Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N.-42/1996 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 18 de novembro de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente: E.N.42/1996.

Denunciado: Ignacio Gonzalo Esteban Rey.

Último enderezo coñecido: r/ Pascual Veiga, 24-5º. Lugo.

Feito denunciado: practicar wind-surf nunha zona prohibida dentro dun espacio natural complexo intermareal Umia-O Grove, o día 25 de agosto de 1996, enseada do Vao, termo municipal O Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei 4/1989 da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Precepto sancionador: artigo 38 da Lei 4/1989 da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Sanción: 10.000 ptas.

8912