Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da rectificación do convenio colectivo de transporte de viaxeiros por estrada.

Visto o expediente da rectificación do convenio colectivo de referencia, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-10-1996, subscrito pola comisión paritaria o día 17-10-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña o 17 de outubro de 1996, sendo as 18.30 horas, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña, composta polos seguintes señores:

Parte empresarial:

Vicente López-Perea y Lloveres.

Jaime López Pardo.

Benito Couceiro Naveira.

Asesores:

Miguel Sande Silva.

Javier García Ruiz.

Parte social:

José Montero Fernández.

Antonio Salido Iglesias.

Jesús Santos Sánchez.

Asesores:

Manuel Santiso Iglesias (UGT).

Fernando Solla Fernández (CIG).

Santiago Fernández Rodríguez (CIG).

José Manuel Lado Lestón (CC.OO).

Aberta a sesión, desenvolvendo a orde do día, as partes constatarón que, por erro material, non se incluíu no texto do convenio, publicado no BOP da provincia, o seguinte:

Disposición adicional segunda

Nos contratos de longa duración ós que se alude no artigo 29.c) inserirase, para mellor coñecemento das partes do réxime legal e do contido dos dereitos e obrigas do contrato, a seguinte cláusula:

Cláusulas adicionais.

Primeira.-O presente contrato concértase, con base nas esixencias circunstanciais do mercado, ó abeiro do establecido no artigo 15.1.b do Estatuto dos traballadores, Real decreto 2546/1994 e artigo 29.c) do vixente convenio colectivo sectorial de transporte de viaxeiros en autobús por estrada da provincia da Coruña. En canto ó contido concreto de dereitos e obrigas derivados do presente contrato, observarase o establecido no artigo 29.c) do convenio colectivo citado, en canto non se contradiga con normas de superior rango e obligado cumprimento e, subsidiariamente, o establecido no artigo 15.1.b) e R.D. citados.

Para os efectos previstos no artigo 3.2 b) in fine, do R.D. 2546/1994, a data de producción das causas motivadoras do contrato é a do 1 de xaneiro de

1996, de conformidade co establecido no primeiro parágrafo do artigo 29.c) en relación co artigo 2 do vixente convenio colectivo sectorial.

E en proba de conformidade e para a súa publicación no BOP, asinan os presentes.

8964