Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador E.N.-38/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructura do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da devandita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen as alegacións, achegaren os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8).

Pontevedra, 18 de novembro de 1996.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: E.N.-38/1996.

Denunciado: José Lores González.

Último enderezo coñecido: Castelao, 175, O Grove.

Feito denunciado: sinalización non autorizada dentro dun espacio natural onde hai dous carteis colo

cados en postes Complexo Intermareal Umia-Grove o día 12 de agosto de 1996, termo municipal O Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.5º da Lei 4/1989 dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989 dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 30.000 ptas. e retirada dos carteis.

8908