Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.235

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (104/1996-I).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas 104/1996-I, tramitado por vexación e furto, cítase en forma a Ana Helen Tolputt, en calidade de denunciante, e a Avelino Giménez Bentos, en calidade de denunciado, ambos en paradoiro descoñecido, para que o día 17 de xaneiro de 1997, ás 12.10 horas, comparezan ante a sala de audiencias deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non compareceren, recaerán

sobre eles os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, e de que deberán ir provistos de DNI e das probas das que intenten valerse.

En Santiago de Compostela o 26 de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

7800