Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996 pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria de Sobreganade (Porqueira-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Sobreganade (Porqueira-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona polo Decreto da Xunta de Galicia nº 195/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 157, do 17 de agosto de 1993), que a xunta local da zona, na súa reunión de 22 de outubro de 1996, decidiu aproba-las bases definitivas da zona, correspondente ás terras da parroquia de Sobreganade (Porqueira-Ourense), que estarán expostas ó público na casa do Concello de Porqueira e nos lugares de costume das parroquias durante o prazo de trinta días hábiles, a contar desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal de maior circulación da mesma, de conformidade co establecido no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos que se poden examinar nos locais sinalados, refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), á clasificación de terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases poden os interesados interpoñe-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo de trinta días sinalados, neste Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da Consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para este efecto, deberán expresar no escrito no que se promove a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente neste a quen teñan que facérlle-las notificacións.

Ourense, 22 de outubro de 1996.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense

8907