Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.125

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión mixta paritaria, en funcións da comisión deliberadora, prevista no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construcción, para a corrección de erros.

Visto o texto do acordo asinado o día 17 de setembro de 1996, pola comisión mixta paritaria, en funcións de comisión deliberadora, prevista no convenio colectivo para o sector materiais e prefabricados da construcción (código 2700395), da pro

vincia de Lugo, integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción e das centrais sindicais UGT, USO e CC.OO., mediante o que se acorda a subsanación de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do dito acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de outubro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

NOTA: as correccións xa están feitas no convenio.

8630