Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (462/1996-V).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado e co nº 462/1996-V se tramitan autos de xuízo de faltas por ameazas, e nestes autos acordouse citar a Dolores Álvarez Álvarez para que compareza na Sala de Audiencias número catro deste xulgado, sito no Palacio de Xustiza, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela,

o próximo día catorce de febreiro ás once dez horas co fin de asistir como denunciada á celebración do xuízo, debendo comparecer provista do seu DNI e, se for parte, cos medios de proba que coide convenientes, baixo apercibimento de que se no o fixer recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de citación en forma ó expresado demandado e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, o catro de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

8662