Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (149/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de divorcio (5*) 149/1996, notifícaselles ós demandados a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor seguinte:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz de primeira instancia e instrucción desta cidade e o seu partido os autos de xuízo de divorcio (5*) 149/1996, promovidos por Victoria Eugenia Díaz Pérez como demandante, contra Raúl Graña Reino como demandado.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Treus Blanco, en nome e representación de Victoria Eugenia Pérez, contra Raúl Graña Reino, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio formado por Victoria Eugenia Díaz Pérez e Raúl Graña Reino. En canto ás medidas que se refiren ó artigo 91 do Código Civil, mantense o acordado na sentencia de separación. Todo isto sen facer unha especial condena nas custas procesuais causadas. Firme esta resolución, expídase o oportuno despacho ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio para a anotación marxinal deste na súa inscrición rexistral. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación no termo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado Raúl Graña Reino, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

96-8663