Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador P-89/1996 e catro máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 18 de novembro de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: P-89/1996.

Denunciado: José Pinto da Sousa.

Último enderezo coñecido: Cortegada, 32. Silleda.

Feito denunciado: pescar nun río coutado sen posuír couto de pesca o día 23 de marzo de 1996 no Toxa, Ponte da Pedra, termo municipal Silleda.

Precepto infrinxido: artigo 34.10º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca 1 ano.

-Expediente: P-145/1996.

Denunciado: Alfonso Fernández Salvado.

Último enderezo coñecido: Lojo Goleta, 10, Touro. A Coruña.

Feito denunciado: pescar en época de veda, tendo antecedentes por outras infraccións da Lei l7/1992, o día 18 de abril de 1996 no río Ulla, termo municipal de Vila de Cruces.

Precepto infrinxido: artigo 34.6º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 60.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca 1 ano.

-Expediente: P-185/1996.

Denunciado: Antonio Peiteado Peiteado.

Último enderezo coñecido: Arnego, s/n. Vila de Cruces.

Feito denunciado: pescar con arte ilegal (palangre), o día 7 de maio de 1996 no río Ulla, encoro de Portodemouros, termo municipal Vila de Cruces.

Precepto infrinxido: artigo 35.5º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 35 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 500.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca 1 ano.

-Expediente: P-231/1996.

Denunciado: Francisco J. Martínez Aspera.

Último enderezo coñecido: Estacas, 8. Fornelos.

Feito denunciado: pescar 3 troitas de tamaño inferior ó regulamentario (13, 14 e 17 cm), o día 18 de maio de 1996 no río Parada, Ponte Pequena, termo municipal de Fornelos.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 5.000 ptas.

-Expediente: P-268/1996.

Denunciado: Aurelio Ameijeiras Gallardo.

Último enderezo coñecido: Xral. Martitegui, 16-2º. Pontevedra.

Feito denunciado: pescar 2 troitas de tamaño inferior ó regulamentario, o día 1 de xuño de 1996, no río Verdugo (couto de Ponte-Caldelas), termo municipal Ponte-Caldelas.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas. e indemnización de 2.000 ptas.

8911