.

Tema 1. Estructura de vivenda, cimentos e sotos. Pisos: muros exteriores, muro de cachotería, muros de pedra interiores. Pavimentos: revestimento do chan. Teitos: armazón e cuberta.

Tema 2. Distribución de auga no interior dunha vivenda: reductor de presión, elevadores de auga, canalizacións interiores. Materiais que se empregan para canos. Precaucións que se deben tomar. Determinación do diámetro dos canos.

Tema 3. Canalización de desaugamento: sifóns para vertedoiros, lavabos, bañeiras. Condicións para o seu funcionamento. Aparellos sanitarios. Vertedoiros de gres, esmaltados de plástico, de aceiro inoxidable.

Tema 4. Electricidade básica: constitución da materia. Corrente eléctrica, tensión e intensidade. Conductividade e resistencia. Lei de Ohm. Lei de Joule.

Tema 5. Electricidade aplicada: aparellos de medida. Equipos de medida e rexistro. Máquinas eléctricas rotativas. Máquinas eléctricas estáticas.

Tema 6. Aparellos e compoñentes eléctricos: resistencias, díodos, condensadores, transistores, interruptores, tipos, contactores e relés térmicos. Interruptores horarios e reloxos de conexión, lámpadas e aparellos de iluminación. Planos e esquemas eléctricos; interpretación.

Tema 7. Mecánica básica: aparellos de medida e verificación. Elaboración de debuxos a man alzada acotados. Coñecemento de materiais, aplicacións. Máquinas ferramentas. Mecánica aplicada: soldadura, tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.

Tema 8. Fluídrica: conceptos e propiedades dos fluídos, clases. Principio de Arquímedes. Principio de Pascal.

Tema 9. Instalacións de lavandería industrial: lavadoras, centrifugadoras, pranchadoras, secadoras. Instalacións de cociña industrial: marmitas, fritidoras, peladoras, fornos, salamandras.

Tema 10. A seguridade e hixiene no traballo nos seguintes campos: electricidade, instalacións eléctricas de alta tensión, mecánica, xeradores de frío e de calor e incendios. Aparellos e instalacións: riscos e normas de seguridade.

Grupo: IV - categoría: 9. Oficial 2ª faenas agrícolas// Oficial 2ª de campo// Oficial 2ª gandería// Oficial 2ª agrícola.

Tema 1. Máquinas utilizadas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.

Tema 2. O manexo do gando nas explotacións de vacún de carne, leite e ovino.

Tema 3. Principais alimentos para o gando, o silo e a herba seca.

Tema 4. Manexo das pradeiras naturais e sementadas. Laboras que se realizarán para o cultivo do centeo, trigo e millo.

Tema 5. Principais labores agrícolas nunha explotación gandeira.

Tema 6. As cercas na explotación gandeira; importancia e tipos.

Tema 7. Cultivos extensivos principais: pataca, millo, legumes e trigo. Cultivos intensivos: tomate, leituga, pementos, amorodo, caravel, geivera, careliña e crisantemo. Manexo dun invernadoiro e dos cultivos baixo plástico.

Tema 8. Principais labores que se realizarán nas explotacións forestais: plantacións, limpezas, podas e tratamentos.

Tema 9. Cultivos de plantas forestais: semente, sementeira, viveiros e trasplantes.

Tema 10. Influencia dos labores agrícolas e forestais no medio ambiente: maquinaria, aceites, fertilizantes e tratamentos fitosanitarios.

Grupo: IV - categoría: 11. Auxiliar de laboratorio.

Tema 1. Nomenclatura de química orgánica e inorgánica.

Tema 2. Expresión de concentración dunha disolución. Concentración en tanto por cento. Molaridade. Normalidade. Concentración en partes por millón.

Tema 3. Preparación de disolucións. Disolución patrón e substancias tipo primario. Disolucións valoradas.

Tema 4. Material para análise volumétrica. Descrición e limpeza. Material para análise gravimétrica. Descrición e limpeza.

Tema 5. Precaución e medidas de seguridade no laboratorio. Productos químicos, víricos e parasitarios.

Tema 6. Concepto de pH. Disolucións neutras, ácidas e alcalinas. Disolucións tampón. Medida do pH. Coidado e manexo e electrodos.

Tema 7. Reactivos: tipificación de pureza dos reactivos utilizados en química. Manipulación de reactivos.

Tema 8. Preparación de mostras para a análise de pensos, forraxes e silos. Conservación das mostras. Preparación de mostras para análise de solos. Determinación da humidade e a textura do solo.

Tema 9. Preparación de mostras para a análise de cárnicos e froitas e análises víricas, bacteriolóxicas e parasitarias. Conservación das mostras.

Tema 10. O cultivo de zoo e fitoplancto: preparación dos medios nos que se cultivan e dos aparellos uti

lizados. As súas técnicas. A mostraxe e as rutinas no laboratorio de investigación pesqueira e acuicultura.

Grupo: IV - categoría: 12. Auxiliar de internado.

Tema 1. Coñecemento de productos e utensilios de limpeza. Limpeza na cociña, comedor, chans, cuartos de baño, habitacións e outras zonas.

Tema 2. Coñecemento da maquinaria, do mobiliario e material de cociña. A súa limpeza e conservación.

Tema 3. Mecánica xeral do comedor e das instalacións do internado. Limpeza e conservación de mobiliario. Repaso xeral do material (louza, cristalería, cubertería e enxoval).

Tema 4. Coñecemento da lencería utilizada no comedor e habitacións. Tratamento dela na lavandería. Coidados que se deben seguir no cambio de roupa sucia por limpa.

Tema 5. Limpeza e ventilación de pacientes encamados.

Tema 6. Lavado, secado e pranchado de roupas. Emprego de deterxentes segundo as clases de teas ou tecidos.

Tema 7. Ordenación dos roupeiros.

Tema 8. Montaxe de mesas, utilización de cobremanteis. Colocación de louza, cristal, cubertería e panos da mesa.

Tema 9. Transporte de pratos empratados. Diversas formas de cargar na mesa quente.

Tema 10. Montaxe de bandexas para o servicio de almorzos, merendas e xantares. Transporte delas á habitación.

Grupo: IV - categoría: 16. Conductor/a.

Tema 1. Código de circulación. Decreto de regulación do servicio de automobilismo da Xunta de Galicia. Orde que o desenvolve.

Tema 2. Funcionamento dun motor de catro tempos: admisión, compresión, explosión ou encendido e escape.

Tema 3. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites.

Tema 4. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento.

Tema 5. Electricidade no vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regulación. Dinamo. Alternador. Motor de arrinque. Bendix. O condensador. O delco.

Tema 6. Simboloxía: corrente continua, corrente alterna, fusible, resistencia, condensador, amperímetro, voltímetro, motor xerador, interruptor.

Tema 7. A suspensión: órganos de suspensión e amortecemento do automóbil. Función dos amortecedores. Avarías, consecuencias.

Tema 8. O motor diésel. Órganos principais.

Tema 9. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

Tema 10. Mantemento sistemático e reparación elementais dun vehículo. Avarías, síntomas. Reparacións de emerxencia.

Grupo: IV - categoría: 17. Almaceneiro/a// Despenseiro/a.

Tema 1. O almacén. Criterios de valoración de existencias. Fichas de almacén.

1.1. Definición de almacén.

1.2. Selección e estudios dos almacéns.

1.2.1. Clases de stocks.

1.2.2. Determinación do volume de existencias.

1.3. Criterios para valora-las existencias.

Tema 2. Clasificación e arquivo de almacén.

2.1. Concepto de arquivo.

2.2. Finalidade e importancia do arquivo.

2.3. Formas de organización dun arquivo de almacén.

Tema 3. Clasificación e ordenación de documentos.

3.1. Definición de ámbolos dous conceptos.

3.2. Sistemas de clasificación.

Tema 4. Material e sistemas de arquivo.

4.1. Función do material e sistemas de arquivo.

4.2. Expedientes.

4.3. Instalacións e medidas de seguridade.

4.4. Inventarios.

Tema 5. Comedores colectivos.

5.1. Definición e clasificacións.

5.2. Condicións dos locais e instalacións dos materiais e utensilios do persoal. Manipulacións permitidas e prohibidas.

5.3. Materias primas e comidas.

Tema 6. Lexislación: Estatuto galego do consumidor e usuario.

Tema 7. Locais destinados ó almacenamento de productos alimenticios. Normas.

7.1. Almacenamento non frigorífico.

7.2. Almacenamento frigorífico.

7.3. Incompatibilidades no almacenamento.

7.4. Prohibicións expresas á hora da almacenaxe.

7.5. Normas a ter en conta no transporte de alimentos e seguimento por parte do almaceneiro.

Tema 8. Compras de alimentación fóra de establecementos mercantís. Normas á hora da súa almacenaxe.

Tema 9. Control de condicións especiais de maquinarias e utensilios.

Tema 10. Almacenamento de roupas e lencería. Os seus coidados.

10.1. Dormitorio. Tipos.

10.2. Comedor. Tipos.

10.3. Outros.

Grupo: IV - categoría: 20. Conserxe (cando teñan ó seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

Tema 1. O conserxe. Concepto e cualidades. Funcións: respecto ó persoal ás súas ordes; con respecto á relación cos demais departamentos e con respecto ós residentes. Estatística.

Tema 2. Persoal ás ordes do conserxe nunha residencia ou centro social. Organización e planificación do traballo no seu departamento. Uniformidade e aseo do persoal ás súas ordes.

Tema 3. A dirección: concepto. Importancia da dirección. Os obxectivos. A organización e planificación do traballo e do persoal ó seu cargo, a delegación.

Tema 4. Recepción: organización e funcións. Entradas de residentes para realiza-lo período de adaptación e/ou observación.

Tema 5. Control de entrada e saídas de: persoal do centro; de visitas e/ou calquera outra persoa que non pertenza ó centro.

Tema 6. Estancias dos residentes. Información, orientación e asistencia. Servicio de chaves e correspondencia dos residentes. Recados e mensaxes ós residentes.

Tema 7. Información, orientación e asistencia a visitantes de residentes, ou a toda persoa que o solicite de forma persoal. Horarios de silencio. Transmisión de mensaxes nestes espacios de tempo.

Tema 8. Central telefónica. Orientación e asistencia ós familiares. Localización dos residentes. Recollida de recados. Chamadas oficiais. Recollidas de mensaxes e recados.

Tema 9. Correspondencia oficial: entradas e repartos. Saídas. Xestións oficiais ó exterior. Organismos oficiais.

Tema 10. Funcións de conserxería en caso de traslado dun residente a un centro sanitario a consulta, falecemento. Funcións de conserxería en días de festa e actos oficiais. Vixilancia. Control de chaves.

Grupo: IV - categoría: 21. Oficial 2ª carpinteiro/a// Auxiliar carpintería.

Tema 1. Descrición, características e aplicacións das ferramentas de man (serra, serrón, formóns, escoupros, gubias, garlopas, cepillos e demais ferramentas e utensilios), colas, parafusos, tirafondos.

Tema 2. Técnicas operativas coas diferentes ferramentas: normas de seguridade. Primeiras materias, a súa tecnoloxía e aplicacións.

Tema 3. Limas, limas grosas, lixa, abrasivos.

Tema 4. Instrumentos de medida e trazado. Técnicas de medir. Medidas de magnitudes nonio.

Tema 5. Tecnoloxía dos empalmes e ensambles. A normalización. Normalización na madeira, as ferramentas e demais elementos empregados na carpintería e ebanistería.

Tema 6. Máquinas empregadas en ebanistería e carpintería. Descrición, aplicacións. Pedra de auga: descrición, tecnoloxía do seu movemento e aplicacións.

Tema 7. Mobiliario, mobles, estilos (información-orientación).

Tema 8. Técnicas de carpintería. Normalización de portas e fiestras, outras normas. O plano inclinado, a cuña, a panca, a roda.

Tema 9. Esforzos que soportan as pesas de madeira: tracción. Flexión. Compresión.

Tema 10. Madeiras. As súas clases, características. Tratamentos.

Grupo: IV, categoría: 23. Mestre/a gaiteiro/a.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural en Galicia desde o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. Área teatral. O teatro público e privado: pasado, presente e futuro. Axudas públicas ó teatro. Programa de axudas do Igaem. Producción e coproduccións asociadas ó Igaem. Programas de intercambio teatral interautonómico. Área de música e danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro.

Tema 3. Os espacios culturais en Galicia. Pasado, presente e futuro. Mapa galego de mostras e festivais. Premios.

Tema 4. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. Publicidade de espectáculos. O apoio ás actividades de almacén, carpintería e demais medios de producción.

Tema 5. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 6. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.

Tema 7. Área musical, de carácter tradicional, pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro.

Tema 8. Xéneros ou denominativos característicos na música tradicional galega. Partes da gaita. Construcción da palleta. Afinación. A percusión.

Tema 9. A formación nas artes escénicas: teatro, música e danza. A música tradicional no ensino galego. Liñas de actuación dirixidas ós alumnos.

Tema 10. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do IGAEM.

Grupo: IV, categoría: 24. Xastre/a.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural en Galicia dende o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. Publicidade de espectáculos.

Tema 3. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 4. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.

Tema 5. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do Igaem.

Tema 6. Coñecemento de roupa de tódalas coreografías do Ballet Galego Rey de Viana e, en xeral, dos almacéns do Instituto.

Tema 7. Vestiario escénico e figurinos. Evolución do traxe tradicional en Galicia. Métodos de preparación de vestiario. Selección e compra de materiais.

Tema 8. O vestiario e as súas pezas. Utillería e atrezo. Complementos de vestiario: sombreiro, toucados, calzado, etc..

Tema 9. Equipo encargado da confección do vestiario. Organización dun taller de costura. Gardarroupa.

Tema 10. Corte e confección do vestiario. Todo tipo de bordado artesanal. Bordado de pasamanería e tipo de acibeches que se empregan. Basas para a confección dunha aplicación. Conservación da roupa. Lavado e pasa-lo ferro.

Grupo: IV, categoría: 25. Tremoeiro/a.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural en Galicia dende o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 3. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.

Tema 4. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. O apoio ás actividades de almacén, carpintería e demais medios de producción.

Tema 5. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do Igaem.

Tema 6. Introducción á historia do teatro en Galicia. Xéneros.

Tema 7. A escenografía. Montaxe e cambios de decorados. Métodos de aparafusar e abrisagrar. O esce

nario: termos. Escenotécnica e efectos especiais. O escenario: partes.

Tema 8. Métodos de suspensión e contrapeso. O peine e a ponte de manobra.

Tema 9. O decorado: termos. Carras, practicables, bastidores: tipos de pezas. Telóns: tipos. Patas, bambolinas e panos de aforo.

Tema 10. Grellas, sistemas de elevación, torres telescópicas. Sistemas de seguridade na montaxe teatral.

Grupo: IV - categoría: 30. Auxiliar de formación ocupacional.

Tema 1. Introducción á comunicación. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferencia entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral, telefónica.

Tema 2. Atención ó público: acollida e información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

Tema 3. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo. Especial consideración do arquivo de xestión.

Tema 4. Análise documental: documentos oficiais. Formación do expediente. Documentación de apoio informativo. Criterios de ordenación do arquivo. O arquivo como fonte de información: servicios de arquivo.

Tema 5. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación de arquivo. Disposicións legais sobre normalización e procedemento: escritos oficiais.

Tema 6. O concepto de informática. Desenvolvemento histórico. A información e o ordenador electrónico. Nocións sobre microordenadores. Elementos físicos.

Tema 7. Sistema operativo. Programas de aplicación. A automatización de oficinas. Concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos.

Tema 8. O tratamento de textos. Arquivo e axenda electrónica. A folla electrónica de cálculo. Os gráficos de oficina e o correo electrónico.

Tema 9. A formación ocupacional. A formación ocupacional como instrumento de emprego. O traspaso de xestión á Comunidade Autónoma de Galicia: normativa, funcións transferidas á Xunta de Galicia e funcións que se reserva a Administración do Estado.

Tema 10. O réxime xeral das axudas e subvencións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, en materia de formación, promoción do emprego e fomento da economía social.

Grupo: IV, categoría: 31. Legoeiro/práctico especialista

Tema 1. Nocións básicas da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Tema 2. O sistema métrico decimal. Unidades. Equivalencia entre as unidades.

Tema 3. Limitacións da propiedade. O dominio público. A zona de circulación. As zonas de servidume e afección.

Tema 4. Limitacións da propiedade. A publicidade nas estradas. A liña límite de edificación. Os accesos ós predios colindantes.

Tema 5. Concepto e nocións da rede primaria básica de estradas de Galicia.

Tema 6. Concepto e nocións xerais sobre a rede primaria complementaria e a rede secundaria de estradas de Galicia.

Tema 7. Nocións xerais sobre as afeccións administrativas en materia de estradas.

Ttema 8. Nocións sobre a seguridade do traballador na execución das obras de estradas.

Tema 9. Sinalización. Concepto. A sinalización das obras. Sinais básicos.

Tema 10. Ideas xerais sobre a Lei de seguridade vial.

9110