Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.128

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (43/1996).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, fai saber que neste xulgado, baixo o número 43/1996, se seguen autos de xuízo de faltas, sendo partes como denunciante Saladina Gerpe Río e como denunciado José Lampón Gerpe, recaída sentencia o 18 de xullo de 1996 que ten o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Negreira o 18 de xuño de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas seguidos co número 43/1996, por presuntas faltas de malos tratos de obra e ameazas, e no que foron partes o Ministerio Fiscal, exercendo a acción pública, María Saladina Gerpe Río, maior de idade e veciña de Santa Comba, como denunciante e José Lampón Gerpe, tamén maior de idade e veciño de Oleiros (A Coruña) como denunciado.

Decido que con declaración de oficio das custas procesuais, debo absolver e absolvo, libremente, da falta que deu lugar a este procedemento a José Lampón Gerpe.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado María Cristina Navares Villar».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación a José Lampón Gerpe, que se encontra en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Negreira o 28 de outubro de 1996.

María Luisa Montejo García

Secretaria

7926