Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.127

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (439/1996).

Dosinda Álvarez Gómez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de cognición 439/1996, seguidos por instancia de Harinas Arias Alfageme, S.A., que actúa representado pola procuradora Bibiana Flores Rodríguez, contra herdeiros desconocidos e inciertos de Ramón Castro Patiño e esposa María Luisa Pardo Suárez, sobre reclamación de cantidade. Nas actuacións, e por resolución do día da data, acordouse empraza-los herdeiros descoñecidos e incertos de Ramón Castro Patiño co fin de que, no termo improrrogable de nove días, comparezan nestes autos e contesten á demanda por escrito e coa sinatura do letrado, prevíndoos de que, se non o verifican así, será declarada a súa rebeldía, e o preito seguirá

o seu curso e recaerán sobre eles os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado, herdeiros descoñecidos e incertos de Ramón Castro Patiño, expido este edicto na Coruña o dezasete de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

8211