Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.177

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de edificacion e obras públicas (código 2700255), da provinca de Lugo, asinado o día 28 de xuño de 1996, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo e das centrais sindicais UGT, USO e CC.OO, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e no Real 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de agosto de 1996.

(Decreto 13/1994, do 20-1)

Carlota Novo Ríos

Secretario provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas da provincia de Lugo

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de obrigado cumprimento na actividade de edificación e obras públicas que se relacionan a continuación.

1. Constructores de edificios.

2. Constructores-Promotores de edificios urbanos.

3. Constructores sen ánimo de lucro.

4. Urbanizadores.

5. Construccións industrializadas.

6. Edificacións diversas e especiais.

7. Ferrallistería.

8. Elaboración e instalación de pedra e mármore.

9. Pocería e saída de agua á superficie.

10. Carpintería de armar.

11. Albanelería.

12. Instaladores de materiais illantes e protección.

13. Soldadores e colocadores de azulexos.

14. Decoradores de xeso e escaiola.

15. Pintores.

16. Instalacións complementarias da edificación.

17. Reparacións e restauracións de monumentos.

18. Ambientación e axardinamento.

19. Constructores de complexos deportivos.

20. Oficinas consultoras e de proxectos de edificación e obras públicas.

21. Constratistas de obras públicas.

22. Empresas de obras públicas de ámbito nacional.

23. Empresas concesionarias de auotestradas (constr. delas).

24. Mesturas asfálticas.

25. Obras de dragado en xeral .

26. Sondaxes e pilotaxes.

27. Obras especiais.

Artigo 2º.- Lexislación supletoria.

No previsto no presente convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 20-5-1992 e Acordo Sectorial Nacional.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas e traballadores comprometidos no seu ámbito funcional que realicen a súa actividade na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social da empresa radicase fóra dela.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores e empresas incluídas no ámbito funcional, salvo ó persoal directivo nivel I.

Artigo 5º.-Vixencia e incrementos salariais.

Este convenio terá vixencia para efectos económicos e de xornada laboral desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996. As condicións económicas para este período son as que figuran na táboa salarial como anexo I. A xornada laboral pactada para este período será a que figura como anexo II.

Artigo 6º.-Cláusula de garantía salarial.

Haberá que aterse ó disposto no Acordo Sectorial Nacional do Sector para 1996.

Artigo 7º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidad.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto o suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese o suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, para o obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no prazo de 45 días, a partir da data de firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixa-lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 8º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisón do convenio haberá de efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 9.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que existan á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto ás condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

Ó persoal da obra seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda, que terá unha duración de seis meses.

Esta peza será entregada unha vez superado, satisfactoriamente, o período de proba, e as sucesivas dentro dos primeros días seguintes ó de se cumpriren os seis meses, sendo o uso delas obrigatorio.

A empresa poderá facer constar, nas ditas pezas, o anagrama dela e a actividade.

A conservación e limpeza da citada peza de traballo será por conta do traballador, o cal debe manter un bo estado de conservación.

Artigo 11º.-Médico de empresa.

As empresas que estivesen, ou non, obrigadas por disposición legal, a contar co servicio médico de empresa, quedan faculadas para constituí-lo dito servicio por si soas, por agrupación dalgunha delas, ou ben establecendo un servicio común por mediación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo.

Sempre que as mutuas patronais ou mutualidades laborais que cobren os riscos de accidente de traballo en cada empresa desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Higiene de Lugo programe recoñecementos periódicos no sector, as empresas estarán obrigadas a

concede-lo tempo necesario para realizar revisións médicas, logo da debida citación, por escrito, na que deberá figurar: día, hora e lugar de recoñecemento.

Artigo 12º.-Salario mínimo interprofesional.

O salario mínimo interprofesional, non modificará a estructura do presente convenio, nin a contía das retribucións salariais e extrasalariais pactadas nel, sempre e cando se lles garanta ós traballadores ingresos superiores, en cómputo anual, ós mínimos fixados por disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

En todo caso, ó efectua-la revisión dos conceptos retributivos para o segundo ano en vixencia, terase en conta que o salario base do convenio, en cada categoría profesional, non poderá ser inferior ó salario mínimo interprofesional vixente nese momento.

Réxime de traballo

Artigo 13º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

A) Técnicos titulados: 6 meses.

B) Empregados:

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó X: 2 meses.

Resto de persoal: 15 días naturais.

C) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose do cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderán producirse por instancia de cualquera das partes durante o transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha; o desistimento deberase comunicar por escrito.

3. Transcorrido o tempo de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos; o tempo de servicios prestados computarase para efectos de antigüidade.

A situación de ILT, se o empresario non desistise do contrato durante tal situación, suspenderá o período de proba.

Artigo 14º.-Conservación do equipo mecánico.

Todo traballador, responsable dun equipo mecánico de traballo, terá a obriga, durante a xornada laboral -e nos tempos mortos- de coidar da boa conservación e mantemento del, podéndose exigir responsabilidade en caso contrario.

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

A) A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.768 horas efectivas ó ano, que se realizaría en razón de 40 horas semanais, a repartir de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral anexo.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre nun día hábil.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo haberá que aterse ó disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en cualquera caso, os criterios seguintes:

A) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

B) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quenda organizados sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

C) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

D) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non se poderá recorrer. O sumario será sumario e preferente.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dos meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacaciónss, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito a desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de ILT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración dela computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de ILT.

8. O desfrute de vacacións, como norma xeral e salvo pacto contrario, terá carácter ininterrompido.

Artigo 17º.-Permisos e licencias.

1. O traballador, con aviso previo de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, encóntrase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

A) Quince días naturais en caso de matrimonio.

B) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

C) Un día por matrimonio de fillos.

D) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade o afinidade.

E) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

F) Un día por traslado do domicilio habitual.

G) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudios que estea a realizar en centros de ensino universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado, recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nos apartados B), C), D) e E) o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no apartado 1 do presente artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o comprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cuando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ó que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, cualquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe dela da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis de vinticinco por cento das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidi-lo paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con tódolos efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retributiva, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no apartado 3 do presente artigo.

Réxime económico

Artigo 18º.-Réxime económico.

1. Pagamento do salario.

A) Tódalas percepcións, excepto as de vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía non será superior ó 90% das cantidades devengadas.

B) As empresas destinarán ó pagamento, a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo

polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

C) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de mera permanencia no centro de traballo e polo tanto non retribuído a ningún efecto.

D) As empresas quedan facultadas para pagaren as retribucións e anticipos por conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

As empresas que veñan obrigadas a efectuaren o pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o importe deles, a petición do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que iso poida ocasionar merma ou gasto ningún para os citados.

E) O traballador deberá facilitarlle á empresa o tempo do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para tódolos traballadores comprendidos no presente convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo ó presente convenio, tamén figurará a táboa de retribucións mensuais e anuais de tódalas categorías profesionais.

Para tódalas categorías os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

Artigo 19º.-Plus de asistencia, puntualidade e productividade.

Establécese este plus para os traballadores que con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade non teñan ninguna falta de asistencia, inxustificada, ó traballo.

Para estes efectos, non se entenden inxustificadas as faltas en situación de baixa por enfermidade ou accidente vacacionais, licencias retributivas ó amparo do convenio xeral do sector e demais disposicións vixentes e licencias retributivas con permiso ou expresa autorización da empresa. O dito plus será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído directamente da base para o cálculo do importe das horas extraordinarias.

No caso de hospitalización, debidamente xustificada, o traballador percibirá o plus completo, pero neste caso non será cotizable á Seguridade Social nin accidentes de traballo.

Artigo 20º.-Perda do plus de asistencia, puntualidade e productividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de plus, ademais das retribucións correspondentes ós ditos días.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de plus, ademais das retribucións totais ós ditos días.

A terceira xornada no traballada completa suporá a perda do importe total mensual do dito plus, ademais das retribucións correspondentes ós ditos días.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

Para a determinación deste plus diario, para tódolos efectos, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura, baixo este concepto nas táboas de salario. A perda deste plus é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poidan ser impostas pola empresa consonte as disposicións en vigor sobre a materia.

Puntualidade. Respecto ó horario de traballo, por parte dos traballadores, a puntualidade é de necesaria observancia e esixiráselles a tódolos traballadores comprendidos por este convenio.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Acórdase que sexan suprimidas, polo menos mentres persista o actual problema do paro, e que non se realicen estas máis que en casos de extrema necesidade.

Artigo 22º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos.- No caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo. Establécese unha axuda de custos igual para tódalas categorías; os seus importes sinálanse a continuación.

A) Axuda de custos completa: 2.300 ptas. diarias en desprazamentos de traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

1.750 ptas. diarias en desprazamentos do traballador para máis de tres días consecutivos.

B) Media axuda de custos: 1.100 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos sen exceder de tres días.

950 ptas. diarias en desprazamentos do traballador con máis de tres días consecutivos.

Complementos salariais

Artigo 23º.-Aumentos periódicos por anos de servicios.

O persoal comprendido no presente convenio colectivo de traballo percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistente no aboamento de dous bienios e quinquenios.

Cada bienio ou quinquenio de vencemento durante a vixencia deste convenio, de cada categoría profesional, será do importe que para tal fin se sinala na táboa de retribucións anexa ó presente convenio con carácter fixo ata o transcurso do tempo fixado para que se cumpra outro bienio ou quinquenio - que será do importe sinalado nese preciso instante na táboa de retribuciones- a súa cantidade acumularase á que xa tivese recoñecida ata ese momento por ese concepto.

A todo o persoal recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada por antigüidade ata a entrada en vigor do presente convenio. Cantidade que se manterá fixa e á que haberá de ir acumulando, no seu momento, os importes de bienios ou quinquenios que vaia adquirindo cada traballador no transcurso do tempo calculados de acordo co que se estipula no presente convenio .

Artigo 24º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada uno deles.

A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo, máis antigüidade.

As ditas pagas extraordinarias non se devengarán, mentres dure calquera das causas de suspensión de contraro previstas no artigo 45 do Estatuto dos trabajadores.

Os traballadores, que ingresen ou cesen no transcurso de cada semestre natural, devengará a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante el, de acordo co que determina o artigo 62 do convenio xeral.

Artigo 25º.-Traballos especialmente penosos, tóxicos, perigosos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberán aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o plus será do 10%.

2. As cantidades iguais ou superiores ó plus fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, caso no que non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados aumentos aquelas empresas que

os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3. Se por calquera causa desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4. En caso de discrepancia entre as partes sobre se un determinado traballo, labor ou actividade debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, correspóndelle á autoridade laboral competente, mediante resolución fundada, e logo dos informes técnicos oportunos, resolve-lo procedente.

Os incrementos económicos que, se é o caso, se deriven da citada resolución, producirán efecto a partir da data en que esta fose notificada, salvo que a resolución dispoña outra data.

Contra a dita resolución poderán recorre-las partes de acordo coa lexislación vixente.

Indemnizacións non salariais

Artigo 26º.-Plus extrasalarial que comprende: plus de transporte, plus de distancia e desgaste de ferramenta.

Co fin de simplifica-lo cómputo de distancia entre o domicilio do traballador e o centro de traballo, así como as indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, aboaránselles a tódolos traballadores, calquera que sexa distancia que separe o centro de traballo do seu domicilio, as cantidades que figuran no anexo.

Será satisfeito, unicamente, en xornada completa realmente traballada; e no será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste plus diario, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura no presente artigo.

Outras disposicións

Artigo 27º.-Traballos de superior categoría.

Cando un traballador realice traballos propios de categoria superior á que tenga atribuída percibirá, durante o tempo de prestación, a remuneración total correspondente á categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Artigo 28º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito e segundo modelo anexo.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algúns destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratos para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha misma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, tras lle dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contada a partir da notificación. O empresario contrae tamén a obriga de lle ofrecer un novo emprego ó traballador cesado cando as causas de paralización da obra desaparecese. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia de contrato.

Artigo 29º.-Outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 1989/84 e 2104/84, ou normas que os substitúan, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibiren unha indemnización por conclusión do 7%, se a duración fose inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fose igual o superior a 181 días, calculadas sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

En materia de contrato de aprendizaxe haberá que aterse ó disposto no A.S.N. anexo.

Artigo 30º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector execución de obras ou servicios, responderán ante traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza salarial e cotizacións á Seguridade Social derivadas do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade.

Así mesmo estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza no salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa principal deberá establecer baixo a súa responsabilidade nos centros de traballo en que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos, información sobre eles, e en xeral, a canto se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 31º.-Recibo de saldo.

O recibo de saldo da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de saldo do modelo citado.

O recibo de saldo, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes ó da data en que foi expedido.

Unha vez asinado polo traballador, o recibo de saldo producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo de saldo.

Aviso previo de cesamento

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo perderá unicamente o dereito ó cobramento de tódalas percepcións correspondentes ós días de atraso no aviso previo:

Artigo 32º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade profesional.

Establécense as seguintes indemnizacións para os traballadores afectados por este convenio :

A) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

B) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 4.500.000 ptas. no ano 1996, para a cobertura do cal as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que haberán de exhibir ó traballador que así o solicite.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselles á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas de Seguridade Social.

A indemnización comezará a obriga-lo día 1 do mes siguiente ó da entrada en vigor do convenio, e o seu importe considerarase entrega a conta das cantidades que como indemnización con cargo á empresa fixen os tribunais de calquera orde xurisdiccional.

Artigo 33º.-Xubilación.

A) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que cumprisen sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na

empresa

Idade

Meses

indemnización

2 a 52
6 a 103
11 a 20634
21 a 305
Máis de 306
2 a 51
6 a 102
11 a 20643
21 a 304
Máis de 305

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

A) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable. O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

B) Que o traballador leve dous anos: como mínimo, de servicios ininterrompidos na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá ó empresario a lle dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e, ó mesmo tempo, cos seguintes condicionamentos.

A) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro dispoñible, en expectativa de destino ou realizando otras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá serlles comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

B) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

B) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

C) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refieren os apartados inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Artigo 34º.-Organización e productividade no traballo.

A organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa, que se axustará ás normas e recomendacións da ordenanza laboral e a unha productividade correcta no traballo.

As táboas de rendementos mínimos que figuran como anexo no convenio de vixencia do 1 de xuño de 1982 ó 31 de maio de 1984, incorpóranse ó presente convenio como partes integrantes del, sen que se proceda a súa reproducción.

As táboas mencionadas que coinciden en todo, como as vixentes no convenio da construcción de Madrid de 1979 considéranse completadas, en todo momento, coas que fosen incorporadas desde a dita data, ou durante a vixencia do presente convenio sexan incluídas a el, no mencionado convenio para a provincia de Madrid.

Cando se decida obter verificación do cumprimento das táboas dos niveis normais de productivide, e para evitar posibles discriminacións, terán que efectuarse a todo o persoal, de cada centro de traballo, a que fai referencia o presente convenio. A empresa deberá entregarlles ó traballador ou traballadores, suxeitos a tal verificación o parte de traballo, segundo modelo incorporado, como anexo ó presente convenio, no que figurará o nome do dito traballador, a data, a especificación da unidade, e, se é o caso, o número de traballadores implicados na execución dela, así como as súas categorías e un apartado para observacións.

O parte de traballo será cuberto polo mando correspondente e asinado polo traballador, facilitándoselle copia do dito parte.

O cómputo da mediación será referido a cada semana natural de traballo.

As unidades publicadas non serán aplicables a ningún traballador maior de 55 anos, en traballos de carácter individual, pero si nos traballos que poidan realizarse formando equipo ou cuadrilla.

Artigo 35º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En todo momento haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente sobre a materia.

As partes signatarias acordan constituí-la Comisión Mixta Paritaria Provincial Sectorial de Seguridade e Hixiene, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do presente convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

A) Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e higiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento dos plans e medidas formativas.

B) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistrabilidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais, ou no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

C) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendendo como obxecto fundamental o estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando compañas de mentalización, etc.

D) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

Artigo 36º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituí-la Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Formación Profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

A) Requirir das administracións públicas e autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector da construcción e que colabore no desenvolvemento, tanto dos que xa están en marcha como dos que poidan iniciarse en diante.

B) Elabora-los estudios pertinentes de necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada. (Observatorio ocupacional).

C) Elabora-los plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesional de traballadores técnicos, administrativos manuais coas equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.

D) Cantas outras funcións a propia comisión acorde atribuírse encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional de sector no ámbito territorial do convenio.

Artigo 37º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 38º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto no Convenio Xeral do Sector de Construcción e demais lexislación aplicable.

Artigo 39º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe, nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión mixta paritaria, integrada por un presidente, que será o da comisión deliberadora e como vocais un representante por cada unha das centrais sindicales, asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais; sendo secretario o vocal de menor idade.

As partes, poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes someten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación do presente convenio. A este respecto fíxase, como requisito para poder proceder, a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio.

Artigo 40º

No non previsto por este convenio haberá que aterse ó disposto no convenio Colectivo Xeral do Sector da Construcción, e Acordo Sectorial Nacional, e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a Ordenanza laboral da construcción do 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

Calendario laboral correspondente ás actividades de edificación e obras públicas

da provincia de Lugo, para o ano 1996

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1F888FS88D8FD

288S88D8888S8

38SD8888S88D8

48D8FS88D8888

5888FD8888S88

6S88S88S88D8F

7D88D88D8S88S

888888S88D88D

988S88D8888S8

108SD8888S88D8

118D88S88D8888

128888D8888S88

13S88S88S88D88

14D88D88D8S88S

1588888S8FD88D

1688S88D8088S8

178SD8F88S88D8

188D88S88D8888

198088D8888S88

20SFL8S88S88D88

21D88D88D8S88S

2288888S88D88D

2388S88D8888S0

248SD8888S88D0

258D88S8FD888F

268888D8088S88

27S88S88S88D88

28D88D88D8S88S

2988888S88D88D

308S88D8888S0

318D88S80

TOT176152168160168160168160168184160128

Este calendario laboral, foi confeccionado tendo en conta as festas locais de Lugo concello (20 de febreiro e 5 de outubro), no resto dos concellos da provincia, deberán ser substituídas as ditas datas polas propias do seu respectivo concello. Nas localidades onde non se desfrutase o día 19 de febreiro como 0 horas, desfrutarase o día anterior ou seguinte día hábil a unha festividade local.

Co fin de adecua-la xornada anual a 1.768 horas, os traballadores desfrutarán de dúas xornadas non laborables ademais das sinaladas con cero horas, logo da comunicación á empresa cunha antelación de 48 horas, naqueles concellos en que as festividades locais coincidan en sábado ou ponte.

Táboa de retribucións do convenio de edificación e obras públicas

con efectos do 1-1-1996 o 31-12-1996

GratificaciónsAntigüidade mes: de vencemento durante vixencia
CategoríasNiveisSalarioPlus Asist.Plus extraTotalVacaciónsTotal

base

mensual

Prod. e

Punt.

mensual

salarial

mensual

mensualanualXulloNadalanualBienioQuinquenio

Titulado superior e outrosII a VI76.95919.36113.846110.166109.469109.469109.4691.540.2373.0204.191
Capataz e outrosVII76.35518.35213.639108.346108.424108.424108.4241.517.0752.9474.156
Oficial 1ª e outrosVIII75.11216.84113.283105.237106.525106.525106.5251.477.1792.9474.084
Oficial 2ª e outrosIX74.46915.65513.076103.200105.404105.404105.4041.451.4122.9124.049
Axudante e outrosX73.82913.87612.750100.455104.017104.017104.0171.417.0572.8784.013
Peón especialistaXI73.22412.86812.54398.634102.972102.972102.9721.393.8952.8784.013
Peón ordinarioXII72.44111.87212.33496.647101.764101.764101.7641.368.4152.8843.978

Contrato de traballo de persoal fixo de obra

En o....... de de 199....

REUNIDOS: por parte da empresa,

Don/Dona

DNI En concepto de

Empresa Nº CIF

Domicilio

Nº SS empresa

Domicilio centro de traballo

Nº SS centro de traballo

E do traballador,

Don/Dona Nivel de estudios terminados

Data de nacemento DNI

Domicilio

Acordan formaliza-lo presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de, subscrita o día, e

publicado no BOP de Lugo nº....., de data.............., e no seu defecto polo convenio xeral do sector construcción e demais normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servicios na categoría de: na obra de:

1.1. Non obstante, ámbalas partes tamén acordan que o traballador poderá prestar servicios á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición de fixo de obra, devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servicios noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por finalizado, e deberá aboarlle á empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, consistente no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servicios.

2. O tempo convido é o de duración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus servicios, coa particularidade establecida nos apartados 1.1 e 1.2 do presente contrato; a terminación deberá comunicarse cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ó importe dos conceptos salariais correspondentes ós días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por finalizada a relación laboral, sen aviso previo nin formalidade ningunha, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade laboral transitoria do traballador, durante o período de proba, implicará a interrupción deste mentres dura a incapacidade; poderá rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ámbalas partes asinan por cuadruplicado exemplar, o presente documento, en lugar e data indicado.

O/A traballador/aPola empresa

ACORDO SECTORIAL NACIONAL DA CONSTRUCCIÓN PARA 1996

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera, Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT), e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA-CC.OO.), todas ellas en representación laboral, e a Confederación Nacional da Construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da Construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no Art. 3.2º do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), acordan,

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do CXSC, subscrito con data 10 de abril de 1992.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1996, logo da súa publicación no Boletín oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1996.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1996 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contenido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexerá nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1996, os convenios provinciais aplicarán un incremento do tres noventa e cinco por cento (3,95%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no Art. 86.6º do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 6º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 1996 supere o tres con noventa e cinco por cento (3,95%), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no Art. 5.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 7º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1996, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas previstas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporán un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

Artigo 8º.-Materias pendentes de negociación.

As partes acordan constituír, de inmediato, unha mesa de negociación que, antes do 30 de xuño de 1996, estudie as posibles alternativas á problemática que suscita o cumprimento do terceiro fin da Fundación Laboral da Construcción.

Artigo 9º.-Aprendizaxe.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato de aprendizaxe pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de xoves. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso

indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leve a cabo a través das institucións formativas das que se dotou o sector.

2. De conformidade co establecido no apartado 3 da disposición transitoria primeira do CXSC, a presente regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios colectivos provinciais ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos apartados 10 e 11 do presente artigo.

3. O contrato de aprendizaxe terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32. poderán ser obxecto deste contrato de aprendizaxe os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira de CXSC.

5. O contrato de aprendizaxe poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 24 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

6. O tipo de traballo que debe presta-lo aprendiz estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e entibador, nin para aquellas tarefas que expresamente fosen declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

7. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos, sen prexuízo do establecido no apartado 12.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o Art. 29.1.3. do CXSC.

Espirada a duración máxima do contrato de aprendizaxe, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

8. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persona que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có aprendiz.

9. Tódalas accións de formación teórica previstas para os aprendices serán financiadas con cargo ó acordo tripartito de formación continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación preverá a desagregación de partidas e apartados correspondentes á formación en aprendizaxe.

10. As retribucións dos aprendices serás a seguinte:

Táboas salariais de aprendices

De 16 e 17 anos primeiro ano 50%, segundo ano 55%.

De 18 a 26 anos primeiro ano 60%, segundo ano 65%, terceiro ano 70%.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

Aqueles convenios provinciais que á entrada en vigor do presente acordo teñan unha retribución salarial superior ás porcentaxes do primeiro parágrafo deste punto manterana como condición máis beneficiosa ata ser alcanzado por este, quedando en consecuencia conxelados os ditos salarios ata a súa equiparación.

11. O plus extrasalarial regulado no Art. 65.1 do CXSC será devengado polos aprendices en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días en que dure o contrato.

12. Toda situación de incapacidade temporal do aprendiz inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel en que o contrato estivese suspendido.

13. Se concluído o contrato, o aprendiz non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio

obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o aprendiz na súa formación práctica.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

14. No prazo dun ano a partir da sinatura deste acordo e a través da Comisión Paritaria de Formación, fixaranse os niveis e contidos da parte teórica de cada especialidade e as probas prácticas que se van realizar para observa-los progresos realizados e o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 10º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

1. As partes asinantes asumen o contido íntegro do Acordo sobre Solución Extrajudicial de Conflictos Laborais (ASEC) e do seu regulamento de aplicación, publicados no BOE do 8-2-1996, que desenvolverán os seus efectos nos ámbitos do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), co alcance previsto no propio ASEC.

2. O texto do precedente apartado 1 queda integrado e formando parte como apartado 6, do Art. 22 do CXSC, adicionándose a el, con supresión da disposición derrradeira segunda, sobre procedementos arbitrais, do citado convenio xeral.

Artigo 11º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma en que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. O seus acordos interpretativos deste Acordo Sectorial Nacional terán a mesma eficacia que a da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do Art. 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido no Art. 22.6. do CXSC.

Artigo 12º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no Art. 85.2.d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1996.

7335