Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio do metal.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector comercio do metal (código 2700185) da provincia de Lugo, asinado o día 6 de setembro de 1996, pola representación da Asociación de Empresarios do Metal e das centrais sindicais UGT, CC.OO., CIG e USO e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de setembro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo provincial do comercio do metal

Artigo 1º

O presente convenio ten como obxecto establecer certos criterios particulares, non recollidos na lexislación laboral, para as melloras das relacións laborais das empresas por el afectadas.

Artigo 2º

No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectará a tódalas empresas e ós cadros de persoal de traballadores a elas pertencentes, situadas na provincia de Lugo que se rexan polo acordo para a substitución da ordenanza de comercio publicado no BOE do 9 de abril de 1996, e figuren encadradas, en canto á súa actividade se refire, no sector do metal. Exceptuaranse aquelas empresas que no día da data teñan aprobado convenio colectivo de empresa ou estean pendentes da súa aprobación.

Artigo 3º

A vixencia do presente convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 1996, ata o 31 de decembro de 1997, con independencia da súa publicación no BOP.

As partes comprométense, en caso de constituírse unha mesa de negociación de ámbito autonómico, a acudir ás citadas negociacións.

Artigo 4º

En todo o que non estea previsto no presente convenio serán de aplicación as normas legais de carácter xeral do acordo para a substitución da ordenanza laboral para o comercio coas súas modificacións posteriores e os regulamentos de réxime interno da empresa, respecto a aquelas que os teñan vixentes.

Artigo 5º

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas. Dentro das condicións pactadas respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí dictadas, manténdose as ad personam en canto excedan o cómputo anual.

Artigo 6º

As empresas do ámbito deste convenio terán que ter exposto nos seus centros de traballo un exemplar del para debido coñecemento de todo o persoal.

Artigo 7º

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano, integrado por 6 representantes da asociación empresarial asinante e 6 das centrais sindicais asinantes ( 1 USO, 2 CIG, 1 UGT e 2 CC.OO.); cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. En caso de non chegarse a acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do servicio de mediación, arbitraxe e conciliación (SMAC), AGA e xurisdicción competente.

Artigo 8º

Para 1996, o salario base será o que consta no anexo deste convenio, o que supón un incremento dun 3,75% respecto dos salarios do ano 1995, e aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1996.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1997, o incremento salarial será do IPC previsto polo goberno para o ano 1997.

Artigo 9º

Con carácter de complemento salarial, aboaranse dúas gratificacións extraordinarias, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade cada unha delas, debendo facerse efectivas o día laborable inmediatamente anterior ó 22 de xullo e 22 de decembro, respectivamente. Así mesmo, con idéntico carácter de complemento salarial, aboarase nos tres primeiros meses de cada ano unha paga denominada de beneficios, igualmente a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 10º

O persoal afectado polo presente convenio, gozará dunhas vacacións anuais de 30 días naturais ininterrompidos, salvo acordo contrario das partes. A época do seu goce será preferentemente entre os meses de xuño, xullo, agosto, setembro e outubro. O salario que se percibirá durante elas virá determinado polo salario base, antigüidade e sobresoldo de transporte.

Artigo 11º

Establécese un sobresoldo de transporte mensual para tódalas categorías, consistente en 4.070 ptas.

Artigo 12º

A xornada laboral para 1996 queda fixada en 1.797 horas anuais de traballo efectivo, distribuíndose de luns a venres, ámbolos dous incluídos. Para o ano 1997, a xornada fíxase en 1.792 horas nos mesmos termos, salvo o disposto nos artigos 13 e 13 bis.

Artigo 13º

A empresa queda facultada para nomear un servicio en sábados, co obxecto de manter un nivel de asistencia ó público, así como, de se-lo caso, funcións de mantemento en xeral, que en ningún caso será superior ó 50% do cadro de persoal. Ningún traballador estará obrigado a prestar servicios dous sábados seguidos.

Aqueles traballadores que presten servicios os sábados, gozarán dun descanso equivalente o luns, de forma que gocen dun descanso ininterrompido de 48 horas, salvo que por acordo entre a empresa e traballadores decidan manter ou establecer outro sistema de descanso, incluso aquel que viñesen utilizando na actualidade.

Artigo 13º bis.

Os traballadores que realicen a súa xornada en domingo ou festivo terán dereito a un descanso compensatorio de dous días por cada domingo ou festivo traballado, a desfrutaran dentro dos dous meses seguintes, segundo acordo entre a empresa e o traballador.

Artigo 14º

A antigüidade consistirá no aboamento de cuadrienios a razón dun 5% dos distintos salarios base do presente convenio.

Artigo 15º

A todo traballador que cese no traballo por solicitude de pensión de vellez, levando 15 anos de antigüidade na empresa, esta aboaralle como premio o importe dunha mensualidade dos seus salarios, mensualidade que se verá sucesivamente incrementada noutra, por cada 10 anos que excedan dos 15. Igual criterio seguirase cando o traballador sexa declarado afecto de incapacidade permanente, calquera que sexa o seu grao, e sempre que iso determine o seu cesamento na empresa.

Artigo 16º

Para o ano 1996 establécese unha cláusula de revisión no caso de que o IPC real estatal ó 31 de decembro de 1996 rexistrase un incremento superior ó 3,5%. Nese caso efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra, con efectos do 1 de xaneiro de 1996, servindo de base para o incremento do ano 1997.

Para o ano 1997 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de

decembro de 1997 rexistrase un incremento superior ó IPC previsto polo goberno. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, con efecto a 1 de xaneiro do 1997, servindo de base para o incremento do ano 1998.

Artigo 17º

Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas lles provexan de tres fundas ou pezas de roupa similar cada ano, de uso obrigatorio, prohibíndose salvo para o seu lavado, e con permiso da empresa sacar fóra dos seus locais tales pezas de roupa. As asignadas ó persoal técnico e administrativo serán adecuadas ás súas funcións.

Artigo 18º

Avisando coa debida antelación, o traballador terá dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio do traballador.

b) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns do traballador.

c) Dous días naturais nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parente ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de catro días.

d) Un día natural por traslado de domicilio habitual.

Estes permisos serán retribuídos a razón do salario base e antigüidade -na proporción que corresponda.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexorable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á compensación económica.

Artigo 19º

Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá 3.260 ptas. diarias por axuda de custo completa, e 1.470 ptas. diarias por media axuda de custo, ou os gastos a xustificar, á elección da empresa.

Artigo 20º

As empresas concederán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos de antigüidade na empresa, como mínimo, se xubilen voluntariamente durante a vixencia do presente convenio. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos, 700.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos, 600.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos, 500.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos, 400.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos, 200.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 65 anos, unha mensualidade de salario máis antigüidade.

Para a súa percepción terán que solicitarse no prazo de tres meses, desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas soamente se lles concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 21º

As empresas subscribirán en favor dos traballadores unha póliza de seguros que cubra, no caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente nos graos de total, absoluta, e grande invalidez, nas contías de 2.500.000 e 3.000.000 de ptas., respectivamente.

A obriga de contrata-la póliza na contía que se incrementa con respecto á do convenio anterior entrará en vigor a partir dos 60 días da publicación deste convenio no BOP para as empresas que non a tiñan contratada por non telo solicitado os traballadores. Nos demais casos, a obriga de contrata-la póliza na cuantía que se incrementa con respecto o convenio anterior, entrará en vigor a partir dos 30 días da publicación deste convenio no BOP.

Non obstante a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convido considerarase como percibido á conta da indemnización que, se é o caso puidesen declarar, con cargo á empresa, os tribunais de xustiza na vía penal, compensándose ata onde aquela non alcance.

Artigo 22º

As empresas crearán un fondo de préstamos para os seus traballadores. Para a súa concesión, así como para a determinación da súa contía, haberá que aterse ó mutuo acordo da empresa e o traballador. O mencionado préstamo non reportará xuros e a súa devolución deberá efectuarse no tempo que acorden empresa e traballador.

As solicitudes de préstamos traerán como causa a adquisición de vivenda, automóbil, aboamento de gasto de enfermidades, etc.

Artigo 23º

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios do Metal de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector do metal, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e a súa programación, tanto ocupacional como, regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar planos formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 24º

A parte empresarial e a parte social acordan manifesta-la súa vontade de camiñar cara á unificación, nun só texto, do articulado dos convenios do siderometal e comercio do metal da provincia de Lugo.

Artigo 25º

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo estarán obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene ou a través da Mutua Patroal de Accidentes de Traballo. As empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para a realización destes recoñecementos, logo da citación por escrito, na que deberá figura-lo día e a hora.

Artigo 26º

As partes signatarias acordan constituír unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Seguridade e Hixiene no Traballo, integrada por un representante da cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de empresarios do metal de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas dúas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo da convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da Comisión de Seguridade e Hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestarlles asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos competentes.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lle realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade

e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 27º.-Liquidación.

Nos casos de terminación de contrato ou baixa voluntaria do traballador entregaráselle ó traballador copia da liquidación con tres días de antelación ó cesamento.

Artigo 28º.-Cláusula de descolgue.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás seguintes normas en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida solicita-la inaplicación do incremento salarial pactado no presente convenio.

a) Comunicar por escrito as súas pretensións á representación dos traballadores e á comisión paritaria do convenio dentro dos 10 días naturais seguintes á publicación do mesmo no boletín oficial correspondente.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais posteriores á comunicación anterior achegará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición:

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

2. Orzamento e conta de resultados dos dous anos anteriores.

3. Orzamento e previsións do ano en curso.

4º.- Informe relativo á situación dos aspectos financeiros, productivos, comerciais e de cotización á Seguridade Social e Facenda.

c) En vista da documentación achegada, se no prazo de 10 días non se acadase acordo remitirase á Comisión Paritaria a resolución da discrepancia, así como a documentación sinalada no punto b), a cal no prazo máximo de dez días resolverá a cuestión presentada. Se neste prazo a comisión non resolvese a dita cuestión, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA I do 4 de marzo de 1992.

d) Nas empresas nas que non exista representación legal dos traballadores, a empresa comunicará a dita petición de desvinculación e a documentación acreditativa á Comisión Paritaria, procedéndose conforme o disposto no parágrafo anterior.

e) Os acordos acadados no ámbito da empresa establecerán, de xeito obrigado, os incrementos obrigados para a vixencia do convenio así como a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo acadado darase conta á Comisión Paritaria do convenio, co obxecto de ter un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumpran os criterios marcados.

Artigo 29º.-Modalidades de contratación.

1. Aprendizaxe.

Tendo en conta de que o contrato de aprendizaxe debe ser fundamentalmente un contrato formativo, non caberá no ámbito de aplicación do presente convenio a formalización dun contrato de traballo de aprendizaxe que teña por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño

adecuado dun oficio ou dun posto de traballo non cualificado.

En todo caso, o salario de contratación dos aprendices será como mínimo igual ó 70%, 80% e 90% do salario base da súa categoría durante, respectivamente, o primeiro, o segundo e o terceiro ano de vixencia do contrato. No resto das condicións laborais, tales como o plus de asistencia, aplicarase o disposto no convenio con carácter xeral.

Polo feito de non te-los traballadores contratados baixo a modalidade de contrato de aprendizaxe dereito a prestacións por desemprego, establécese unha indemnización por finalización de contrato consistente no aboamento de 10 días de salario por ano de servicio na empresa, sempre e cando o traballador non continúe na empresa baixo outra modalidade de contratación

2. Contrato de traballo en prácticas.

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

3. Contrato eventual previsto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

Estos contratos poderán ter unha duración máxima de 18 meses dentro dun período de 20 meses.

Disposicións adicionais

Primeira.

As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo Interprofesional Galego sobre os procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) as canles idóneas para a solución do conflictos colectivos laborais.

Segunda.

As partes asinantes do presente convenio crean unha Comisión Técnica Paritaria que estará integrada por un membro de cada central sindical asinante do presente convenio e por un número igual de representantes da parte empresarial, co cometido de estudiar e buscar unha fórmula de consenso nas seguintes materias:

a) Adaptación da clasificación profesional prevista no presente convenio ó texto do acordo sobre clasificación profesional para a industria do metal asinado o 16 de xaneiro de 1996 entre as centrais sindicais UXT, CC.OO. e CIG e Confemetal.

b) Saúde laboral.

c) Antigüidade.

Disposición final

Vencida a vixencia do presente convenio, este prorrogarase por períodos anuais, de non ser denunciado por calquera das partes cunha antelación mínima de tres meses ó remate daquela.

Táboa salarial do convenio de comercio de metal. Vigencia 1-1-1996 ó 31-12-1996

PlusTotal
Categoría profesionalSoldomensualanual

Grupo I

Titulado grao superior111.5134.0701.721.535
Titulado grao medio100.3564.0701.554.180

Grupo II

Director119.1734.0701.836.435
Xefe de división109.7604.0701.695.240
Xefe de persoal107.8814.0701.667.055
Xefe de compras107.8814.0701.667.055
Xefe de vendas107.8814.0701.667.055
Encargado xeral107.8814.0701.667.055
Xefe de sucursais100.3104.0701.553.490
Xefe de almacén100.3104.0701.553.490
Xefe de grupo96.6004.0701.497.840
Encargado de establecemento, vendedor, comprador, poxador93.9584.0701.458.210
Viaxante91.6994.0701.424.325
Corredor de praza90.9524.0701.413.120
Dependente89.0744.0701.384.950
Dependente maior97.5414.0701.511.955
Axudante86.3414.0701.343.955

Grupo III

Director119.1734.0701.836.435
Xefe de división109.7604.0701.695.240
Xefe Administrativo102.6114.0701.588.005
Analista de ordenador89.0744.0701.384.950
Contable91.6964.0701.424.280
Caixeiro91.6964.0701.424.280
Oficial administrativo e operador de máquinas contables89.0744.0701.384.950
Auxiliar administrativo perforista86.3414.0701.343.955
Aspirante de 16 a 18 anos (salario mínimo interprofesional)000
Auxiliar de caixa87.7004.0701.364.340

Grupo IV

Xefe de sección de servicios96.5954.0701.497.765
Xefe de taller100.3104.0701.553.490
Profesional oficio de 1ª86.3414.0701.343.955
Profesional oficio de 2ª86.3414.0701.343.955
Profesional oficio de 3ª86.3414.0701.343.955
Chofer86.3414.0701.343.955
Capataz86.3414.0701.343.955
Mozo especializado86.3414.0701.343.955
Mozo86.3414.0701.343.955

Grupo V

Cobrador86.3414.0701.343.955
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro86.3414.0701.343.955
Persoal de limpeza (hora)46707.005

7849