Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1996).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995, polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Gamesa, con enderezo en r/ Arkaute, 5, 01192 Vitoria (Álava), para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento de instalación eléctrica acollida o réxime especial, das instalacións que hai que implantar no denominado parque eólico Coriscada, nos municipios de Mañón e Ortigueira e dentro da poligonal pechada de vértices:

V1 (0 603 500 W, 4 842 000 N), V2 (0 603 500 W, 4 841 000 N), V3 (0 603 000 W, 4 840 500 N), V4 (0 603 000 W, 4 840 000 N), V5 (0 602 750 W, 4 837 763 N), V6 (0 602 500 W, 4 837 000 N), V7 (0 601 750 W, 4 835 939 N), V8 (0 602 000 W, 4 835 000 N), V9 (0 601 500 W, 4 834 500 N), V10 (0 601 000 W, 4 835 000 N), V11 (0 601 500 W, 4 835 500 N), V12 (0 601 000 W, 4 836 000 N), V13 (0 601 500 W, 4 836 500 N), V14 (0 601 000 W, 4 838 000 N), V15 (0 601 500 W, 4 837 500 N), V16 (0 602 000 W, 4 837 500 N), V17 (0 602 000 W, 4 839 500 N), V18 (0 603 000 W, 4 841 000 N), V19 (0 603 000 W, 4 842 000 N), as instalacións eléctricas seguintes:

-40 aeroxeradores de 600 kW de potencia nominal unitaria cunha potencia total de 24 MW.

-40 transformadores de potencia de 630 kVA e tensións de 0,630/20 kV, liña eléctrica subterránea de media tensión interconectando dous transformadores e gabira de 1 m de profundidade sobre capa de area.

-Subestación eléctrica 20/132 kV, equipada cun transformador de potencia de 30 MVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de 30 días nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 28 de novembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8906