Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.235

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (488/1996).

En virtude do acordado en resolución dictada, por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 488/1996, por instancia de Josefa María Rial Gigirey, representada pola procuradora Sánchez Silva, sobre deslinde e acción reivindicatoria; por medio da presente cédula emprázanse as persoas incertas e descoñecidas herdeiras de Juan Couselo, e aquelas que traian causa nel co fin de que no termo de dez días comaprezan nos autos, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e de recaeren sobre eles os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ós mencionados demandados, ós que se lles fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de outubro de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

7803