Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.235

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (466/1995).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 466/1995

cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o trinta de abril de mil novecentos noventa e seis. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 466/1995, promovidos por Banco Zaragozano, S.A., representado polo procurador García-Piccoli e dirixido polo letrado Núñez Naya, contra Héctor Osvaldo Márquez Lorenzo e Paula María González Vaamonde con domicilio en rúa dos Irmandiños 11-4-dereita de Santiago de Compostela e contra Osvaldo Óscar Márquez e María del Carmen Lorenzo Balsa declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Héctor Osvaldo Márquez Lorenzo, Paula María González Vaamonde, Osvaldo Óscar Márquez e María del Carmen Lorenzo Balsa, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 764.607 pesetas, importe do principal e ademais do pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interpoñerse neste xulgado, e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, contados desde a súa notificación.

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e para lle que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9005