Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-77/1996 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 18 de novembro de 1996.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: C-77/1996.

Denunciado: Jesús Mougán Pintos.

Último domicilio coñecido: Deiro, 48, Tremoedo. Vilanova.

Feito denunciado: cazar con 6 cans dentro do couto privado PO-10.124, sen a debida autorización.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

-Expediente: C-79/1996.

Denunciado: Jesús Mougán Pintos.

Último domicilio coñecido: Deiro, 48, Tremoedo. Vilanova.

Feito denunciado: cazar con 6 cans dentro do couto privado PO-10.124, en a debida autorización.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

-Expediente: C-98/1996.

Denunciado: Benito Chavez Faz.

Último domicilio coñecido: Tarrío s/n, Caleiro. Vilavoa.

Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto PO-10.124).

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

8908