Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 10 de decembro de 1996 Páx. 11.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Frinova, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frinova, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-9-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 10-7-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de setembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Frinova, S.A. para 1996

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio terá aplicación no centro de traballo de Frinova, S.A., sito no polígono industrial das Gándaras, parcela número 9, O Porriño, Pontevedra.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta a totalidade do persoal de Frinova, S.A., sito no polígono industrial das Gándaras, parcela número 9, O Porriño, Pontevedra, existente no momento do seu asinamento, así como ó que ingrese posteriormente na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 cun período de duración ata o 31 de decembro próximo, e o conxunto do articulado manterá a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a vixencia del, e por disposicións legais, puidesen establecerse.

Salvo o especificado nos artigos 22 e 23 do presente convenio, quen viñese desfrutando dalgunha ou algunhas condicións máis beneficiosas que as aquí establecidas, deberá conservalas.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por tres membros de cada unha das partes, social e económica. Pola parte social, comporase do presidente do comité e un representante de cada central sindical con representación.

Cando para a resolución de calquera asunto non exista acordo, será a Maxistratura de Traballo competente a que decida.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal atendendo á duración do contrato.

O persoal que presta os seus servicios no centro de traballo afectado polo convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixo e eventual.

Artigo 7º.-Persoal fixo.

Terá carácter de fixo o persoal que se precisa con carácter continuo para as actividades da empresa e ocupa un posto de traballo permanente no cadro de persoal dela.

O persoal eventual de factoría e cámaras con categoría de mozo ou aprendiz que pase á situación de persoal fixo ascenderá automaticamente á categoría de operario de segunda; transcorrido un ano desde o seu paso á situación de fixo ascenderá á categoría de operario.

O persoal eventual do taller mecánico con categoría de aspirante que pase á situación de persoal fixo ascenderá a automaticamente á categoría de oficial de terceira; transcorrido un ano desde o seu paso a esta situación, ascenderá a oficial de segunda.

Artigo 8º.-Persoal eventual.

É o que, en situacións extraordinarias, se contrata por tempo fixo e para un traballo temporal e determinado.

A duración do contrato estará en función da duración do traballo para o que foi contratado, observando sempre na súa contratación o disposto no Estatuto dos traballadores e real decreto baixo o acollemento do cal fosen contratados e o seu contrato individual asinado e selado pola correspondente oficina de emprego, a copia básica do cal se entregará puntualmente á representación dos traballadores.

Artigo 9º.-Clasificación do persoal atendendo ó grupo profesional.

O persoal ó servicio da empresa, incluído no ámbito de aplicación deste convenio, queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais:

I. Persoal técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal obreiro e actividades auxiliares.

Artigo 10º.-Definición e grupos profesionais.

I. Técnicos: clasifícanse neste grupo os que realizan traballos que esixan, con titulación ou sen ela, unha adecuada competencia ou práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O dito grupo, á súa vez, clasifícase nos seguintes subgrupos:

1. Técnicos con título superior.

2. Técnicos con título non superior.

3. Técnicos non titulados.

II. Administrativos: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior.

III. Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo ó persoal que exerce fundamentalmente traballos de índole material ou mecánico, e englosa o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como ó persoal subalterno.

Artigo 11º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo ou na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta en primeiro lugar o persoal de Frinova, S.A., en segundo lugar os fillos dos traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolle-lo emprego, en calquera caso, se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións non sexan inferiores ás doutro candidato.

A empresa fará pública a existencia de vacantes ou novos postos mediante nota para tal efecto no taboleiro de anuncios con 15 días de antelación á data prevista para cubrilos.

O comité participará co mesmo número de vocais que a empresa para o control da cualificación nas probas que fosen necesarias para a selección do persoal, se ben non exercerán veto sobre a decisión do empresario, limitándose a súa acción ó prescrito pola lexislación vixente.

Artigo 12º.-Horarios de traballo.

A xornada de traballo especifícase nos horarios que se detallan a continuación:

Factoría.

Quenda de mañá: de luns a venres de 6 a 14 horas, con descanso de 15 minutos a cargo da empresa.

Quenda de tarde: de luns a venres de 14 a 22 horas, con descanso de 15 minutos a cargo da empresa.

Quenda de noite: de luns a venres de 22 a 6 horas, con descanso de 15 minutos a cargo da empresa.

Técnicos e administrativos.

Primeira quenda:

-Inverno: de luns a venres, mañá de 8 a 14 horas e tarde de 15 a 17.5 horas.

-Verán: de luns a venres, de 8 a 14.30 horas.

Segunda quenda: de luns a venres, mañá de 9 a 13.30 e tarde de 14.45 a 18 horas todo o ano.

Terceira quenda: de luns a venres, mañá de 8 a 14 e tarde de 15.30 a 17.15 horas todo o ano.

Almacéns.

Primeira quenda: de luns a venres de 6 a 14 e de 14 a 22 horas con descanso de 15 minutos por quenda a cargo da empresa.

Segunda quenda: de luns a venres, mañá de 8 a 14 e tarde de 15.30 a 17.15 todo o ano.

Cámaras.

Quenda de mañá: de 8 a 16 horas.

Quenda de tarde: de 16 a 24 horas.

Quenda de noite: de 24 a 8 horas.

Tódalas quendas descansarán 15 minutos a cargo da empresa.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

De acordo coas disposicións vixentes sobre convenios colectivos, é obxecto deles o incremento de productividade nas empresas. Ó longo de 1996, cando as circunstancias o aconsellen, a empresa poderá implanta-lo sistema de remuneración por primas de producción, con carácter xeral, por seccións ou quendas de traballo, de acordo coas circunstancias e as posibilidades perseguidas, podendo ser substituído con carácter xeral por seccións ou quendas de traballo, cando as circunstancias o aconsellen, logo de acordo co comité de empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, incluídos traballadores eventuais con contratos para a formación, terá 30 días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do salario da táboa anexa máis antigüidade.

O 24 de decembro e o 31 de decembro considéranse non laborables para todo o persoal.

Outórgase un día laborable de vacacións que se desfrutará nunha das pontes do ano.

A forma de desfrute das vacacións para o persoal da sección industrial fixarase nun plan de quendas que elaborará a dirección de acordo co comité e que se publicará debidamente.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións, estableceranse de mutuo acordo, de modo que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

En canto ás vacacións do persoal masculino que, polo seu traballo, debe cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal modo que ós que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixan, ó ano seguinte lles corresponderán as datas alternativas.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo cos seus xefes respectivos.

Persoal en xeral: do 15 de xuño ó 15 de setembro.

Períodos oficiais de vacacións para 1996:

Do 1 ó 3 de abril, todo o persoal.

Dúas quendas de vacacións en verán:

Primeira quenda: do 8 de xullo ó 4 de agosto, incorporándose o 5 de agosto.

Segunda quenda: do 22 de xullo ó 18 de agosto, incorporándose o 19 de agosto.

Día 23 de decembro, todo o persoal.

Día 30 de decembro, vacacións ponte, todo o persoal.

Teranse en conta as normas fixadas no E.T. e demais vixentes á hora de fixa-los calendarios de vacacións por quendas.

Ó persoal que por necesidades da empresa non desfrute das súas vacacións nos períodos oficiais fixados, retribuiráselle un complemento de 20.000 ptas.

O persoal que no período oficial se atopase en situación de I.T. poderá desfrutar das súas vacacións durante o resto do ano.

Artigo 15º.-Bolsa de vacacións.

A todo o persoal afectado polo presente convenio, coa excepción dos traballadores da sección industrial baixo contratos temporais, a empresa retribuiralle unha bolsa de vacacións de 70.000 ptas. para o ano 1996, que se aboará o 31 de agosto.

Artigo 16º.-Traballo en cámaras.

A dirección da empresa coidará de que se distribúa o traballo de forma tal que non se prolonguen os períodos de estadía ininterrompida do persoal no interior das cámaras de conservación de productos conxelados por máis dunha hora. Deberán permanecer fóra delas por igual período de tempo exercendo outra actividade.

O persoal que realice o seu traballo a temperatura entre 0 e 10 graos centígrados cobrará un plus equivalente ó 10% do salario base.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un plus equivalente ó 25% do salario base.

Artigo 17º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio, con igual tratamento para matrimonios que para parellas estables, terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

A) Matrimonio: quince días naturais.

B) Iluminación da esposa: tres días naturais.

C) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais ou fillos: cinco días naturais. Pais políticos: tres días naturais (deben presentar certificado médico).

D) Falecemento do cónxuxe, pais ou fillos: tres días retribuídos e dous sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; catro días retribuídos e un día sen retribuír se é no resto de Galicia e cinco días retribuídos no resto de España.

E) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos, tías, tíos, tías e tíos políticos e sobriños en primeiro grao: un día.

F) Falecemento de avós, netos, pais políticos e irmáns: dous días.

G) Por intervención cirúrxica, sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos: un día.

H) Por cambio de domicilio: un día.

I) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, con xustificante médico: un día.

Nos casos en que teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a calquera parte de Galicia, fóra da provincia de Pontevedra por enfermidade, un día retribuído; a Madrid e outras cidades fóra da comunidade galega, tres días; e cando esta saída fose a Madrid como consecuencia de intervención cirúrxica ou internamento, cinco días. Acreditarase, en todo caso, con certificado médico.

Os casos non incluídos nos puntos anteriores estudiaraos a dirección da empresa para resolvelos adecuadamente.

Para consultas médicas: catro horas para todo o persoal, sempre e cando acudan o resto da xornada á empresa se lles é posible, excepto para o persoal ó que polo seu afastamento lle é máis difícil, Moaña, Cangas e Domaio, que terán todo o tempo que lles dure a consulta, debidamente acreditado.

Artigo 18º.-Licencias non retribuídas.

Sobre licencias non retribuídas haberá que aterse ó disposto polas leis respectivas.

Artigo 19º.-Excedencias.

Terá dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores. Manterase unha opción preferente para vacantes en igual ou similar categoría laboral.

A empresa obrígase para o persoal feminino da sección industrial, á readmisión das solicitantes, cando estas a cursasen, polo menos con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Artigo 20º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiario adecuado ó traballo que realiza.

En tal caso a empresa proverá o vestiario correspondente.

A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, serán consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais do traballo e do seu estudio técnico-sanitario así como do informe que en caso emita o comité de seguridade e hixiene.

O dito vestiario será de dous equipos anuais e un par de zapatos. A aqueles que por necesidades do posto de traballo o necesiten, facilitaráselles un par adicional.

Ó persoal de mantemento facilitaráselle dúas fundas, dous traxes de frío e un par de botas, distribuídos segundo as súas necesidades.

O persoal de nova incorporación será dotado do vestiario preciso unha vez superado o período de proba.

Inclúese unha peza de abrigo, consistente nun xersei, que se distribuirá a principios da tempada de inverno, para todo o persoal da sección industrial e actividades relacionadas con ela, que deberá ser usado por debaixo do uniforme.

O vestiario distribuirase antes do 31 de maio.

Artigo 21º.-Salarios.

A partir do 1 de xaneiro de 1996, rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 3,5% máis 2.000 ptas. cada unha das 16 pagas, incrementado o plus convenio. O incremento porcentual, é dicir, o 3,5%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, agás bolsa de vacacións, fondo social e seguro de accidentes.

Artigo 22º.-Traballos penosos, insalubres, perigosos e nocivos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

As primas por serra, prima porcionadora, primas producción, primas maquinista, caprichos e as primas de rebozado incrementaranse a 59 ptas./hora.

Artigo 23º.-Plus de tarde.

Incrementarase o plus de tarde na mesma porcentaxe que os salarios.

Artigo 24º.-Plus de noite.

O persoal que traballe na dita quenda recibirá unha prima do 25% sobre o salario base, por día traballado.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de trienios do 6% sobre salario base. Terán, como mínimo, por este concepto o salario mínimo interprofesional.

A dita antigüidade contarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpre o trienio.

Artigo 26º.-Horas extras.

Durante a vixencia deste convenio aboaranse as horas extras incrementándoas nun 3,5% o valor que tiña o 31 de decembro de 1995.

As horas extras que se efectúan a partir das 22 horas serán aboadas como segundas horas.

A empresa facilitaralle ó comité mensualmente un resumo co número de horas extras realizadas por paso e a súa retribución.

Artigo 27º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluídos os traballadores baixo contratos para a formación, desfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidades máis os complementos salariais que correspondan, como se vén facendo ata a data.

As ditas pagas corresponden a:

A) O día 15 de marzo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano en que se paga.

B) O día 15 de xullo. O período de devengo é do 1 de xaneiro ó 30 de xuño do ano en que se paga.

C) O día 15 de outubro. O período de devengo é do 1 de outubro do ano anterior ó da paga ata o 30 de setembro do ano en que se paga.

D) O día 15 de decembro. O período de devengo é do 1 de xullo ó 31 de decembro do ano en que se paga.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres.

A paga correspondente ó 15 de marzo para o persoal que ingrese durante o ano farase efectiva o día 31 de decembro, e aboaranse en parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo, e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade, ou cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica.

Artigo 28º.-Plus de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de plus de distancia a cantidade que figura na táboa anexa.

Artigo 29º.-Plus de asistencia.

Así mesmo, todo o persoal, como premio por asistencia ó traballo, percibirá a cantidade que figura na táboa anexa.

Artigo 30º.-Axudas de custos.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en máis de 4 horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de 1.610 ptas. Deberá entón partirse a xornada laboral considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo as circunstancias, para poder realiza-la dita comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen máis de dúas horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

O persoal que realice xornada partida cobrará unha axuda de custos de 1.610 ptas/día.

Os sábados que se precise realizar horas extras por máis de seis horas establecerase un descanso para comer de 30 a 60 minutos e aboarase a axuda de custo cando se continúe por dúas ou máis horas.

Artigo 31º.-Accidentes.

Percibirase a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 32º.-Anticipos.

Para os casos de necesidade de acordo entre o comité e a dirección da empresa, adiantarase un máximo de dúas mensualidades, deducíndose en partes iguais nas catro pagas extras seguintes.

A empresa fixa un tope de 2.000.000 de ptas. para o montante total de anticipos concedidos e non recuperados. Isto quere dicir que non se concederán novos anticipos en canto non se reembolsase á empresa a cantidade necesaria para a concesión solicitada. Deberá espera-lo traballador a que se dispuxese destes fondos para desfrutar do anticipo solicitado.

Artigo 33º.-Traslados ó Porriño.

A empresa aboará os desprazamentos de Frinova ó Porriño e viceversa para saídas xustificadas e necesarias. En caso de urxencia a empresa aboará taxis, ambulancia ou o que fose necesario desde a factoría ó centro médico.

Artigo 34º.-Fondo social.

A empresa destinará 3.302.500 ptas. para o ano de vixencia do convenio ó fondo social, que será distribuído polo comité de empresa para bolsas de estudio e outros fins sociais. A dita cantidade, acumulada ós restos que puidesen quedar do ano anterior, será distribuída durante o presente ano entre o todo o persoal afectado polo presente convenio.

Artigo 35º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos para todo o persoal da empresa. Non obstante, a comisión paritaria do convenio realizará os trámites precisos co obxecto de xestionar perante a Administración a posibilidade de xubilar anticipada e voluntariamente, co 100% do seu sala

rio de cotización, a tódolos traballadores maiores de 60 anos. Se a empresa decidise cubrir esas baixas, terá en conta o disposto no artigo 11.

Artigo 36º.-Premio xubilación.

Ó se produci-la xubilación, no mínimo que dispón a lei, a quen leve máis de 20 anos na empresa, esta concederalle un premio de dúas mensualidades. Se a dita xubilación se anticipa ó mencionado mínimo, será gratificado con 15 días máis por ano de anticipación.

Artigo 37º.-Seguro de accidentes.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

1.1. Por accidente non laboral.

1.1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade 6.999.874 ptas.

1.1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 6.999.874 ptas. para os primeiros casos, 13.999.748 ptas. para os segundos e 27.999.497 ptas. para os terceiros.

1.2. Por accidente laboral.

1.2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de 6.999.874 ptas.

1.2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de 6.999.874 ptas. para os primeiros casos, 13.999.748 ptas. para os segundos e 27.999.497 ptas. para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite ó traballador de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite ó traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos esenciais da vida como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros, cunha copia oficial que se entregará ó comité de empresa.

Artigo 38º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa seguirá respectando as disposicións en vigor en relación coas garantías dos representantes dos traballadores.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario acumularase anualmente, e non se computará para efectos de cálculo de índices de absentismo.

Artigo 39º.-Mobilidade funcional dentro da empresa Frinova, S.A.

1. Cada traballador quedará encadrado dentro dun grupo profesional.

2. A prestación debida por cada traballador quedará delimitada polo seu grupo profesional e, se é o caso, polos grupos profesionais equivalentes.

3. A mobilidade funcional considérase dentro do grupo profesional sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción. Pode darse excepcionalmente mobilidade funcional con outro grupo profesional equivalente, de acordo coa formación e experiencia profesional do traballador, logo de acordo do comité de empresa para valorar que as causas que o producen son o suficientemente xustificables.

Artigo 40º.-Formación do persoal.

A empresa concede prioridade de elección de horario e quenda entre os traballadores da súa categoría para os que compatibilicen estudios regrados, conforme o que se expresa nos artigos 22, 23, 24 e 25 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Regulamento de réxime interno.

Segundo o acordo entre empresa e comité, do 19 de febreiro de 1991, aquela comprométese a elaborar un proxecto de Regulamento de réxime interno que entregará ó comité para o seu estudio, co fin de chegar a un documento final consensuado, que se presentará á asemblea de traballadores e que conterá tódolos detalles posibles relativos á organización do traballo, responsabilidades, categorías, faltas, sancións e todo o que poida resultar de común interese para as relacións entre o traballador e a empresa. Este documento revisaríase anualmente.

Artigo 42º.-Transporte.

Todo o persoal ten dereito a desfrutar dos servicios de autobús nos percorridos e condicións actuais.

Artigo 43º.-Complemento por I.T.

Todo traballador que estea en situación I.T., calquera que sexa a súa causa, con efectos a partir do 1 de xaneiro e ata o 30 de xuño de 1996, percibirá da empresa un complemento ata o 100% das súas retribucións, como se estivese traballando.

No mes de xullo de 1996, avaliarase conxuntamente entre a dirección da empresa e o comité de empresa a evolución do absentismo habido no primeiro semestre de 1996, para determina-la apli

cación deste artigo no segundo semestre de 1996, tomando como punto de referencia o índice de absentismo (por pasos) media do segundo semestre de 1995.

* Cláusula adicional.

O presente convenio está subscrito pola comisión negociadora formada por parte da empresa por Fernando Ilarri, director de Persoal e Recursos Humanos do Grupo Pescanova, Santiago Gómara Millán, director xerente María Carmen Carpio Pimentel, xefe dos Servicios Administrativos e Alberto Durán Iglesias, xefe de Persoal de Frinova, S.A.

Por parte do comité de empresa: Dolores Fernández Lorenzo e Carlos Lago Rodal, de Comisións Obreiras (CC.OO.), Teresa Areal Carballido e Amalia Abalo Carrera, de Unión Xeral de Traballadores (UGT); José Ramón Pereira e María Dolores López Iglesias, de Confederación Intersindical Galega (CIG) e Javier Portela Alonso e José Benito Alonso González como independentes.

Subscriben o presente convenio os que asinan abaixo, como integrantes da comisión negociadora.

Polo comité:Pola empresa:

Frinova, S.A.

Táboa salarial 1996

Categoría

Salario

base

Plus de

asistencia

Plus

convenio

Plus de

distancia

Traballos

especiais

Plus de

tarde

Locomoción

Total

bruto mes

Total

bruto ano

-Titulados
Grao superior e asimilados88.2937.592158.03311.17229.511294.6014.565.204
Grao medio e asimilados66.4335.70298.2757.53829.511207.4593.178.492
Titulados Univers. en prácticas66.4332.21711.1578.77488.5811.408.428

-Administrativos
Xefe de primeira80.0306.444144.68311.17129.511271.8394.205.604
Oficial de primeira66.4336.59464.1728.774145.9732.309.192
Oficial de segunda66.4336.59457.8118.774139.6122.207.416
Secretaria66.4335.70238.7858.763119.6831.892.120
Auxiliar de primeira66.4336.14726.1278.938107.6451.697.732
Auxiliar de segunda66.4335.70218.0098.90399.0471.561.944
Telefonistas66.43310.62277.0551.232.880
Aspirantes/bolseiros66.43311.15777.5901.241.440

-Taller mecánico
Xefe de equipo66.4336.56973.3089.6042.9042.718161.5362.547.428
Oficial de primeira mecánico66.4336.56964.0399.6042.9042.718152.2672.399.124
Oficial de segunda mecánico66.4336.56951.9159.604134.5212.126.060
Oficial de terceira mecánico66.43317.7589.6042.90496.6991.547.184
Aspirante mecánico66.43310.6232.56779.6231.273.968
Oficial de primeira electricista66.4336.56973.3089.6042.9042.718161.5362.547.428
Oficial de segunda electricista66.4336.56946.9749.6042.9042.718135.2022.126.084
Oficial de terceira electricista66.43317.7589.6042.90496.6991.547.184
Aspirante electricista66.43310.6232.56779.6231.273.968
Peón especialista66.4332.75130.0118.2252.904110.3241.754.180
Frigorista66.4336.56951.53716.5602.904144.0032.277.772
Axudante frigorista66.43310.6232.56779.6231.273.968

-Factoría
Xefes de producción88.2937.486128.66211.94829.511265.9004.106.412
Encargados66.4338.03150.60710.3963.3822.718141.5672.222.076
Especialistas/carretilleiros66.4336.56920.7629.60416.6082.718122.6941.925.956
Operarios/as66.4336.86625.54711.0352.9042.718115.5031.809.712
Operario de segunda66.43316.1657.0832.9042.71895.3031.513.976
Mozo66.43311.05977.4921.239.872
Aprendiz66.43310.62277.0551.232.880

-Cámaras e almacéns
Xefe de primeira80.0306.444144.68311.17129.511271.8394.205.604
Oficial de primeira66.4336.59464.1728.774145.9732.309.192
Oficial de segunda66.4336.59457.8118.774139.6122.207.416
Especialistas/carretilleiros66.4336.56920.7629.60416.6082.718122.6941.925.956
Operarios66.4336.86625.54711.0356.6432.718119.2421.869.536
Operarios de segunda66.43316.1657.0836.6432.71899.0421.573.800
Mozos66.43311.0596.64384.1351.346.160

-Proceso de datos
Programador66.4335.70270.1837.53829.511179.3672.729.020
Operador66.4335.70263.8247.53829.511173.0082.627.276

-Oficina técnica
Oficial técnico66.4336.59462.1488.774143.9492.276.808
Auxiliar de almacén66.43313.00779.4401.271.040

-Novos productos
Axudante de laboratorio66.4335.70244.6368.7742.9042.718131.1672.064.992
Operario66.4336.86625.54711.0352.9042.718115.5031.809.712
Operario de segunda66.43316.1657.0832.9042.71895.3031.513.976
Cociñeira66.4335.70242.0608.7742.904125.8731.991.160

8890