Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 12 de decembro de 1996 Páx. 11.303

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDEN do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas do persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996 (DOG nº 232, do 27 de novembro), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 10 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo III que figuran no anexo I da presente convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría, se é o caso, e ó sistema de acceso libre será, para cada categoría, o reflectido no anexo I.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 413/1996, do 21 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996, do total de prazas reservarase, se é o caso, en cada categoría o número de prazas que constan no citado anexo I, para ser cubertas por persoas con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que tales prazas non sexan cubertas por persoas coa minusvalidez correspondente pasa

rán a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas respecto de cada categoría.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do III convenio colectivo único e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna e cambio de categoría:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico que, para cada categoría, figura no anexo I, agás o persoal afectado polo disposto na disposición adicional sexta do III convenio colectivo único.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e pertencer o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algunha das categorías integradas nos grupos II, III ou IV do III convenio colectivo único agás o pesoal ó que se refire a disposición adicional sexta do dito convenio, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos na categoría de orixe e posuí-los requisitos requiridos para o acceso á categoría á que se opta.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1992.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico e requisitos que para cada categoría figuran no anexo I, agás os conductores interinos ós que lles sexa de aplicación a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, para o acceso á categoría 63 no que se refire ó título académico.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expe

diente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, agás o carné de manipulador de alimentos, que se poderá presentar no prazo e conforme o previsto na base V.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo II) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntaráselle fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e a certificación e documentación ás que se refire a base II.1.3.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 27 dous C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 6.880 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de

presentación, en tempo e forma, da solicitude (anexo II).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e dirixiranse

ó director xeral da función pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número (902) 12 00 12, de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril e o artigo 3 do Decreto 413/1996, do 21 de novembro de 1996, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas do persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Os erros de feito que puideran advertirse poderán repararse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG, así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que no posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición:

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna e cambio de categoría:

II.1.1.1. Experiencia profesional:

a) Por servicios prestados na categoría á que se opta no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do convenio único da Xunta de Galicia: 0,02 puntos/mes.

c) Por servicios prestados na categoría á que se opta no Sergas ou noutras administracións públicas: 0,02 puntos/mes.

d) Antigüidade ó servicio doutras administracións públicas: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable neste apartado II.1.1.1. será de 12 puntos.

II.1.1.2. Formación profesional:

Por cada curso relacionado coa categoría á que se opta e impartidos por organismos oficiais dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,02 puntos.

-De 25 a 50 horas: 0,05 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,15 puntos.

-De 101 a 250 horas:0,35 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións ou impartición de cursos relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta: 0,50 puntos por cada unha/un.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.1.2 será de 8 puntos.

II.1.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 20 puntos, sumados os apartados II.1.1.1 e II.1.1.2.

II.1.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.1.2. Para o acceso libre.

II.1.2.1. Experiencia profesional:

a) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta na Xunta de Galicia no ámbito do convenio único, tendo en conta, para estes efectos, o disposto na disposición transitoria cuarta,: 0,10 puntos/mes.

b) Polos servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do Convenio único da Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

c) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta no Sergas ou noutras administracións públicas: 0,05 puntos/mes.

d) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta en empresas privadas: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable nos puntos a), b), c) e d) do apartado II.1.2.1. será de 13 puntos.

e) Ó persoal laboral fixo da Xunta de Galicia que pretenda acceder ás categorías 3, 5, 10, 11, 18, 23, 33, 36, 37, 39, 46, 68, 88 e 97 computaráselle, polo tempo de desempeño da categoría na que figura en activo: 0,06 puntos/mes.

II.1.2.2. Formación profesional.

Por cada curso relacionado coa categoría á que se opta e impartido por organismos oficiais dependentes de calquera Administración Pública ou homolagos pola EGAP:

-De ata 25 horas: 0,01 puntos.

-De 26 ata 50 horas: 0,05 puntos.

-De 51 a 100 horas: 0,10 puntos.

-De 101 a 250 horas: 0,25 puntos.

-De 251 a 499 horas: 0,75 puntos.

-De 500 ou máis horas: 1 punto.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións ou impartación de cursos relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta: 0,50 puntos por cada unha/un.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.2.2. será de 7 puntos.

II.1.2.3. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase acudindo ó baremo que se indica a continuación e atendendo á orde en que figura o mesmo:

a) Por cada diminuído legal a cargo do aspirante e con ingresos inferiores ó SMI: 0,50 puntos.

b) Por cada persoa sen ingresos a cargo do aspirante: 0,25 puntos.

c) Por permanencia na situación legal de desemprego: 0,02 puntos/mes.

II.1.2.4. A puntuación obtida na fase de concurso no poderá supera-los 20 puntos, sumados os apartados II.1.2.1. e II.1.2.2.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os apartados anteriores deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexos III e IV a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

-Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

-O responsable de persoal respectivo.

Ó certificado xuntaráselle a documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos apartados anteriores.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que rexerán probas selectivas son os que figuran como anexo VI da presente convocatoria.

II.2.1. Exercicios para o sistema de acceso por promoción interna e cambio de categoría:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 50 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel, e relativos ó contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e media (1.30).

Cualificarase de 0.20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos. Para isto terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de dúas (2) horas deberán desenvolver por escrito un tema, a elixir entre dous, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As contestacións a este exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

c.1. Na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

c.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades c.1 ou c.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de dúas (2) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego. Tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración do exercicio.

II.2.1.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, cando menos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.2. Exercicios para o sistema de acceso libre:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 50 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ó contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e media (1.30).

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo dez puntos. Para isto terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de tres (3) horas, deberán desenvolver por escrito dous temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un deles, a elixir de entre dous, correspondente á parte xeral, e outro, a elixir de entre dous, correspondente á parte específica do programa de cada categoría.

Este exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

c.1. Na resolución dun suposto práctico relacionado coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

c.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades c.1 ou c.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de dúas (2) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego. Tal acreditación poderase presentar ata 10 días antes da celebración do exercicio.

II.2.2.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, polo menos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia cá dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna e cambio de categoría, en

virtude do disposto no artigo 12.2.4) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1996 pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 15 de marzo de 1996 (DOG nº 67, do 3 de abril).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente, con doce horas, polo menos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circuns

tancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán ós que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración do exercicio nº 1 da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades. Neste caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós seus apelidos.

III.9. Ó tribunal número 1 de cada categoría/s corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna e cambio de categoría.

III.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número un:

-Cursar por orden do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixa-lo lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan ser presentados e solicitados polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, se é o caso, as rectificación que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o solicitan na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase do seguinte xeito:

-No sistema de promoción interna e cambio de categoría, a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1.

-No sistema de acceso libre, atendendo ó disposto na base II.1.2.3.

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal número 1 enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 15 días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

d) Os aspirantes con minusvalideces con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral fixo da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2.3) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta convocatoria entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaVacantes

promoción

interna

Vacantes

acceso

libre

Vacantes

quenda

minusválidos

Total

vacantes

3º exercicioTitulación académica

requirida

III22103Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III30101Suposto práctico.a) FP2 (rama agraria) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na catetoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III43306Suposto práctico.a) FP2 (rama hostelería e turismo) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

Carné de manipulador de alimentos.

III50101Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III100101Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III110101Suposto práctico.a) FP2 (rama agraria) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III141102Suposto práctico.a) FP2 (rama hostelería e turismo, especialidade hostelería) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresxa privada.

Carné de manipulador de alimentos.

III161102Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III171102Suposto práctico.a) FP2 (rama química e rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privadas, ou licenciado ou diplomado en química, bioloxía ou farmacia.

III180101Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III230101Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III262103Suposto práctico.a) FP2 (rama química e rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada, ou licenciado ou diplomado en química, bioloxía ou farmacia.

III330101Suposto práctico.a) FP2 (rama electrónica, especialidade en comunicación) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III360101Proba práctica: realización e montaxe dun video.

Tempo: 60'

Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III370101Suposto práctico.a) FP2 (rama imaxe e son) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada, ou enxeñeiro técnico de telecomunicacións ou electrónico.

III390101Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III460101Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

GrupoCategoríaVacantes

promoción

interna

Vacantes

acceso

libre

Vacantes

quenda

minusválidos

Total

vacantes

3º exercicioTitulación académica

requirida

III493205Suposto práctico.a) FP2 (rama automoción, especialidade mecánica e electricidade do automóbil; rama agraria, especialidade mecanización agraria; rama marítimo pesqueira, especialidade mecánica naval) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

Carné de conducir B1.

III601102Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III611102Suposto práctico.a) FP2 (rama química e rama sanitaria, especialidade laboratorio, anatomía) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada, ou licenciado ou diplomado en química, bioloxía ou farmacia.

III6397117Proba práctica: posta en marcha dun vehículo con fallo. Tempo: 20'.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

Carné de conducir C2.

III642103Proba práctica: manexo do tractor, tractor con remolque e con apeiros agrícolas: engache e desenganche. Tempo: 10'.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

Carné de conducir C2.

III651211124Proba práctica: elaboración práctica dun menú. Tempo: 45'.a) FP2 (rama hostelería e turismo, especialidade hostelería) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e dous anos acreditados de experiencia na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

Carné de manipulador de alimentos.

III661102Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III680101Suposto práctico.a) FP2 (rama agraria) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos acreditados de experiencia na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III694307Suposto práctico.Bacharelato superior, FP2 ou equivalente.

III782103Suposto práctico.a) FP2 (rama hostelería e turismo) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

Carné de manipulador de alimentos.

III862103Proba práctica: reparación dun vehículo con fallo. Tempo: 15'.a) FP2 (rama automoción, especialidade mecánica e electricidade do automóbil; rama agraria, especialidade mecanización agraria; rama marítimo-pesqueira, especialidade mecánica naval) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III880101Suposto práctico.a) FP2 (rama marítimo-pesqueira) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

III970101Proba práctica sobre unha mesa de son a proposta do tribunal. Tempo: 20'.a) FP2 (rama imaxe e son ou telecomunicacións) ou b) bacharelato superior, FP2 ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.

Relación de entidades nas que pode realiza-lo ingreso:

-Caixa de Aforros de Galicia.-Caixa de Aforros Municipal de Vigo.-Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.-Caixa de Aforros de Provincial de Ourense.-Banco Bilbao-Vizcaya.-Banco Pastor.-Banco de Galicia.-Banco Español de Crédito.-Banco Gallego.

ANEXO VI

Grupo III

Parte xeral común a tódalas categorías

Tema 1. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 2. A Coroa. Funcións constitucionais de El-Rei. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento. Aspectos básicos do proceso de elaboración e aprobación das leis.

Tema 3. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. A organización xudicial española. O Tribunal Supremo e os Tribunais Superiores de Xustiza.

Tema 4. O Goberno e a Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

Tema 5. O ordenamento xurídico-administrativo. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. Especial estudio do regulamento: concepto, clases. Límites da potestade regulamentaria. As disposicións do executivo con forza de lei.

Tema 6. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. A eficacia e executividade do acto administrativo. Procedemento de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidade. Revisión de oficio e revogación dos actos administrativos.

Tema 7. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

Tema 8. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materia impugnable, lexitimación e órgano competente. Recursos ordinario e de revisión.

Tema 9. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

Tema 10. O Parlamento de Galicia. O Valedor do Pobo. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estrutura das consellerías.

Tema 11. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Criterios diferenciadores.

Tema 12. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 13. Persoal laboral. O Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Tema 14. Provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral da Xunta de Galicia. Licencias, excedencias, beneficios sociais. Incompatibilidades.

Tema 15. As Comunidades Europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea.

Parte específica

Grupo: III, categoría: 2. Encargado/a administrativo/a //Xefe/a de negociado //Xefe/a de Administración //Xefe/a 2ª Administración //Administrador/a //Secretario-administrador/a de producción de centros //Secretario/a de dirección do Igaem.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural desde o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do Igaem.

Tema 3. Área teatral. O teatro público. Axuda ó teatro. Programa de axudas do Igaem. Producción e coproduccións asociadas ó Igaem. Programas de intercambio teatral interautonómico.

Tema 4. Área de música e danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro. A formación nas artes escénicas (teatro, música e danza).

Tema 5. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 6. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.

Tema 7. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación.

Tema 8. Dereitos de autor: Suxeito, obxecto e contido. Duración e límites. Transmisión dos dereitos.

Tema 9. Contratos de edición. Contrato de representación teatral e execución musical. Dereitos de propiedade intelectual dos artistas, intérpretes e executantes. O rexistro de propiedade intelectual.

Tema 10. R.D. 1435/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos.

Tema 11. R.D. 2546/1994, polo que se regula o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratación. Contrato de alta dirección (R.D. 1382/1985).

Tema 12. Cotización á Seguridade Social: nacemento, desenvolvemento e extinción da obriga. Conceptos integrantes da cotización. Elementos computables e non computables.

Tema 13. Réxime especial de artistas integrado no réxime xeral da Seguridade Social: afiliación, altas e baixas. Cotización. Período cotizado. Características xerais das prestacións.

Tema 14. A ordenación protocolaria aplicable nos actos oficiais celebrados nunha Comunidade Autónoma.

Tema 15. Os tratamentos protocolarios das autoridades civís, eclesiásticas, militares e personalidades en posesión dalgunha condecoración. Regulamentación sobre o uso de bandeiras e a interpretación de himnos en actos de carácter oficial.

Grupo: III, categoría: 3. Controlador/a pecuario/a// Axudante técnico/a pecuario/a.

Tema 1. Manexo e coidado de animais. Estabulación libre. Estabulación trabada. Pastoreo. Suxeición de animais. Inmobilización.

Tema 2. Identificación de animais. Obxecto, sistemas de identificación, especies e razas de animais domésticos. Diferenciación. Rexistro de explotacións gandeiras.

Tema 3. Control de rendementos productivos. Producción de carne, leite e outros. Control e rexistros de producción.

Tema 4. Sanidade animal. Concepto de enfermidade. Potoloxías de manexo.

Tema 5. Mellora xenética. Concepto. Cruzamentos. Plan Integral de Mellora Xenética en Galicia.

Tema 6. Alimentación animal. Concepto. Animais monogástricos e poligástricos. Racionamento.

Tema 7. Muxidura: concepto e sistemas. Mamite. C.M.T.

Tema 8. Limpeza e desinfección. Desinsectación. Desratización de explotacións gandeiras.

Tema 9. Feiras e mercados gandeiros. Exposicións, concursos e poxas. Manexo e presentación de animais.

Tema 10. Sacrificio de animais. Sistemas de sacrificio. Necropsias. Instrumental.

Tema 11. Destrucción hixiénica de animais mortos. Enterramento. Aproveitamento de cadáveres. Sistemas. Transporte de materias contumaces.

Tema 12. Protección e defensa dos animais.

Tema 13. Movemento pecuario. Transporte de animais. Normativa legal. Protección dos animais no transporte.

Tema 14. Emerxencias sanitarias. Actuacións previas. Medidas a tomar e precaucións.

Tema 15. Inspección e toma de mostras. Informes e reseñas. Controis de sanidade e producción animal.

Grupo: III, categoría: 4. Gobernante/a// Gobernante/a servicios domésticos.

Tema 1. O/A gobernante/a: concepto e cualidades. Funcións: Con respecto ó persoal ás súas ordes. Con respecto ás súas relacións cos demais departamentos. Persoal ás ordes do/a gobernante/a nunha residencia. Uniformidade e aseo do persoal.

Tema 2. Relacións humanas. Relacións de mando. Bases para acadar unhas boas relacións. A motivación do traballo. A motivación e o rendemento. Teoría das expectativas. Os efectos dos incentivos extrínsecos e intrínsecos sobre o rendemento. A frustración.

Tema 3. A dirección: concepto. Importancia da dirección. Fases do proceso. Os obxectivos. A organización e planificación do traballo e do persoal ó seu cargo. A delegación.

Tema 4. Seguridade e hixiene: instalacións sanitarias. Riscos de traballo en residencia e a súa prevención.

Tema 5. Aprovisionamento de lencería. Elección do tecido. Lencería nas habitacións e no comedor. Constitución cuantitativa do stock. Vales de cambio de roupa. Coidados a seguir no cambio de roupa sucia por limpa. Roupa sucia do residente.

Tema 6. A lavandería. O lavado do algodón, do liño e da la. Normas xerais do lavado das fibras sintéticas: Poliamidas. Poliésteres, fibras vinílicas, acrílicas e poliacrílicas. O lavado dos tecidos de cor.

Tema 7. Finalidade das fases do lavado. Operacións: preaclarado, prelavado, lavado, aclarado, programa de lavado. Prancha: clasificación da roupa, pranchado a máquina.

Tema 8. Neutralización. Obxectivos. Neutralización de alcalinos e do cloro. O branqueo da roupa. Vantaxes e inconvenientes da lixivia e do cloro. Formas de aplica-la lexivia. Desinfección correcta. Branqueo químico con perborato. Os branqueantes óptimos. Danos dos branqueantes.

Tema 9. A limpeza de habitacións e zonas comúns. Pedidos de material ó almacén xeral. Stock de artigos e utensilios de limpeza no oficio ou office. Coidados que se deben seguir no almacenamento dos productos de limpeza. Medidas de precaución cos líquidos inflamables ou tóxicos. Carro de limpeza. Medidas xerais da orde e limpeza do oficio ou office.

Tema 10. A camareira de pisos: definición de funcións, horarios, carteleira e quendas de traballo. Numeración das habitacións. Follas de control. A chave mestra. Limpeza de habitacións. A cama: colchóns, almofadas, cobresomieres, moletóns, sabas, mantas, colchas: clases e preparación. Cuarto de baño: elementos e limpeza. As alfombras. Limpeza de armarios. Terminación da limpeza de habitacións.

Tema 11. Control de habitacións. Cambio de habitacións. Entrada de residentes. Roupa de residentes. Control de desperfectos e avarías, partes. Bloqueo de habitacións, preparación e responsabilidade ante un bloqueo. Desbloqueo: definición e forma.

Tema 12. Montaxes: concepto. Colocación de mesas e cambio de mantelerías. Repaso do material: pratos, cubertería, cristalería, etc. Repaso do enxoval: aparadores, carros e outros utensilios. Distribución do enxoval. Supervisión da montaxe.

Tema 13. Formas de servir: servicio empratado, á francesa e á inglesa. Servicio con mesa auxiliar. Servicio de mesa, servicio de bebidas. Transporte de manxares ó comedor. Desbrasar mesas.

Tema 14.- Horas para face-las revisións. Formas de face-las revisións de habitacións. Revisión das zonas comúns e de servicio.

Tema 15.- Control de entradas, saídas e de asistencia do persoal ó traballo. Partes de altas e baixas, xustificantes de ausencias, permisos e licencias. Cambios de quendas. Inventarios. Uniformes.

Grupo: III, categoría: 5. Intendente// Encargado/a de establecemento// Encargado/a de almacén.

Tema 1. Clasificación do material. Proposta de clasificación: material inventariable. Material repoñible. Material funxible.

Tema 2. Ordenación dos stocks. Creación dunha nomenclatura. Nomenclatura do almacén. Existencia normal. Existencia de tránsito. Existencias de seguridade. Os excedentes de existencias ou surplus. Existencias de material recuperado.

Tema 3. Normalización do material. Designación dun artigo.

Tema 4. Cálculo de necesidades. A carpeta do artigo en existencias. A ficha de existencias. A documentación técnica do almacén.

Tema 5. O aprovisionamento e o reaprovisionamento das existencias. Plan de aprovisionamento: a provisión media das saídas.

Tema 6. O prazo de aprovisionamento. Período de aprovisionamento. As condicións de determinación da cifra de aprovisionamento.

Tema 7. Stocks activos e stocks de seguridade. Cálculo do stock de seguridade. Lote de aprovisionamento económico. A taxa de rotación da existencia.

Tema 8. Valoración real das reduccións de prezos: rappels e descontos polo tamaño do lote. Control efectivo dos stocks: método A.B.C.

Tema 9. Atribucións e responsabilidades dos almaceneiros. Relación do almacén con outros departamentos. Pedidos ós provedores.

Tema 10. A recepción das mercadorías. A recepción cuantitativa. A recepción cualitativa. A entrada do artigo.

Tema 11. A almacenaxe. Imperativo da almacenaxe. Conservación e salvagarda dos stocks.

Tema 12. Inventarios: momento máis favorable para o inventario. Inventario anual. Inventario rotativo. Diferencias. Implantación contable das diferencias. Rexistro dos inventarios sobre documentos.

Tema 13. A distribución. Elección de unidades de distribución. Documentos realizados. Anotación da saída.

Tema 14. Almacenaxes interiores: os andeis. Solucións modernas: pallets, andeis porta-pallets, armarios, cabaletes, grellas.

Tema 15. Almacenaxes exteriores: esteos e dispositivos especiais. Organización de parques exteriores, accesos e zonas de almacenamento.

Grupo: III, categoría: 10 . Encargado/a de traballos.

Tema 1. Importancia e necesidade da conservación e mantemento dun inmoble. Xeneralidades. Instalacións básicas dun edificio. Centro de transformación, sala de caldeiras e as súas partes básicas. Automatismos e compoñentes.

Tema 2. Calefacción e auga quente sanitaria. Fases de producción de calor a partir de combustibles. Fases de intercambio de calor: regra fundamental para a diminución do consumo de enerxía. Control de temperatura no interior dun edificio. Calefacción eléctrica: acumuladores.

Tema 3. Corrente eléctrica. Intensidade. Resistencia eléctrica. Lei de Ohm. Enerxía e potencial dunha corrente. Lei de Joule. Xeradores e receptores. Forza electromotriz. Leis de Kiechhoff. Potenciómetros. Shunt.

Tema 4. Máquinas eléctricas: motores, xeradores, reductores de velocidade, freos eléctricos, embargues, coñecementos de aparatos de elevación (montacargas, ascensores). Máquinas de lavandería. Maquinaria usual en cociña. Cámaras frigoríficas.

Tema 5. Corrente alterna. Relación de fases. Impedancia. Reactancia. Campo magnético. Inducción. Fluxo magnético. Autoinducción.

Tema 6. Regulamento electrotécnico para baixa tensión. Instalacións de enlace. Subministracións en baixa tensión e previsión de cargas. Instalacións receptoras. Equipos asociados ás proteccións nas instalacións eléctricas. Transformadores de medida de tensión e de intensidade. Interruptores automáticos. Proteccións en instalacións de baixa tensión.

Tema 7. Interpretación de planos e esquemas eléctricos, símbolos utilizados. Execución de esquema das manobras básicas en electricidade. Designación de bornes de aparellos eléctricos según normas UNE.

Tema 8. Luminotecnia. Conceptos básicos de radicación luminosa. Unidades de luminotecnias. Normas para evitar deslumbramentos. Lámpadas de descarga. Lámpadas de vapor de sodio. Lámpadas fluorescentes.

Tema 9. Sistemas contraincendios. Sistemas fixos. Sistemas móbiles. Sistemas de detección. Centraliñas. Sistemas de alarma. Plan de emerxencia: conceptos básicos. Salas de bombeo, compoñentes e automatismos.

Tema 10. A pintura no mantemento. Reparación de superficies en mal estado: xesos. O gotelé. Témpera picada. Pinturas pétreas.

Tema 11. Aire acondicionado. Obxectivos do acondicionamento. Bomba de calor: conceptos básicos. Sistema auga-aire: conceptos básicos. Funcións do compresor. Refrixerantes. Gases de utilización frecuente para producir calor. Gases medicinais.

Tema 12. O proceso de soldadura. Clasificación e selección dos procesos de soldadura. Coñecemento e funcionamento das máquinas de soldadura.

Tema 13. Tipos, clases e características dos materiais empregados en carpintería. A carpintería de armar. A carpintería de taller.

Tema 14. Muros e tabiques. Pavimentos. Tipos de tuberías e as súas aplicacións. Compoñentes de uso habitual nas instalacións de auga e calefacción nos edificios e urbanizacións. Estacións depuradoras de augas sanitarias e fecais. Mantemento de xardíns. A rega e as súas diferentes formas.

Tema 15. Antenas de TV e FM. Megafonía e son. Instalacións interiores e derivacións. Coñecemento de material empregado. Telefonía. Alarmas. Instalacións para a seguridade en edificios. Equipos de electromedicina. Normas básicas de seguridade.

Grupo: III, categoría: 11. Encargado/a agrario/a // Encargado/a agrario/a gandería.

Tema 1. O tractor: descrición, uso e mantemento. Remolques agrícolas: tipos e utilización.

Tema 2. Preparación dun terreo: desarborado, descañotado, roza, labores primarios e secundarios. Principal maquinaria utilizada en cada fase.

Tema 3. Equipos para recolección: segadoras, ensiladoras, máquinas para herba seca, colleitadoras de gran, etc. Tipos e utilización. Breve referencia a outros equipos de granxa.

Tema 4. Praderías naturais e praderías sementadas: características e coidados. Preparación e mantemento nas praderías sementadas.

Tema 5. Principais cultivos forraxeiros de inverno, primavera e verán: sementeira, labores e fertilización. Aproveitamento. A súa utilización como alimento conservado.

Tema 6. Os cereais de inverno, o millo e o xirasol como cultivos para gran. Labores, sementeira e fertilización. Recollida e conservación.

Tema 7. Horticultura. O viveiro: organización e coidados. Técnicas de producción dos principais cultivos. Cultivo baixo plástico: invernadoiros.

Tema 8. O solo. Textura e estructura. Importancia da materia orgánica: estercado. O fertilizante mineral como aporte de nutrientes. Acción sobre a planta. Tipos de fertilizantes. Épocas de aplicación.

Tema 9. Producción de carne con gando ovino: sistemas utilizados e as súas características. Alimentación, manexo e coidados.

Tema 10. Producción de carne con gando vacún: sistemas utilizados e as súas características. Alimentación, manexo e coidados.

Tema 11. Producción de leite en gando vacún. Características, sistemas, alimentación, manexo e coidados. A muxidura: descrición, equipos e instalacións utilizados.

Tema 12. A auga na explotación gandeira: a súa necesidade. Auga potable: orixe, bombeo, depuración. Manexo do xurro: recollida, evacuación e tratamento. Eliminación do esterco.

Tema 13. Cercado de explotacións gandeiras de vacún e ovino. Cercas rústicas. Cercas de arame: tipos e materiais usados. A cerca eléctrica: características e utilización.

Tema 14. Estabulación de gando. Tipos de cortes para ovino e vacún. Ventilación e iluminación. Sistemas de limpeza. Instalacións anexas: descrición e uso.

Tema 15. O medio ambiente nas explotacións agrícolas e gandeiras: fontes de contaminación e sistemas e medios de control.

Grupo: III, categoría: 14. Xefe/a de cociña.

Tema 1. A cociña. Condicións que debe reuni-lo local. Divisións do local de cociña. Maquinaria: xeradores de calor. Xeradores de frío: elementos empregados na conservación de alimentos perecedoiros. Elementos empregados na elaboración de postres. Pequena maquinaria de cociña.

Tema 2. Cualidades do cociñeiro. Categorías dentro da brigada de cociña segundo o convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. Funcións de cada categoría profesional. Uniformidade e aseo do persoal ás súas ordes. Dirección, organización e planificación do traballo do persoal ó seu cargo. Quendas e carteleiras de traballo.

Tema 3. Perfecto aproveitamento dos restos de xéneros cociñados. Aforro de gastos inútiles. Rendemento de xéneros alimentarios. Cálculo de cantidades aproximadas de xéneros. Adecuación de emprego dos artigos. Os residuos de cociña: repercusión ambiental e medidas de control de contaminación que producen.

Tema 4. Condimentos: concepto. Clases, segundo a súa procedencia. O sal. O azucre. O vinagre. Condimentos de vexetais secos: coidados que requiren. Especias. Herbas aromáticas. Condimentos frescos.

Tema 5. Fondos de cociña. Concepto. Fondos fundamentais: Fondo branco. Fondo escuro. Consomé clarificado. Consomé branco. Fumet. Xelatinas: naturais, elaboradas. Glacés. Ligazóns. Caldos. Marinadas. Aparellos. Farsas: conceptos e clases. Salsas básicas: concepto e clases. Salsas derivadas. Salsas especiais.

Tema 6. Hortalizas: concepto, propiedades, aplicacións. Conservación, preparación e condimentación. Métodos básicos do cociñado. Clases de hortalizas: hortalizas de primavera, hortalizas de verán, hortalizas de outono, hortalizas de inverno.

Tema 7. Ensaladas: concepto, propiedades, aplicacións, normas de elaboración e presentación. Clases: simples, compostas españolas, compostas internacionais.

Tema 8. Legumes secos. Calidade. Propiedades. Compra. Conservación. Clases. Preelaboración e cociñado. Limpeza. Remollo. Cocción. Adición de elementos graxos. As fabas. Os garavanzos. As lentellas. O arroz e as patacas.

Tema 9. Potaxes propiamente ditas. Propiedades, aplicación e clases. Potaxe de vixilia. Cocido. Fabada asturiana. Minestrone piamontesa. Pequena marmita. Sopas: concepto, propiedades, aplicacións e clases. Sopas de peixe: bouillabaise de Marsella. Sopa ó cuarto de hora. Sopa de cebola. Sopa de allo. Sopa castelá. Sopa de fideos. Sopa xuliana.

Tema 10. Consomés: concepto, propiedades, aplicacións, clases. Cremas: concepto, propiedades, aplicacións e clases. Entremeses: cualidades e clases. Savouries: fríos e quentes. Aperitivos.

Tema 11. Peixe. Concepto. Importancia. Características xerais. Clases. Presentación no mercado. Valoración comercial. Limpeza e conservación. Métodos básicos de cociñado. Especies máis importantes: de auga doce, de mar.

Tema 12. Carne: concepto. Importancia. Características xerais. Clases. Normas sobre inspección de carnes. Características, aspecto e nomenclatura das pezas e anacos dos distintos animais de carnicería. Clasificación e emprego das pezas: boi, vaca, cordeiro, porco. As aves de curral: clases. A caza. Caza de pelo. Caza de plumas. Preparación das carnes de matadoiro, aves de curral e caza.

Tema 13. Os postres de cociña. Queixos. Froitas naturais. Xelados. As bebidas: augas, viños e licores.

Tema 14. Os alimentos e a súa función na organización. As proteínas. As graxas. Os hidratos de carbono. As vitaminas. Os minerais. A preparación culinaria e o valor nutritivo dos alimentos.

Tema 15. A cociña dietética. Dieta contra a obesidade: alimentos permitidos, alimentos prohibidos. Dietas para a arteriosclerose: alimentos permitidos, alimentos prohibidos. Dieta para diabéticos: alimentos permitidos, alimentos prohibidos. Dietas gastrohepáticas: alimentos permitidos, alimentos prohibidos.

Grupo: III, categoría: 16. Especialista de oficios.

Tema 1. Importancia e necesidade da conservación e mantemento dun inmoble. Xeneralidades. Instalacións básicas dun edificio. Centro de transformación, sala de caldeiras e as súas partes básicas. Automatismos e compoñentes.

Tema 2. Calefacción e auga quente sanitaria. Fases de producción de calor a partir de combustibles. Fases de intercambio de calor: regra fundamental para a diminución de consumo de enerxía. Control de temperatura no interior dun edificio. Calefación eléctrica: acumuladores.

Tema 3. Máquinas eléctricas: motores, xeradores, reductores de velocidade, freos eléctricos, embragues, coñecementos de aparellos de elevación (montacargas, ascensores). Máquinas de lavandería. Maquinaria usual de cociña. Cámaras frigoríficas. Maquinaria de obras públicas.

Tema 4. Corrente eléctrica. Intensidade. Resistencia eléctrica. Lei de Ohm. Enerxía e potencial dunha corrente. Lei de Joule. Xeradores e receptores. Forza electromotriz. Leis de Kiechhoff. Potenciómetros. Shunt. Corrente alterna. Relación de fases. Campo magnético.

Tema 5. Interpretación de planos e esquemas eléctricos, símbolos utilizados. Execución de esquema das manobras básicas en electricidade. Designación de bornes de aparellos eléctricos según normas UNE.

Tema 6. Sistemas contraincendios. Sistemas fixos. Sistemas móbiles. Sistemas de detección. Centraliñas. Sistemas de alarma. Plan de emerxencia. Conceptos básicos. Salas de bombeo, compoñentes e automatismos.

Tema 7. A pintura no mantemento. Reparación de superficies en mal estado: xesos. O Gotelé. Témpera picada. Pinturas pétreas. A pintura na maquinaria de obras públicas.

Tema 8. O proceso de soldadura. Clasificación e selección dos procesos de soldadura. Coñecemento e funcionamento das máquinas de soldadura.

Tema 9. Tipos, clases e características dos materiais empregados en carpintería. A carpintería de armar. A carpintería de taller.

Tema 10. Muros e tabiques. Pavimentos. Tipos de tuberías e as súas aplicacións. Compoñentes de uso habitual nas instalacións de auga e calefación nos edificios e urbanizacións. Estacións depuradoras de augas sanitarias e fecais. Mantemento de xardíns. A rega e as súas diferentes formas.

Tema 11. Antenas de TV e FM. Megafonía e son. Instalacións interiores e derivacións. Coñecemento de material empregado. Telefonía. Alarmas. Instalacións para a seguridade en edificios. Equipos de electromedicina. Normas básicas de seguridade.

Tema 12. Seguridade e hixiene no traballo. Normativa vixente.

Tema 13. Utensilios e roupas de traballo. Proteccións contra as agresións químicas: a seguridade nos

traballos de soldadura, de electricidade, de pintura, mecánicos.

Tema 14. Conceptos básicos de mecánica. Aplicacións á maquinaria de obras públicas.

Tema 15. Organización e mantemento do taller. Organización administrativa dun taller de maquinaria de obras públicas. Arquivos. Os utensilios e as súas aplicacións. A limpeza.

Grupo: III, categoría: 17. Analista de laboratorio.

Tema 1. Nomenclatura de química orgánica e inorgánica. Toma de mostras. Conservación das mostras. Mostras biolóxicas: características e coidados especiais.

Tema 2. Reactivos para química analítica. Sistemas de filtración. Concepto de pH. Valoracións potenciométricas.

Tema 3. Disolucións e expresión da concentración dunha disolución. Análise gravimétrica. Balanzas analíticas e granatarios. Determinacións volumétricas.

Tema 4. Separacións analíticas: precipitación, extracción e destilación. Cromatografía e espectrometría: fundamentos, aplicacións e tipos.

Tema 5. Materiais de laboratorio: estado e esixencias de limpeza. Seguridade. Medidas a tomar no caso de accidentes máis frecuentes.

Tema 6. Preparación de mostras para análises de pensos, forraxes e silos. Conservación das mostras. Preparación de mostras para análises de solos. Determinación da humidade e textura do solo.

Tema 7. Preparación de mostras para as análises de cárnicos e froitas e análises víricas, bacteriolóxicas e parasitarias. Conservación das mostras.

Tema 8. Características físico-químicas da auga de mar en zonas estuáricas: salinidades, osíxeno, pH e materia orgánica. Temperatura, correntes mariñas e mareas. A auga de mar nunha instalación de acuicultura: filtración e esterilización da auga de mar. Utilización destes procesos nas distintas fases dun cultivo de animais mariños.

Tema 9. O criadoiro de animais mariños: as salas de acondicionamento de reproductores, incubación, cultivo, larvario, semente ou alevinaxe e cultivos auxiliares. Tratamento da auga mariña, aireación, sistemas de circulación de aire e características principais dos tanques. Manexo dunha sala de cultivo larvario. Manexo dunha sala de semente ou alevinaxe.

Tema 10. Microbioloxía mariña: Concepto de bacteria, fungo e virus. Métodos de cultivo bacteriano. Criterios sanitarios nunha instalación de acuicultura: enfermidades máis comúns dos peixes e moluscos. Antisépticos e antibióticos, a súa utilización con animais vivos. Medidas profilácticas de desinfección e manexo de material.

Tema 11. Bioloxía de animais mariños: peixes e moluscos. Morfoloxía. Reproducción. Desenvolvemento embrionario. Desenvolvemento larvario. Nutrición.

Respiración. Características das principais especies cultivadas. Bioloxía de microalgas. Fotosíntese. Requirimentos de luz e nutrientes. Crecemento. Morfoloxía. Características das principais especies cultivadas.

Tema 12. Técnica de cultivo de rotífero e artemia: crecemento e requirimentos de cultivo. Descapsulación, eclosión de cistes e cultivo de metanauplius. Enriquecemento de presas vivas.

Tema 13. Técnica de cultivo de peixes: acondicionamento, incubación, desenvolvemento larvario, preengorda, engorda. Técnica de cultivo de moluscos: acondicionamento, incubación, desenvolvemento larvario, preengorda e engorda.

Tema 14. Toma de mostras de material biolóxico. Preparación de mostras para análise histopatolóxica. Uso do microscopio. Toma de medidas ó microscopio. Contaxes ó microscopio.

Tema 15. Os cálculos en química analítica. Conceptos estatísticos. Expresión dos resultados analíticos. Transformación de unidades. Introducción dos datos nunha base de datos e nunha folla de cálculo electrónica.

Grupo: III, categoría: 18. Marcador/a de metais preciosos.

Tema 1. Instrumentos de medida para magnitudes angulares. Goniómetros e transportadores. Goniómetros de precisión. Goniómetro óptico.

Tema 2. Micrómetro. Funcionamento. Apreciación. Clasificación.

Tema 3. Posto de traballo. Banco. Parafuso de banco. Serrado a man. Arco. Folla de serra. Tradeado. Trade. Broca. Roscado. Machos. Chumaceiras de roscar.

Tema 4. Lei 17/1985, do 1 de xullo, sobre obxectos fabricados con metais preciosos.

Tema 5. Regulamento de obxectos fabricados con materiais preciosos aprobado polo Real decreto 197/1988. Obxectos de metais preciosos. Leis oficiais. Contrastes dos obxectos fabricados con metais preciosos. Laboratorios de contrastación. Fabricación de obxectos de metais preciosos e fabricantes.

Tama 6. Comercio interior de obxectos de metais preciosos. Establecementos comerciais. Marcado, etiquetado, presentación e publicidade.

Tema 7. Comercio exterior de obxectos de metais preciosos. Importación e exportación.

Tema 8. Actuacións que se desenvolven no relativo a metais preciosos e condicións que se impoñen por razóns de seguridade. Comercio e reciclaxe de obxectos usados que conteñan na súa composición metais preciosos.

Tema 9. Infraccións e sancións. Deseño das marcas dos punzóns de garantía.

Tema 10. Calibracións do material de laboratorio.

Tema 11. Metais. Propiedades. Características físico-químicas.

Tema 12. Aliaxes. Principais aliaxes e características.

Tema 13. Cicelado. Cicel. Burilado. Buril. Escareado. Escareador. Rasqueteado. Rasquetas.

Tema 14. Ensaios: tracción, compresión, dureza (Brinell, Vickers, Rockwell).

Tema 15. Normas de seguridade no posto de traballo e no uso das distintas ferramentas e operacións. Uso correcto e conservación das distintas ferramentas. Mantemento correctivo e preventivo.

Grupo: III, categoría: 23. Celador/a do corpo de camiñeiros.

Tema 1. Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. Especial referencia ó capítulo I e ós correspondentes do regulamento vixente que o desenvolve.

Tema 2. Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. Especial referencia ó capítulo III e ós correspondentes do regulamento vixente que o desenvolve.

Tema 3. Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia. Especial referencia ó capítulo IV e ós correspondentes do regulamento vixente que o desenvolve.

Tema 4. Topografía: concepto xeral. Cartas, planos, mapas. Escalas. Nocións xerais sobre os sistemas de representación. Nocións xerais sobre os levantamentos topográficos. Instrumento de altrimetría: o nivel; nocións básicas sobre o seu uso.

Tema 5. Nocións de xeometría plana. Cálculo de áreas e volumes. Planos. Planos acotados e con curvas de nivel. Distancias. Distancia natural, reducida e desnivel.

Tema 6. As partes fundamentais dun proxecto de obras. Explanación: clases e control. Desmonte: clases e control. Terraplén: clases e control. Pedraplén e control. A drenaxe.

Tema 7. O trazado de planta. Organización e desenvolvemento. Control e vixilancia. Controis cualitativos, cuantitativos e xeométricos.

Tema 8. A obra de estradas: características e principais materiais utilizados. Os solos: clases e características. Materias preparadas, granulados, bases e sub-bases granulares. O cemento e as súas clases. Ligantes: clases e as súas características. Emulsións: clases e as súas características.

Tema 9. A estrada. O tráfico: tráfico, circulación e transporte. Clases de tráfico. Plataforma, peralte, calzada, carril, vía lenta e beiravía. Illotes. Carrís de cambio de velocidade: deceleración e aceleración. As interseccións e as súas clases.

Tema 10. O firme. Definición: funcións, partes e tipos. A construcción de firmes. Subases e bases granulares, mestura bituminosa e tratamentos superficiais.

Tema 11. A conservación e a explotación de estradas. Principais operacións. A brigada e a cuadrilla. Organización.

Tema 12. A maquinaria a empregar nas obras de estradas. Maquinaria de construcción e de conservación. O seu mantemento.

Tema 13. Balizamento e sinalización. Tipos. Os sinais. A sinalización das obras e dos distintos tipos de operacións.

Tema 14. Seguridade e hixiene no traballo. O proxecto e o plano de hixiene nas obras de estradas.

Tema 15. Normas básicas de seguridade vial. A súa posta en práctica.

Grupo: III, categoría: 26. Axudante técnico/a de laboratorio.

Tema 1. Criterios internacionais de valoración en hixiene industrial.

Tema 2. Estratexia de mostraxe para a avaliación da exposición laboral a contaminantes químicos. Marco europeo actual.

Tema 3. Sonómetros: medicións, requisitos técnicos, micrófonos e filtros.

Tema 4. Dosímetros de ruído. Requisitos técnicos. Aplicación informática.

Tema 5. Avaliación dos ambientes térmicos de traballo. Normativa.

Tema 6. Confort térmico: equipos técnicos. Normas técnicas de aplicación.

Tema 7. Instrumentación de medida de radiacións non ionizantes.

Tema 8. Equipos de medición de vibracións. Requisitos técnicos e normas de referenci.

Tema 9. Soportes de retención de contaminantes químicos en sistemas activos. Tipos. Perda de carga.

Tema 10. Mostreadores pasivos. Normas técnicas. Cálculo de coeficientes.

Tema 11. Toma de mostras de axentes químicos. Equipos e normas técnicas.

Tema 12. Determinación e avaliación de fibras de amianto en aire.

Tema 13. Métodos de determinación de metais en aire e en fluídos biolóxicos.

Tema 14. Calibración instrumental: obxectivos e método.

Tema 15. Baterías recargables Ni-Cd. Uso e mantemento.

Grupo: III, categoría: 33. Encargado/a supervisor/a de telefónica.

Tema 1. O son: propagación e cualidades do son. Fisioloxía do oído. Acústica fisiolóxica e psicoacústica. O decibelio. Distorsións acústicas.

Tema 2. Medios de transmisión: Cables de pares trenzados. Cables coaxiais. Fibra óptica. Vantaxes de transmisión óptica. Ondas electromagnéticas.

Tema 3. Medidas de transmisión: definicións. Sinais a transmitir en telefonía. Características da comunicación. Rendementos dun circuíto.

Tema 4. Análise dos circuítos de C.A.: potencia eléctrica, clases. Circuítos pasivos. Circuítos resoantes serie e paralelo. Factor de calidade. Largura de banda. Circuítos acoplados.

Tema 5. Antenas de comunicacións: características e tipos de antenas. Radiación de ondas electromagnéticas. Liñas de transmisión e características. Guiaondas.

Tema 6. O sinal dixital: tomas de mostras. Frecuencia mínima de mostraxe. Reconstarucción do sinal. Sistema dixital de transmisión de datos. Transmisión en banda base. Taxa de erro.

Tema 7. Modulación electrónica: comunicacións radioeléctricas. Modulación linear. Modulación angular. Modulación de impulsos. Modulación por impulsos codificados.

Tema 8. Redes privadas virtuais: concepto de rede privada. Vantaxes fronte ás redes privadas dedicadas. Definición do servicio Ibercom. Arquitectura e protocolos de sinalización. Sistemas de conmutación empregados.

Tema 9. Arquitectura do sistema MD110: principios xerais. Sistema fonte, sistema de aplicación e revisión. Mecánica. Terminais de abonado. Terminais de operacións e mantemento. Estructura modular. LIM I/O. Sincronismo.

Tema 10. Estructura interna básica dun LIM e dun GS: función e estructura. Periferia. Selector. Control.

Tema 11. Estructura de software: principios básicos de deseño. Unidades de programa e bloques funcionais. Fases de deseño dunha unidade de programa. Sinais. Tipos de sinais. Arquitectura funcional.

Tema 12. Facilidades do sistema Ibercom: extensións analóxicas. Extensións dixitais. Consola operadora. Facilidades propias do sistema e do servicio Ibercom.

Tema 13. Sistema de xestión TEAM Directory: contorno software. Requirimentos de hardware. Descrición xeral. Descricións do menú TEAM Directory. Introducción e significado dos datos de abonado. O TEAM Directory como operadora PABX.

Tema 14. Tarificador TEAM Acoount: Descrición dos módulos. Base de datos do tarificador TEAM. Fluxo de datos de chamada. Pantallas do tarificador. Estructura do menú. Requirimentos de hardware. Planificación da base de datos orgánica do tarificador.

Tema 15. Informática: conceptos xerais dun PC. Evolución e características. Periféricos. Sistema operativo MS-DOS.

Grupo: III, categoría: 36. Experto/a audiovisuais

Tema 1. Física: coñecementos básicos de electricidade. Lei de Ohm. Pilas ou baterías. Amperímetros. Voltímetros. Transformadores. Fundamentos teóricos dos aparellos para a análise de sinais.

Tema 2. Óptica. Lentes. Formación da imaxe. Eixe óptico. Tipos de lentes.

Tema 3. Obxectivos. Definición. Tipos de obxectivos, segundo o seu focal. Abertura útil. Distancia hiperfocal. Fotómetros e exposímetros. Definición. Escala ASA e DIN.

Tema 4. Construcción da imaxe. Concepto de exposición e encadramento. Valor descritivo e expresivo do plano. Tamaños. A toma, o plano, a escena, a secuencia. Plano-master, plano-secuencia, raccord, eixe de acción, transicións, elipses.

Tema 5. A imaxe fotográfica. Formación da imaxe fotográfica. Proceso negativo-positivo B/N, cor e diapositiva. Película fotográfica: tipos, formatos, características. Aparellos e sistemas de proxección.

Tema 6. A fotoinstrumentación. A súa aplicación no estudio dos movementos humanos. Filmacións para a análise subxectiva e avaliación do rendemento dos deportistas.

Tema 7. O guión. Diferentes versións de guións ou escaletas segundo os xéneros ou programas. Guión literario. Guión técnico. Tipos de deportes e a súa realización: a) fútbol, basquet, balonmán, hockey; b) tenis, ping-pong; c) ciclismo; d) natación; e) atletismo.

Tema 8. Metodoloxía de producción de videos didácticos. O proxecto de realización. Tratamento. Os contidos e a estructura na guionización. O plan de realización. Roles na producción de video didáctico.

Tema 9. Televisión. Estructura da imaxe de TV. Tubos de cámara sensores CCD.

Tema 10. Gravación magnética. Fundamentos teóricos da gravación magnética. Relación entre frecuencia e gravar-reproducir. Velocidade de cabeza-cinta. Dimensión entre-ferro. A gravación magnética en video e audio.

Tema 11. A montaxe na cinta de video. Técnicas. Ritmo da montaxe, continuidade, transicións. Montaxe segundo o tempo, espacio, contido.

Tema 12. A edición. Edición por corte. Edición que implique varias máquinas e fontes. Edición por inserción.

Tema 13. Conservación e arquivo de fotografías e cintas de video.

Tema 14. A televisión. Aparición e evolución do medio televisivo. Socioloxía do medio.

Tema 15. O video. Características comúns e diferenciadoras entre cinta e video.

Grupo: III, categoría: 37. Técnico de son.

Tema 1. A educación na Constitución. Evolución e organización actual. Os funcionarios públicos: dereitos e deberes, incompatibilidades e responsabilidades.

Tema 2. Electricidade e electrónica. Nocións básicas. Corrente continua. Lei de Ohm e leis de Kirchhoff. Corrente alterna. Díodos, transmisores, modulación de amplitude e de frecuencia. Conceptos xerais de técnicas dixitais: sistemas de numeración.

Tema 3. Sons. Caraterísticas físicas. Movemento vibratorio harmónico. Ondas sonoras. Velocidade de propagación segundo o medio. Comportamento das ondas sonoras (reflexión, refracción, interferencia, difracción. Efecto Doppler). Medidas físicas da intensidade dos sons. O decibelio. Cualidades do son (intensidade, ton e timbre).

Tema 4. Fisioloxía da audición: o sistema auditivo. Proceso de conversión das vibracións mecánicas en sensacións sonoras. Audición binaural. Limiar de audibilidade.

Tema 5. A voz humana. O aparello fonador. Características en intensidade e frecuencia dos sons emitidos.

Tema 6. Acústica. O son en locais pechados. Absorción. Transmisión. Tempo de reverberación. Idea elemental do acondicionamento acústico dun recinto pechado.

Tema 7. Música. Oitava. Harmónicos. Sobretón. Instrumentos musicais.

Tema 8. Medios técnicos: micrófonos. Características: sensibilidade, curva de respostas, direcionalidade, distorsión e impedancia. Tipos de micrófonos: direccionais, bidireccionais, de gravata, sen arames, de contacto.

Tema 9. Mesturador de audio. Diagrama de bloques. Selector de sensibilidade. Niveis micro e liña. Alimentación para micrófonos. Filtros. Ecualizadores. Puntos de inserción. Atenuador de canle. Preescoita. Só mute. Saídas principais. Selector de saídas. Potenciómetro panorámico. Formación de grupos. Saídas auxiliares. Saídas e retornos de eco. Monitorización. Medidores de nivel. Comunicación entre control e estudio.

Tema 10. Gravación magnética. Fundamentos da gravación magnética. Factores que interveñen no proceso de rexistro. Polarización. Ecualización.

Tema 11. Medios técnicos: magnetófono. Gravadores profesionais: elementos fundamentais. Circuíto de gravación. Circuíto de reproducción. Ecualización. Configuración de cabezas e pistas. Velocidade da cinta. Proceso de axuste en gravación e reproducción. Cintas de axuste en gravación e reproducción. Cintas de axuste: diferentes tipos. Niveis de referencia. Mantemento de magnetófonos. Sincronización de magnetófonos.

Tema 12. Medios técnicos: cinta magnética. Principios. Características da cinta magnética e diferentes tipos. Nivel máximo de traballo. Sensibilidade. Efecto eco. Ruído de modulación. Estabilidade da cinta. Distorsión por intermodulación. Borrador da cinta. Elección da cinta. Arquivo de cintas. Normas.

Tema 13. Altofalantes. Principio e funcionamento dun altofalante. Tipos e características. Recintos acústicos: función e características dos distintos tipos. Diversos tipos e características. Amplificador de potencia. Distorsións dos altofalantes. O efecto Larsen.

Tema 14. Medios auxiliares. Marxe dinámica do sinal. Control automático da ganancia. Limitadores. Compresores. Expansores. Tempo de ataque e recuperación. Ruído na compresión. Ecualización dinámica. Sistema de reducción de ruído: o Dolby-reverberación: cámaras de ecos, placas de reverberación. Reverberación por resortes. Reverberación mediante magnetófonos. Retardo do sinal-O multiplex. Gravación de crónicas telefónicas. Bobinas híbridas. Xeradores de efectos sonoros.

Tema 15. Sinais puros e complexos. Medidores do nivel do sinal de audiofrecuencia. O vúmetro. O mofulómetro. O picómetro.

Grupo: III, categoría: 39. Rexedor/a de escena.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural en Galicia desde o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. Área teatral. O teatro público e privado: pasado, presente e futuro. Axudas públicas ó teatro. Programa de axudas do Igaem. Producción e coproduccións asociadas ó Igaem. Programas de intercambio teatral interautonómico. Área de música e danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro.

Tema 3. Os espacios culturais en Galicia: pasado, presente e futuro. Mapa galego de mostras e festivais. Premios.

Tema 4. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. Publicidade de espectáculos. O apoio ás actividades de almacén e carpintería e demais medios de producción.

Tema 5. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 6. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.

Tema 7. A escenografía: historia. Decorados: tipos de pezas. Termos da escenografía. O escenario. Montaxe e cambios de decorado. Métodos de aparafusar e abrisagrar.

Tema 8. Métodos de suspensión de decorado. Sistemas de contrapeso: carras, practicable, estructuras, panos e bambolinas. Grellas e ponte de manobra. Escenotécnica e efectos especiais.

Tema 9. Utillería. Termos. Vestiario. Termos e garda-roupa.

Tema 10. Proceso de creación artística na danza. Fases: a xestión escénica: producción, estimación de custo das montaxes, ingresos. O cash-flow.

Tema 11. O espacio escénico: fichas de elementos, conservación e almacenaxe provisional de elementos escénicos. Transporte e almacenaxe definitiva.

Tema 12. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do Igaem.

Tema 13. Escenarios. Preparativos iniciais. Argumento mestre. Ensaios previos.

Tema 14. Consultas con xefes de departamentos. Organización de escena. Notas e apuntamentos ó persoal. Comprobación de tempos e espacios.

Tema 15. Ensaio xeral. Corrección técnica do ensaio xeral. Comprobación de desperfectos. Organización e dirección da desmontaxe.

Grupo: III, categoría: 46. Técnico de máquinas do Igaem.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural en Galicia dende o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. Área teatral. O teatro público e privado: pasado, presente e futuro. Axudas públicas ó teatro. Programa de axudas do Igaem. Produccións e coproduccións asociadas ó Igaem. Programas de intercambio teatral interautonómico. Área de música e danza pública e privada en Galicia: presente, pasado e futuro.

Tema 3. Os espacios culturais en Galicia: pasado, presente e futuro. Mapa galego de mostras e festivais. Premios.

Tema 4. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. Publicidade de espectáculos. O apoio ás actividades de almacén e carpintería e demais medios de producción.

Tema 5. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 6. Organización e funcionamento interno das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia.

Tema 7. A escenografía: historia. Decorados: tipos de pezas. Termos da escenografía. O escenario. Montaxe e cambios de decorado. Métodos de aparafusar e abrisagrar.

Tema 8. Métodos de suspensión de decorado. Sistemas de contrapeso: carras, practicable, estructuras, panos e bambolinas. Grellas e ponte de manobra. Escenotécnica e efectos especiais.

Tema 9. Utillería. Termos. Vestiario. Termos e garda-roupa.

Tema 10. Proceso de creación artística na danza. Fases: a xestión escénica, producción, estimación de custo das montaxes, ingresos. O cash-flow.

Tema 11. O espacio escénico: fichas de elementos, conservación e almacenaxe provisional de elementos escénicos. Transporte e almacenaxe definitiva.

Tema 12. Os medios materiais e humanos de xestión, producción e distribución do Igaem.

Tema 13. Obxectivos da iluminación. Equipo de iluminación. Montaxe e cableado.

Tema 14. Deseño de iluminación. Picado e enfoque. Cor. Iluminación dun escenario de gravata. Efectos. Novas tecnoloxías.

Tema 15. Organización. Iluminación dunha obra dramática. Iluminación dun musical. A iluminación na danza.

Grupo: III, categoría: 49. Axente auxiliar de inspección de transportes.

Tema 1. Tipos de transporte. Condicións previas de carácter persoal para o exercicio da actividade.

Tema 2. Os transportes de mercadorías. Autorización de servicio privado complementario e autorizacións de servicio público. Clases e regulación. Visado das autorizacións. Tarifas.

Tema 3. Os transportes de viaxeiros. Autorización de servicio privado complementario e autorizacións de servicio público. Clases e regulación. Visado das autorizacións. Tarifas.

Tema 4. O transporte regular permanente de uso xeral. Definición do procedemento de adxudicación. Itinerarios, paradas e calendario. Tráficos. Tarifas.

Tema 5. Transporte regular de uso especial. Definición do procedemento de outorgamento, condicións de prestación. Tarifas. Transportes regulares temporais.

Tema 6. As axencias de transporte. Requisitos para o outorgamento da autorización. Réxime de funcionamento e responsabilidade.

Tema 7. Almacenistas distribuidores, transitarios, centros de información e distribución de cargas, requisitos para a obtención das autorizacións. Réxime de funcionamento.

Tema 8. Transporte público en automóbiles de turismo. Normativa estatal, local, das CC.AA. que o regula. Procedemento de outorgamento das autorizacións. Réxime tarifario.

Tema 9. O aluguer de vehículos sen conductor. O aluguer de vehículos con conductor. Axencias de viaxes. Transportes turísticos.

Tema 10. O transporte urbano de viaxeiros e mercadorías. O transporte internacional de viaxeiros e de mercadorías.

Tema 11. As xuntas arbitrais de transporte. O réxime de responsabilidade derivado do contrato de transporte terrestre. En particular o transporte sucesivo.

Tema 12. A inspección do transporte. A competencia de inspección e sanción das diferentes administracións públicas.

Tema 13. Réxime sancionador. Persoas responsables. Procedemento sancionador.

Tema 14. Infraccións e sancións.

Tema 15. Tacógrafo. Tempos de conducción e descanso. Os excesos de peso nos transportes de mercadorías.

Grupo: III, categoría: 60. Auxiliar técnico/a de obra// Auxiliar técnico/a obra TIE.

Tema 1. Nocións básicas da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia.

Tema 2. Nocións básicas de xeometría plana. Cálculo de áreas e volumes. O plano. Planos acotados e planos con curvas de nivel.

Tema 3. O sistema métrico decimal. Unidades. Equivalencia entre as unidades. Escalas máis frecuentes. Distancia: natural, reducida e desnivel.

Tema 4. As partes fundamentais dun proxecto de obra. Nocións básicas sobre a explanación, o desmonte, o terraplén. A drenaxe.

Tema 5. A obra de estradas: características. O trazado en planta. Control e vixilancia. Nocións básicas dos solos, os materiais preparados, conglomerados, ligantes e emulsións.

Tema 6. A estrada. Definicións e concepto: plataforma, peralte, calzada, carril, vía lenta e beiravías. Nocións do tráfico e da circulación.

Tema 7. As obras de drenaxe. As pequenas obras de fábrica. As obras de conservación de estradas. A súa medición.

Tema 8. O firme nas obras de estradas. Definición: partes e tipos. Construcción de firmes. Nocións sobre as sub-base, a base, as mezclas bituminosas e os tratamentos superficiais. A súa medición.

Tema 9. A seguridade e hixiene nas obras de estradas. Concepto e liñas máis salientables.

Tema 10. A seguridade vial. Normas básicas. Sinalización.

Grupo: III - categoría: 61. Oficial laboratorio// Analista 2ª// Axudante técnico/a laboratorio.

Tema 1. Disolucións, concentracións normal e molar.

Tema 2. Concepto de pH, ácidos, bases e sales.

Tema 3. A auga do mar e as súas características químicas. Salinidade, clorinidade e pH mariño.

Tema 4. Conceptos básicos de química orgánica. Hidratos de carbono, lípidos e proteínas. Vitaminas.

Tema 5. O mar e as súas características físicas. Fondos mariños e a súa natureza. Morfoloxía litoral da plataforma.

Tema 6. Os seres mariños. Plancto, bentos e necto. Conceptos básicos. Cadeas tróficas.

Tema 7. Invertebrados mariños: moluscos e crustáceos.

Tema 8. Vertebrados: peixes.

Tema 9. Pesca: métodos, artes e aparellos.

Tema 10. Principais cultivos mariños en Galicia.

Grupo: III - categoría: 63. Oficial 1ª conductor/a// Conductores/as 1ª// Conductores/as altos cargos// Conductor/a mecánico/a.

Tema 1. Código de circulación. Decreto de regulación do servicio de automobilismo da Xunta de Galicia. Orde que o desenvolve.

Tema 2. Funcionamento dun motor de catro tempos: admisión, compresión, explosión ou acendido e escape. Clasificación dos motores: pola súa disposición, polo número de cilindros e polo tipo de combustible.

Tema 3. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites. Ventilación. Filtrado.

Tema 4. Refrixeración no vehículo: funcións, distintos tipos de refrixeración, o seu coñecemento. Elementos de seguridade: freos, tipos e o seu coñecemento.

Tema 5. Electricidade do vehículo. Batería. Bobina. Ruptor. Distribuidor. Buxías. Regulación. Dínamo. Alternador. Motor de arrinque. Béndix. O condensador. O delco.

Tema 6. Simboloxía: corrente continua, corrente alterna, fusible, resistencia, condensador, amperímetro, voltímetro, motor xerador, interruptor.

Tema 7. A suspensión: órganos de suspensión e amortecemento do automóbil. Función dos amortecedores. Avarías, consecuencias.

Tema 8. O motor diésel: órganos principais. Bomba de inxección e inxectores. Funcionamento. Bomba de alimentación. Arrinque en frío, quentadores.

Tema 9. A transmisión: caixa de cambios. Árbore de transmisión. Diferencial. Palieres. Embrague, a súa misión.

Tema 10. Pneumáticos e lamias. Aliñamento do eixe dianteiro. Convenxencia e caída. O fenómeno aquaplaning. Mantemento sistemático e reparacións elementais dun vehículo. Avarías, síntomas. Reparacións de emerxencias.

Grupo: III - categoría: 64. Oficial 1ª tractorista// Tractorista// Operador/a maquinaria pesada.

Tema 1. Maquinaria existente en obra, parque ou taller. Estado de funcionamento. Localización de avarías. Racionalización no emprego da maquinaria de obra.

Tema 2. Medidas de seguridade no manexo das máquinas. Os residuos das reparacións como elemen

tos contaminantes. Coidados e manexo para reduci-lo impacto ambiental.

Tema 3. O motor diésel. Órganos principais. Bomba de inxección e inxectores. Funcionamento. Bomba de alimentación. Arrinque en frío, quentadores.

Tema 4. O motor de explosión. Características máis importantes, funcionamento e regulación.

Tema 5. O engraxamento: aceites, a súa finalidade e tipos. Sistemas de engraxamento. Cambio de aceites. Ventilación. Filtrado. Refrixeración.

Tema 6. Acendido, arrinque, árbore de levas, válvulas e taques.

Tema 7. O tractor, partes de que está composto. Traballos que se poden realizar co tractor. Mandos para a conducción e manexo do tractor.

Tema 8. Máquinas agrícolas para labra do chan, máquina para sementeira, máquina para plantación e máquina para recolección de forraxes. Coidados, manexo e enganche ó tractor.

Tema 9. Máquinas distribuidoras de fertilizantes químicos. Máquinas agrícolas para manexo de dexeccións sólidas e líquidas do gando e distribución de productos fitosanitarios. Coidados, manexo e enganche ó tractor. Regulación das máquinas.

Tema 10. Colleitadoras e empacadoras de forraxe. Coidados, manexo e enganche ó tractor. Regulación das máquinas.

Grupo: III - categoría: 65. Oficial 1ª cociña// Oficial 1ª cociñeiro/a// Xefe/a de cociña 2ª// Cociñeiro/a 1ª.

Tema 1. A alimentación, a saúde e o desenvolvemento. Proteínas, vitaminas, minerais, hidratos de carbono; calorías; o valor bromatolóxico dos alimentos. Confección de menús. Medidas sanitarias de orde xeral; medidas específicas para a prevención de riscos. Medidas sanitarias de orde xeral; medidas específicas para a prevención de riscos en relación cos residuos de cociña

Tema 2. Organización da cociña; persoal; funcións. Despensas e frigoríficos; instalacións; circulación dos productos.

Tema 3. Condimentos, concepto e clases. O sal; o azucre; o vinagre. Condimentos de vexetais secos; especias; herbas aromáticas. Condimentos frescos. Salsas: concepto e clases; salsas básicas e derivadas. Fondos de cociña.

Tema 4. Sopas, consomés, cremas e potaxes. Propiedades, aplicacións e clases. Elaboración. Entremeses: clases.

Tema 5. Hortalizas: concepto, propiedades, aplicacións. Conservación, preparación e elaboración. Clases de hortalizas; hortalizas de temporada. Ensaladas: concepto, propiedades e aplicacións. Clases. Elaboración e presentacións.

Tema 6. A pasta italiana: cualidades. Cocción e conservación. Preparacións básicas. Os ovos: propiedades e aplicacións. Conservación; preparación.

Tema 7. Legumes secos: calidade, propiedades, conservación; clases. Preelaboración e preparación. O arroz, propiedades; elaboración. As patacas; cortes para guarnición.

Tema 8. O peixe: características; clases; cualidades. Presentación e valoración comercial. Limpeza, conservación e preparación. Elaboración.

Tema 9. As carnes: características; clases. Aspecto e denominación das pezas e anacos. Preparación das carnes vermellas e brancas; emprego dos distintos anacos. Aves de curral: clases, elaboración. A caza: elaboración.

Tema 10. Os postres. Postres de cociña: clases; características. Elaboración. Os xelados. Os queixos e derivados lácteos. As froitas. As bebidas: augas, viños e licores.

Grupo: III - categoría: 66. Axudante taller// Adxunto/a taller.

Tema 1. Acabados de madeira. Xeneralidades: pinturas, vernices e esmaltes.

Tema 2. Teoría do moble. Xeneralidades.

Tema 3. Teoría do moble. Aparición da mesa, as súas funcións prácticas e proxectos.

Tema 4. Memoria descritiva e medición dos traballos.

Tema 5. Elementos varios empregados na decoración e construcción.

Tema 6. Medición e valoración de traballos. Cálculo de prezos. Prezos desagregados.

Tema 7. Desenvolvemento de proxectos. Mobiliarios de sala de estar, comedor, despacho, dormitorio e salóns.

Tema 8. Traballo mecánico da madeira.

Tema 9. Partes para interior. Ferraxes e accesorios.

Tema 10. Ferraxes e accesorios para mobles (unións desmontables -corredor- accesorios varios). Ornamentación superficial do moble: chapeado, incrustación -marquetería-, talla, detalles de superficie.

Grupo: III - categoría: 68. Pastor/a oficial 1ª// Maioral// Oficial 1ª gandería// Oficial 1ª campo// Oficial 1ª agrícola// Capataz agrícola.

Tema 1. Maquinaria agrícola habitual na explotación agrícolo-gandeira. Enumeración e descrición. Xeneralidade, manexo e coidados de conservación. Actividades prácticas.

Tema 2. O cercado na explotación gandeira de ovino e vacún. Tipos e materiais utilizados.

Tema 3. O gando: alimentación e coidados. Sanidade e hixiene. Manexo do gando. Especial atención ó vacún de leite. Actividades prácticas.

Tema 4. A muxidura do gando: fases. A muxidura mecánica: funcionamento, manexo e conservación dos equipos. O leite. Calidade do leite e parámatros que

a determinan. Arrefecemento do leite. Actividades prácticas.

Tema 5. O silo e a herba seca como alimento para o gando. A súa realización e distribución. Maquinaria utilizada.

Tema 6. Labores agrícolas máis frecuentes nas explotacións gandeiras. Descrición e finalidade. Actividades prácticas.

Tema 7. Descrición das diferentes operacións que se realizan nas praderías naturais e sementadas. A súa importancia para a producción. Actividades prácticas.

Tema 8. Descrición das labores que se realizan no cultivo do centeo, trigo e millo como alimento en fresco, en ensilado e en gran para o gando. Actividades prácticas.

Tema 9. Operacións a realizar nos principais cultivos de invernadoiros e baixo plástico. Descrición e finalidade segundo cultivo. Actividades prácticas.

Tema 10. Os fertilizantes. Fertilizantes minerais e orgánicos. Unidades fertilizantes. Épocas de fertilizacións. Cálculo de fertilización K/Ha. Emendas.

Grupo: III - categoría: 69. Oficial servicios técnicos// Oficial 1ª mantemento // Oficial 1ª oficios varios.

Tema 1. Física: movemento, movemento uniforme, velocidade, velocidade lineal, velocidade angular e tanxencial. Traballo, concepto e unidades. Forza, concepto e unidades. Enerxía, concepto e unidades. Máquinas simples, panca, polea e parafuso. Presión, concepto e unidades. Calor e temperatura.

Tema 2. Instrumentación: manómetros, tipos. Termómetros, tipos. Termóstatos, tipos. Presóstatos, tipos. Vacuómetros, tipos. Caudalímetros, tipos. Tacómetros, tipos. Convertedores de sinal.

Tema 3. Electricidade, compoñentes e máquinas: constitución da materia. Corrente eléctrica, tensión e intensidade. Conductividade e resistencia. Lei de Ohm. Lei de Joule. Resistencias, díodos, condensadores, transistores, interruptores, tipos, contactores e relés térmicos, interruptores-horarios e reloxos de conexión, lámpadas e aparellos de iluminación. Aparellos de medida. Equipos de medida e rexistro. Máquinas eléctricas rotativas. Máquinas eléctricas estáticas.

Tema 4. Planos e esquemas eléctricos: simboloxía. Interpretación. Circuítos electrónicos básicos.

Tema 5. Mecánica básica e aplicada: aparellos de medida e verificación. Croquización. Coñecemento de materiais, aplicacións. Máquinas ferramentas. Soldadura: tipos e aplicacións. Oxicorte. Válvulas, tipos e aplicacións. Bombas, tipos e aplicacións.

Tema 6. Fluídrica: conceptos e propiedades dos fluídos, clases. Principio de Arquímedes. Principio de Pascal. Instalacións de G.L.P., regulamento, normas de seguridade.

Circuítos de aire e os seus elementos fundamentais: compresoras, válvulas e cilindros.

Tema 7. Instalacións térmicas e frigoríficas; xeradores de auga quente, calefacción e vapor. Combustibles. Intercambiadores de calor. Purgadores. Coñecemento e aplicación dos materiais e elementos utilizados en instalacións de calefacción e auga sanitaria. Cámaras de conservación. Cámaras de conxelación. Aire acondicionado.

Tema 8. Instalacións de lavandería industrial: lavadoras. Centrifugadoras. Pranchadoras: rolo, prancha prensa, manequín. Secadoras.

Tema 9. Instalacións de cociña industrial: marmitas. Fritidoras. Peladoras. Fornos. Salamandras.

Tema 10. Seguridade e hixiene: triángulo do fogo. Extintores, tipos e aplicacións. Sinalización. Equipos de protección, individuais e instalacións. Normas de seguridade e hixiene. Métodos orais e manuais de respiración artificial.

Grupo: III - categoría: 78. Subgobernante/a.

Tema 1. Materias primas téxtiles. Fibras naturais. Concepto e clases: fibras artificiais ou químicas. Concepto e clases.

Tema 2. Aprovisionamento de lencería. Lencería nas habitacións e no comedor. Constitución cuantitativa e cualitativa do stock. Vales de cambio de roupa. Coidado a seguir no cambio de roupa sucia por limpa. A roupa sucia do cliente.

Tema 3. A lavandería. O lavado de fibras naturais: normas de aplicación para cada clase. O lavado de fibras sintéticas: normas de aplicación para cada clase. O lavado dos tecidos de cor.

Tema 4. Fases do lavado: operación e finalidade de cada unha delas. Prancha. Clasificación de roupa e pranchado a máquina.

Tema 5. Neutralización. Concepto e obxectivo. Neutralización de alcalinos e do cloro. O branqueo da roupa, vantaxes e inconvenientes da lixivia e do cloro, aplicación e desinfección, branqueo químico con perborato. Os branqueantes óptimos. Danos.

Tema 6. A limpeza de habitacións e zonas comúns. Pedidos de material ó almacén xeral. Stock de artigos e utensilios de limpeza no oficio ou "office". Coidados que se deben seguir no almacenamento dos productos de limpeza, medidas de precaución cos líquidos inflamables ou tóxicos. Carro de limpeza. Medidas xerais da orde e a limpeza no oficio ou "office".

Tema 7. A camareira de pisos: definición de funcións. Horario, carteleira e quendas de traballo. Numeración das habitacións. Follas de control. A chave mestra. Limpeza de habitacións: a cama: colchóns, almofadas, cubresomieres, moletóns, sabas, mantas, colchas; clases e preparación. Cuarto de baño: elementos e limpeza. As alfombras. Limpeza de armarios. Terminación da limpeza de habitacións.

Tema 8. Partes de avarías. Bloqueo de habitacións. Preparación e responsabilidade ante un bloqueo. Desbloqueo: definición e formas de realizalo.

Tema 9. Montaxes: concepto e definición. Colocación de mesas e cambio de mantelerías. Repaso do material: pratos, cubertería, cristalería. Repaso e distribución da menaxe: aparadores. Carros e outros utensilios. Supervisión da montaxe.

Tema 10. Formas de servir: servicio empratado, á francesa, á inglesa, con gueridón ou mesa auxiliar. Servicio de mesas e de bebidas. Transporte de manxares ó comedor. Desbrasar mesas.

Grupo: III - categoría: 86. Oficial de 1ª mecánico/a.

Tema 1. Constitución e funcionamento do motor de dous tempos.

Tema 2. Constitución e funcionamento do motor de catro tempos. Descrición dos ciclos.

Tema 3. Motores diésel. Ciclo de traballo en catro tempos. Equipo de inxección. Avarías máis comúns no motor diésel e a súa reparación.

Tema 4. Equipo eléctrico dos diferentes tipos de vehículos contraincendios forestais. Esquema xeral da instalación. Avarías no arrinque.

Tema 5. Engraxamento do motor. Lubricantes. Sistemas de engraxamento. Avarías do engraxamento.

Tema 6. O chasis. Ponte traseira. Avarías na ponte traseira. Bastidor. Suspensión. Avarías na suspensión.

Tema 7. Freos. Tipos de freos. Avarías dos freos.

Tema 8. Verificación, posta en marcha do motor nos vehículos contraincendios forestais e conexión da bomba desde a cabina.

Tema 9. Avarías no funcionamento da bomba dos vehículos contraincendios forestais. Causas, localización e reparación.

Tema 10. Funcionamento e utilización de caixas reductoras ou "transfer". Funcionamento e vantaxes dos bloques diferenciais.

Grupo: III - categoría: 88. Capataces de explotación marisqueira.

Tema 1. As rías galegas e as súas características. O medio mariño litoral: supralitoral, intermareal e sublitoral. Correntes mariñas nas rías. Importancia do fitoplancto.

Tema 2. A producción marisqueira na costa galega. Especies principais: moluscos infaunais e epifaunais, crustáceos. Outras especies. Artes de marisqueo. Importancia das estatísticas marisqueiras.

Tema 3. Aplicación de técnicas de cultivo a bancos marisqueiros: traslados, rareos, sementeiras, emendas de substrato, limpezas, etc. Cultivo de moluscos en praias.

Tema 4. Cultivo de ostras. Recuperacións ostrícolas. Tipos de colectores: de fondo e a flote, instalación

de colectores. Importancia do tamaño da poboación de nais.

Tema 5. Viveiros: normativa. A batea: descrición. O cultivo de mexilón en Galicia: proceso e fases de cultivo, obtención da semente. Embarcacións auxiliares de acuicultura.

Tema 6. Granxas mariñas e establecementos auxiliares de cultivos mariños. As mareas vermellas. Descrición, características e normativa.

Tema 7. Regulamento da actividade pesqueira e das artes de pesca: aparellos de anzol. Nasas. Artes de enmalle. Artes de cerco. Artes remolcadas: boliche.

Tema 8. Explotación racional de recursos pesqueiros e marisqueiros. A protección de recursos. Infraccións. Regulación do esforzo pesqueiro. Tamaños mínimos, vedas, cotas.

Tema 9. Flota pesqueira galega. Os plans de explotación. O permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira-marisqueira.

Tema 10. Organizacións pesqueiras: confrarías de pescadores e as súas federacións. Organizacións de productores. Normativa.

Grupo: III, categoría: 97. Auxiliar de son.

Tema 1. O Igaem. O seu centro de traballo: o Pavillón de Galicia. Sedes das súas unidades de producción. A información cultural en Galicia desde o Centro de Información Cultural (CIC) e o Igaem.

Tema 2. A distribución do espectáculo: xiras, organización de viaxes, programación. Publicidade de espectáculos. O apoio ás actividades de almacén e carpintería e demais medios de producción.

Tema 3. Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. Decreto 107/1993, do 12 de maio, de desenvolvemento da Lei 4/1989, modificada pola 2/1991, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Tema 4. Regulamentación das unidades de producción do Igaem: Centro Dramático Galego, Ballet Galego Rey de Viana, Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia e Real Filharmonía de Galicia. Funcionamento interno.

Tema 5. Utillería. Termos. Vestiario. Acústica arquitectónica. Condicionantes do medio. Tratamento acústico específico na escena. O ruído acústico na escena: tipos, fontes. Valoración do ruído.

Tema 6. Proceso de creación artística na danza. Fases: a xestión escénica: producción, estimación de custo das montaxes, ingresos. O cash-flow.

Tema 7. O espacio escénico: fichas de elementos, conservación e almacenaxe provisional de elementos escénicos. Transporte e almacenaxe definitiva.

Tema 8. Rexistro magnético. Fundamentos físicos do magnetismo. Teoría do rexistro dixital. Teoría da reproducción. Cabezas magnéticas. Cintas magnéticas. Rexistro e reproduccións dixitais.

Tema 9. Micrófonos e altofalantes. Tipos de micrófonos. Características e técnicas microfónicas. Tomas de son na escena. Tomas de instrumentos musicais. Altofalantes. Monitores.

Tema 10. Son e música: técnicas escénicas. O equipo de son. Situación do equipo. Solución dos principais problemas de son nunha representación. Efectos especiais.

9109