Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 11 de decembro de 1996 Páx. 11.234

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (440/1996).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido. Fai saber que nos autos de xuízo executivo número 440/1996, se dictou sentencia con data 12 de novembro de 1996 cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos, por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 440 de 1996, entre partes, dunha como demandante a Caixa de Aforros de Pontevedra, domiciliada en Pontevedra, representada en autos polo procurador García Piccoli-Atanes, asistida do letrado Lareu Lamas, e doutra como demandados, José Sueiras García e Esperanza Raposo Iglesias, maiores de idade, casados, veciños desta cidade, con enderezo na rúa Torrente, s/n, Conxo, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José Manuel Sueiras García e Esperanza Raposo Iglesias, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumpríndolle pagamento á parte executante Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, da suma principal de 1.769.145 pesetas, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dipón a lei para os rebeldes; facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Léveselle certificación ó preito principal.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada Esperanza Raposo Iglesias, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vinte de novembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

7802