Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da corrección de erros do convenio colectivo de comercio de carpintería de ribeira.

Visto o expediente de corrección de erros do convenio colectivo de referencia que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-10-1996, subscrito pola comisión paritaria o día 23-9-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión paritaria.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de novembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Pola parte empresarial:

Domingo Lago Martínez.

Manuel Romero Senande.

Gerardo Triñanes Martínez.

Pola parte social:

Ramón Calvo Romero (UGT).

Ezequiel Cancela Martínez (CIG).

Juan María García Blanco (CC.OO.).

Reunida a comisión mixta do convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería de ribeira, segundo o establecido no artigo 19 do convenio colectivo estatal, sendo as 18 horas do día 23 de setembro de 1996, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Que, aínda que o artigo 3º do dito convenio se remite en canto a vixencia ó convenio sectorial da madeira de ámbito estatal, publicado no BOE do 20-5-1996, no ánimo da comisión negociadora estivo presente en todo momento retrotrae-los efectos económicos do novo convenio ó 1-4-1996, data na que se extinguía a vixencia do convenio anterior.

Por todo isto e ante as dúbidas formuladas polos afectados polo convenio, esta comisión ratifícase na afirmación de que a vixencia económica do convenio se inicia o 1-4-1996 e que se estenderá ata o 31-3-2001.

No tocante ó artigo 9º do convenio colectivo provincial no que se pon como data tope de non devengarse máis polo concepto de antigüidade novos dereitos por erro mecanográfico o 31-12-1996, a data que debía poñerse neste é a que figura no convenio sectorial da madeira o 30-9-1996.

En proba de conformidade asinan esta acta os asistente.

Pola parte empresarial.

Rubricado.

Pola parte dos traballadores.

Rubricado.

Nota: o convenio colectivo ó que se refire o encabezamento afecta a provincia da Coruña

8884