Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.236

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (572/1994).

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela.

Fago saber que no dito xulgado e co número 572/1994 se tramite o procedemento de xuízo executivo por instancia de Banco Pastor S.A. contra Luis Mario Taboada Devesa e María Rozas Boga, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala da audiencia deste xulgado, o tres de febreiro de 1997 ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro: que non se admitirán proposicións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo: que os licitadores para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya S.A. número 1500-17-057294, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número do procedemento e que sen este requisito non serán admitidos, e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques.

Terceiro: unicamente o executante poderá realizar proposicións coa calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarto: na poxa, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse proposicións por escrito en prego pechado, e face-lo depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade, estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houbese, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese celebra-la poxa no día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, se exceptuámo-los sábados.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Piso 2ºC, sito no ángulo nordeste dunha casa no lugar de Campo da Atalaia, en Porto do Son, ten unha superficie de 60 metros cadrados. Rexistro da Propiedade de Noia, tomo 751, libro 104, folio 14, predio 9.258. Taxado en 7.268.920 ptas.

Casa en Pena Cornada no lugar de Viveiro de Sar, Santiago de Compostela. Composta de planta baixa e sobrado, con terreo unido. Mide o conxunto 2.000 metros cadrados, dos que lle corresponden á casa 156. Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, tomo 1063, libro 98, folio 167, predio 9.329 Taxada en 25. 969. 157 ptas.

Vehículo Saba C-5620-N taxado en 100.000 ptas.

Vehículo Mercedes Benz 190 C-5353-AW taxado en 1.900.000 ptas.

Vehículo Citroen C-15 C-8982-AM taxado en 450.000 ptas.

Vehículo Iveco C-4691-BB taxado en 1.500.000 ptas.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda, o día tres de marzo de 1997 ás 10 horas, serve de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa e son de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración da terceira poxa o día un de abril de 1997 ás 10 horas, que se celebrará sen suxeición a tipo e deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o catorce de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9117