Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador P-29/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 18 de novembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-29/1996.

Denunciado: Luis Carlos Rodríguez Baltar.

Último enderezo coñecido: Cantillo, 9. Pontecesures.

Feito denunciado: non telas redes instaladas na pesqueira nº 5 franqueables para que puidesen ser inspecionadas polos axentes.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 50.000 ptas.

8910