Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.345

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas do persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996 (DOG nº 232, do 27 de novembro), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo V que figuran no anexo I da presente convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría, se é o caso, e ó sistema de acceso libre será, para cada categoría, o reflectido no anexo I.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996, do total de prazas reservarase, se é o caso, en cada categoría o número de prazas que constan no citado anexo I, para ser cuberta/s por persoa/s con minus

validez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que tal/es praza/s non sexa/n cuberta/s por persoa/s coa minusvalidez correspondente pasará/n a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas respecto de cada categoría.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do III convenio colectivo único e demais normas concordantes, así coma o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reúni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna e cambio de categoría:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico que, para cada categoría, figura no anexo I, agás o persoal afectado polo disposto na disposición adicional sexta do III convenio colectivo único.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e pertence-lo día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algunha das categorías integradas nos grupos IV ou V do III convenio colectivo único agás o persoal ó que se refire a disposición adicional sexta do dito convenio, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na categoría de orixe e posuí-los requisitos requiridos para o acceso á categoría á que se opta.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1992.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico e requisitos que para cada categoría figuran no anexo I.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expe

diente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, agás o carné de manipulador de alimentos que se poderá presentar no prazo e conforme o previsto na base V.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo II) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e a certificación e documentación ás que se refire a base II.1.3.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 27 dous C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 4.590 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de

presentación, en tempo e forma, da solicitude (anexo II).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse

ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico no número (902) 12 00 12, de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril, e o artigo 3º do Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas do persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Os erros de feito que puidesen advertirse poderán repararse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa

publicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que no posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición:

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna e cambio de categoría:

II.1.1.1. Experiencia profesional:

a) Por servicios prestados na categoría á que se opta no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,10 puntos/mes.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,02 puntos/mes.

c) Por servicios prestados na categoría á que se opta no Sergas ou noutras administracións públicas: 0,05 puntos/mes.

d) Antigüidade ó servicio doutras administracións públicas: 0,02 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable neste apartado II.1.1.1. será de 8,40 puntos.

II.1.1.2. Formación profesional:

Por cada curso relacionado coa categoría á que se opta e impartidos por organismos oficiais dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,05 puntos.

-De 26 a 50 horas: 0,13 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,25 puntos.

-De 101 a 250 horas: 0,50 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións ou impartición de cursos relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta: 0,50 puntos por cada unha/un.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.1.2 será de 3,60 puntos.

II.1.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 12 puntos, sumados os apartados II.1.1.1 e II.1.1.2.

II.1.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.1.2. Para o acceso libre.

II.1.2.1. Experiencia profesional:

a) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta na Xunta de Galicia no ámbito do convenio único, tendo en conta, para estes efectos, o disposto na disposición transitoria cuarta: 0,15 puntos/mes.

-Polo exercicio da categoría 5 do grupo IV para o acceso á categoría 1: 0,15 puntos/mes.

b) Polos servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do Convenio único da Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

c) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta no Sergas ou noutras administracións públicas: 0,08 puntos/mes.

d) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta en empresas privadas: 0,02 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable nos puntos a), b), c) e d) do apartado II.1.2.1. será de 9 puntos.

e) Ó persoal laboral fixo da Xunta de Galicia que pretenda acceder á categoría 10 computaráselle, polo tempo de desempeño da categoría na que figura en activo: 0,06 puntos/mes.

II.1.2.2. Formación profesional:

Por cada curso relacionado coa categoría á que se opta e impartido por Organismos oficiais dependentes de calquera Administración pública ou homologados pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,01 puntos.

-De 26 a 50 horas: 0,05 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,10 puntos.

-De 101 a 250 horas: 0,25 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións ou impartición de cursos relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta: 0,50 puntos por cada unha/un.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.2.2. será de 3 puntos.

II.1.2.3. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase acudindo ó baremo que se indica a continuación e atendendo á orde en que figura este:

a) Por cada diminuído legal a cargo do aspirante e con ingresos inferiores ó SMI: 0,50 puntos.

b) Por cada persoa sen ingresos a cargo do aspirante: 0,25 puntos.

c) Por permanencia na situación legal de desemprego: 0,02 puntos/mes.

II.1.2.4. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 12 puntos, sumados os apartados II.1.2.1. e II.1.2.2.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os apartados anteriores, deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexos III e IV a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

-Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

-O responsable de persoal respectivo.

Ó certificado xuntarase a documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos apartados anteriores.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que han de rexe-las probas selectivas son os que figuran como anexo VI da presente convocatoria.

II.2.1. Exercicios para o sistema de acceso por promoción interna e cambio de categoría:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un grupo de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel, e relativos ó contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha (1) hora.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos. Para

iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo dunha (1) hora para o suposto práctico ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter coma mínimo 5 puntos.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración do exercicio.

II.2.1.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, alomenos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.2. Exercicios para o sistema de acceso libre:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito un grupo de 40 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ó contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha (1) hora.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo opter como mínimo dez puntos. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

b.1. Na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

b.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades b.1 ou b.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo dunha (1) hora para o suposto práctico ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Estarán exentos da realización do terceiro exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación de galego. Tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración do exercicio.

II.2.2.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, cando menos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia cá dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna e cambio de categoría, en

virtude do disposto no artigo 12.2.4) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1996, pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 15 de marzo de 1996 (DOG nº 67, do 3 de abril).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Fun

ción Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a celebración do exercicio nº 1 da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades. No dito caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós seus apelidos.

III.9. Ó tribunal número 1 de cada categoría/s corresponderalle xulga-los aspirantes correspon

dentes ó sistema de promoción interna e cambio de categoría.

III.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Cursar por orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírense nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan ser presentados e solicitados polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificación que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o solicitan na forma prevista na base I.3.3, as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase do seguinte xeito:

-No sistema de promoción interna e cambio de categoría, a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1.

-No sistema de acceso libre, atendendo ó disposto na base II.1.2.3.

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematado o proceso selectivo o presidente do tribunal número 1 enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 15 días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título, ou, se é o caso documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

d) Os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2, non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade,

os que os superasen serán nomeados persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2.3) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta convocatoria entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaVacantes

promoción

interna

Vacantes

acceso

libre

Vacantes

quenda

minusválidos

Total

vacantes

3º exercicioTitulación académica

requirida

V11281208256Suposto práctico.Certificado de estudios primarios ou equivalente. Carné de manipulador de alimentos.

V298118Suposto práctico.Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V33534269Suposto práctico.Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V864111Suposto práctico.Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V93301Suposto práctico.Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V100101Suposto práctico.Certificado de estudios primarios ou equivalente.

V10-D1102Proba práctica: natación e R.C.P. Tempo: 4'10".Certificado de estudios primarios ou equivalente e curso de técnico superior en salvamento acuático.

V11103976206Suposto práctico.Certificado de estudios ou equivalente. Carné de manipulador de alimentos.

V121211124Suposto práctico.Certificado de estudios ou equivalente.

Relación de entidades nas que pode realiza-lo ingreso:

-Caixa de Aforros de Galicia.-Caixa de Aforros Municipal de Vigo.-Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.-Caixa de Aforros de Provincial de Ourense.-Banco Bilbao-Vizcaya.-Banco Pastor.-Banco de Galicia.-Banco Español de Crédito.-Banco Gallego.

ANEXO VI

Grupo V

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución española. Especial referencia ós dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 3. O Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Parte específica

Grupo: V, categoría: 1. Camareiro/a-limpador/a // Axudante cociña // Pasador/a-lavandeiro/a // Costureira // Cortador/a // Pasador/a // Lavandeiro/a.

Tema 1. Proceso que hai que seguir na lavandería dun centro residencial desde a recepción da roupa sucia ata a súa entrega totalmente limpa e pasada a ferro. A costura da roupa.

Tema 2. Factores que hai que ter en conta na limpeza de cuartos e zonas comúns nun centro residencial. Tipo de utensilios e productos necesarios para a súa realización.

Tema 3. Elaboración e condimentación de menús sinxelos e funcións de auxilio ó xefe a ós oficiais de cociña na elaboración dos máis complexos. Factores que hai que ter en conta para colocar e servi-las mesas dos comensais.

Tema 4. Procesos de limpeza para o mantemento en perfectas condicións dos utensilios e accesorios propios do departamento de cociña, tales como placas, fornos, marmitas, tixolas, etc.

Grupo: V, categoría: 2. Axudante traballos ou oficios// Axudante albanel// Peón especializado// Fontaneiro/a// Axudante// Hortelán/á// Axudante traballos/Legoeiro/a// Encargado/a xardín.

Tema 1. O sistema métrico decimal. As súas unidades. Equivalencia entre as unidades. Escalas máis frecuentes.

Tema 2. Nocións elementais de xeometría plana. Distancia: natural, reducida e desnivel. Cálculo de áreas de polígonos regulares. O plano. Planos con curvas de nivel.

Tema 3. A maquinaria e o seu mantemento. Ideas xerais. Encofrados, andamios e demais elementos auxiliares da construcción.

Tema 4. Nocións elementais sobre a seguridade e hixiene no traballo. Utensilios e roupas de traballo. Proteccións ás agresións químicas; a seguridade nos traballos de soldadura, de electricidade, de pintura, mecánicos, etc.

Grupo: V, categoría: 3. Ordenanza// Celador/a// Vixilante oficinas// Vixilante nocturno/a// Vixilante// Subalterno/a// Porteiro/a// Recepcionista// Telefonista// Sereno// Garda.

Tema 1. Recepción. Control e entrada e saídas do persoal do Centro e dos usuarios dos distintos servicios del.

Tema 2. Estancias dos usuarios dos servicios do centro. Información, orientación e asistencia. Servicio de chaves e o seu control, correspondencia. Recados e mensaxes. Correspondencia oficial: entradas, saídas e reparto.

Tema 3. O servicio Ibercom. Definición da rede Ibercom. Tipos de liñas telefónicas que soporta. Características de cada liña. Grupos de servicio.

Tema 4. Chamadas a través de operadora. Procedementos. Preparación da consola. Definición de tipos de chamadas. Servicio nocturno. Alarmas. Centrais telefónicas. Tipos de centraliñas. Características. Centraliñas modulares. Centrais dixitais.

Grupo: V, categoría: 8. Peón agrario/a especializado/a.

Tema 1. Maquinaria utilizada nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.

Tema 2. Labouras que se realizan nos principais cultivos dunha explotación agrícola, gandeira e forestal.

Tema 3. Cultivos extensivos: pataca, millo, trigo e praderías naturais e artificiais. Cultivos intensivos: tomate, leituga, cebola, pemento, feixón, amorodo, repolo e coliflor. Alrouves e invernadoiro. Explotacións forestais: plantas utilizadas nas repoboacións en Galicia, formas e marco de plantación.

Tema 4. Principais alimentos para unha explotación de gando vacún: forraxes e concentrados.

Grupo: V, categoría: 9. Celador/a de segunda// Vixilante de recursos naturais// Escoitaincendios.

Tema 1. Lexislación cinexética xeral. Especies cinexéticas de caza maior e menor. Sistemas de caza. Especies protexidas de áreas montañosas de Galicia.

Tema 2. Técnicas de mellora de hábitat. As rozas, as sementeiras, as plantacións, a mellora dos sistemas agrícolas, o franqueo de obstáculos.

Tema 3. Contidos de documentos oficiais. Os informes, as denuncias, os partes de incendios, as valoracións de danos, as actas de recoñecemento.

Tema 4. Manexo de planos. Utilización das redes de transmisión. Identificación de accidentes naturais. Cálculo do índice de risco.

Grupo: V, categoría: 10. Axiliar do teléfono de información ó cidadán.

Tema 1. O dereito á información na Constitución Española. A información administrativa na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tema 2. Regulación estatal dos Servicios de Información Administrativa e Atención ó Cidadán. Concepto de información administrativa: información xeral e información particular. Organización da información administrativa. Libro de queixas e reclamacións.

Tema 3. Sistema de información administrativa ó cidadán da Xunta de Galicia. Centro de información administrativa e atención ó cidadán. Rede de oficinas. Puntos de información automatizada.

Tema 4. Nº de teléfono 902-12 00 12. Información xeral. Guía do cidadán. Sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA). Outros teléfonos de urxencias e de interese xeral da Xunta de Galicia.

Grupo: V, categoría: 10 D. Socorrista.

Tema 1. Primeiros auxilios ante accidentes en piscina. Alteracións da consciencia. Asfixias e obstrucción de vías respiratorias. R.C.P.. Contusións. Feridas e hemorraxias. Lesións articulares e musculares. Fracturas. Queimaduras. Hipotermias. Inmobilización e traslado de accidentados.

Tema 2. Organización do salvamento acuático en piscina. Normativa autonómica e nacional de piscinas de uso colectivo. Tarefas do técnico en salvamento acuático na piscina. Formas e medios para exercer-la vixilancia en piscina. O control do accidente polo técnico en salvamento acuático. Precaucións especiais en piscina: baño libre e cursos de actividades acuáticas.

Tema 3. A figura do técnico en salvamento acuático en piscina. Preparación e actualización. Secuencia de actuación no salvamento acuático: percepción, análise da situación, toma de decisións, fases na execución das accións elixidas. Avaliación final.

Tema 4. Intervención directa do técnico en salvamento acuático. Formas de entrar na auga ante un rescate. Aproximación do accidentado: técnicas de nado e mergullo. Control do accidentado e zafaduras. Métodos de remolque con utilización de material de salvamento acuático: Aro salvavidas: técnicas para persoas conscientes e inconscientes. Flopi ou brazo de rescate: técnicas para persoas conscientes e inconscientes. Métodos de remolque directos ou corpo a corpo: técnicas máis apropiadas para persoas conscientes e inconscientes. Respiración artificial dentro da auga. Técnicas para a extracción do accidentado da auga.

Grupo: V, categoría: 11. Limpador/a// Fregador/a// Empregado/a comedor// Empregado/a cociña-pinche// Servicio doméstico// Mozo/a de limpeza// Pinche de cociña// Persoal servicios xerais.

Tema 1. Funcións do persoal de limpeza. Organización do traballo. Medidas sanitarias de orde xeral: seguridade e hixiene no traballo.

Tema 2. A limpeza de cuartos e zonas comúns. Ventilación. Materiais que se empregan e productos de limpeza. Cuartos de baño: elementos e limpeza.

Tema 3. Limpeza de maquinaria, instalacións, utensilios e accesorios propios de cociña. Limpeza de armarios, paredes, fiestras e chans. Limpeza de talleres e laboratorios.

Tema 4. A lavandería. Fases e normas xerais de lavado. O lavado dos tecidos de cor. O branqueo da roupa. O ferro: clasificación da roupa. Pasado á máquina.

Grupo: V, categoría: 12. Peón/a// Laborante// Varredor/a// Mozo/a servicios// Mozo/a laboratorio// Mozo/a// Pastor/a// Xardineiro/a// Mozo/a transportes// Peón xardineiro/a// EFU// Mozo/a mantemento// Mozo/a subalterno// Peón/a agrario/a.

Tema 1. Descrición, características e aplicacións das distintas ferramentas de man (serra, martelo, alicates, pa, paleta, desparafusador, pincel, brocha, aixada, angazo, fouciño) e demais ferramentas e utensilios.

Tema 2. Limpeza, mantemento e ordenación das ditas ferramentas.

Tema 3. Avarías e reparacións elementais nos distintos servicios dos centros. Reparacións de emerxencia.

Tema 4. Medidas de seguridade e hixiene no seu traballo.

9132