Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave N/AC/91.35.

a) Asistencia técnica.

1 Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada AC-443. Treito: A Pereira-Brandomil.

Clave: N/AC/91.35

Orzamento: tres millóns duascentas dezanove mil noventa e tres pesetas (3.219.093).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non se esixe.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento da contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1996.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9138