Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.109

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construcción.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de materiais e prefabricados da construcción (código 2700395), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de xuño de 1996, pola representación da Asociación Provincial de Empresario da Construcción de Lugo e das centrais sindicais UGT, USO, e CC.OO., e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de agosto de 1996.

(Decreto 13/1994, do 20-1)

Carlota Novo Ríos

Secretaria provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo para a actividade de materiais e prefabricados para a construcción da provincia de Lugo

Artigo 1º

O presente convenio colectivo regula con carácter prioritario as relacións entre empresas e traballadores da provincia de Lugo, aínda que o domicilio social da empresa radicase fóra daquela, na seguinte actividade:

Mármores, granitos, lousas (extracción e acabado), pedra de gra, outras rochas para a construcción, cales, xesos e escaiolas, áridos, cementos naturais, formigón preparado, outros materiais da construcción que non estean incluídos nos esquemas orgánicos doutras actividades, prefabricados de xesos e escaiolas, prefabricados de cales, prefabricados de formigón, terrazos, mosaicos hidráulicos, outros pavimentos de cemento, fibrocemento, materiais aislantes e de protección, e outros materiais prefabricados.

Queda excluída do ámbito funcional do presente convenio a actividade de cementos artificiais, así como aquelas que teñan convenio propio concertado.

Artigo 2º.-Lexislación supletoria.

No non previsto no presente convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construcción publicado no BOE do 20-5-1992 e acordo sectorial nacional.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Comprende este convenio a totalidade dos traballadores das empresas incluídas no ámbito funcional, así coma o persoal que en adiante forme parte dos cadros de persoal daquelas.

Quedan exceptuados os cargos de alta dirección determinados na vixente lexislación laboral.

Artigo 4º.-Vixencia e incrementos salariais.

O convenio terá vixencia para efectos económicos e de xornada laboral desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1996. As condicións económicas para este período son as que figuran na táboa salarial como anexo I. A xornada laboral que se pacta para este período será a que figura como anexo II.

Artigo 5º.-Cláusula de garantía salarial.

Aplicarase o disposto no acordo sectorial nacional para 1996.

Artigo 6º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Ó seren as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución corres

pondente, co obxecto de resolve-lo problema formulado. Se no prazo de 45 días a partir da data da firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixa-lo calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 7º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio terá que efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de remate, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 8º.-Absorción, compensación e condicións mínimas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que exista á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto ás condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 9º.-Preaviso de cesamento.

O persoal abranguido neste convenio obrígase a comunicar, por escrito, o cesamento na empresa, cos prazos seguintes:

Persoal técnico, empregados, administrativos e mercantís: un mes, como mínimo.

Persoal obreiro: oito días, como mínimo.

En ámbolos casos, referidos ó día no que deben causar baixa na empresa.

Ó persoal que cesase incumprindo tal requisito, descontaráselle da liquidación a cantidade correspondente a tantos días de haber cantos se retrasase en formula-lo preaviso.

A notificación será presentada por duplicado e asinada polo traballador, quen recibirá un exemplar asinado pola empresa coa data de presentación.

Artigo 10º.-Conservación do equipo mecánico e productividade.

Os traballadores obríganse a presta-la debida dilixencia na execución do seu traballo, colaborando na boa marcha da producción, mediante un rendemento normal e correcto.

Así mesmo, contraen a obriga de prestar especial atención á forma de execución dos traballos co fin de obte-la calidade adecuada. O persoal con mando no centro de traballo poderá rexeitar aqueles traballos ou productos que non se axusten ás normas de calidade xeralmente admitidas polas prácticas ou que se atopen establecidas nalgunha normativa aplicable á técnica industrial de que se trate.

O traballador responsable dun equipo mecánico de traballo terá a obriga, durante a xornada de traballo e nos tempos mortos, de coidar da boa conservación e mantemento deste, e deberá dar conta inmediata, ó empresario ou encargado da empresa, de calquera defecto ou entorpecemento que se mani

feste en tales instrumentos, así como nas materias primas ou productos en curso de fabricación e responderá de tódolos danos e prexuízos causados na maquinaria ou nos ditos productos pola súa culpa ou neglixencia.

Réxime de traballo

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.768 horas efectivas ó ano, que se realizarán a razón de 40 horas semanais, repartidas de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral anexo.

Artigo 12º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías. O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre en día hábil.

En todo momento se aplicará o disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores, que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas non substituíbles por compensación económica será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. A falta de acordo estarase ó disposto nos convenios colectivos, sobre planificación anual das vacacións, e respectaranse, en calquera caso, os criterios seguintes:

A) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade productiva da empresa, logo da consulta cos representantes legais dos traballadores.

B) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderán fixarse os períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións cás tarefas de conservación, reparación e similares.

C) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

D) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que para o desfrute corresponda e a súa decisión será irrecorrible. O sumario será sumario e preferente.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se, ó seu vencemento, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de RT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración desta computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de ILT.

8. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

O período vacacional poderá, non obstante, fraccionarse de común acordo entre empresa e traballador, e garantiránselle a este quince días, polo menos, de desfrute entre os meses de maio a setembro, ambos inclusive, complementándose o período que lle corresponda para o desfrute no resto do ano.

Artigo 13º.-Plus de asistencia. Productividade. Puntualidade.

O plus de asistencia, productividade e puntualidade cobrarao o traballador que, con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade, non teña ningunha falta de asistencia non xustificada ó traballo.

O dito plus será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

Os traballadores que, por motivos de enfermidade ou accidente, resultasen hospitalizados, o que terá que ser demostrado de forma fidedigna ante a empresa, cobrarán o plus completo pero, neste suposto, non será cotizable á Seguridade Social nin accidentes de traballo.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído directamente da base de cálculo das horas extraordinarias.

Artigo 14º.-Perda do plus de asistencia, productividade e puntualidade.

1. Perderase o plus correspondente a dous días por faltas de puntualidade que totalicen máis de trinta minutos de atraso nun mes natural.

2. Perderase o plus correspondente a catro días por faltas de puntualidade que totalicen máis de corenta e cinco minutos de atraso nun mes natural.

3. Perderase a totalidade do plus mensual por faltas de puntualidade que sumen máis de dúas horas de atraso nun mes natural.

4. A primeira xornada non traballada completa, sen que se xustifique a falta suporá a perda de dous días de plus; a segunda, a perda de oito días de plus e a terceira a perda do plus mensual.

Para a determinación do plus diario, para efectos de penalización, dividirase o importe mensual entre vintecinco (25).

As faltas ou atrasos non xustificados computaranse dentro de cada mes natural.

Complementos salariais

Artigo 15º.-Aumentos periódicos por anos de servicios.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistentes no aboamento de dous bienios e quinquenios.

Cada bienio ou quinquenio de vencemento durante a vixencia deste convenio, en cada categoría profesional, será do importe que para tal fin se sinala na táboa de retribucións anexa ó presente convenio con carácter fixo ata o transcurso do tempo fixado para que se cumpra outro bienio ou quinquenio- que será do importe sinalado nese preciso instante na táboa de retribucións- e a súa cantidade acumularase á que xa tivese recoñecida ata ese momento por este concepto.

A todo o persoal recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada por antigüidade ata a entrada en vigor do presente convenio, cantidade que se manterá fixa e á que deberán acumulárselle, no seu momento, os importes de bienios ou quinquenios que vaia adquirindo cada traballador, no transcurso do tempo, calculados de acordo co que se estipula no presente convenio.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles.

A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo, máis antigüidade.

As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores que ingresen ou cesen no transcurso de cada semestre natural devengarán a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante este, de acordo co que determina o artigo 62 do convenio xeral.

Artigo 17º.-Premio de regularidade.

Este premio establéceno as empresas para fomenta-la regularidade na asistencia ó traballo, fixándose no importe dunha mensualidade do salario base de cada categoría profesional, sen antigüidade nin pluses, e nas seguintes condicións:

1. Con menos de oito faltas xustificadas ó traballo no ano natural percibirán o importe do premio.

2. Con máis de oito faltas xustificadas ó traballo no ano natural e menos de quince, percibirán o 50% do premio.

3. Con máis de quince e ata 20 faltas xustificadas ó traballo no ano natural percibirán o 10% do premio.

4. Con vinteunha ou máis faltas xustificadas ó longo de todo o ano natural, non percibirán cantidade ningunha referida a este premio.

5. Con cinco faltas inxustificadas ó longo de todo o ano natural, perderase todo dereito ó premio de regularidade no traballo, con independencia das sancións que, por faltas de asistencia, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia, lles poidan impoñe-las empresas ós traballadores.

6. Este premio será satisfeito polas empresas no mes de setembro, referido ó exercicio económico do ano anterior, se ben o seu cálculo económico se fará en función do salario base vixente para cada categoría profesional no momento en que proceda o aboamento.

Para estes efectos, os períodos de desfrute de vacacións anuais regulamentarias non se computarán como faltas xustificadas, así como as licencias retribuídas ó abeiro da lexislación vixente.

Indemnizacións non salariais

Artigo 18º.-Plus extrasalarial que comprende plus de transporte e plus de distancia.

Co fin de simplifica-lo cómputo de distancia entre o domicilio do traballador e e o centro de traballo, así como as indemnizacións ou suplidos polos gastos ocasionados como consecuencia da súa actividade laboral, aboaráselles a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separe o centro de traballo do seu domicilio.

Será satisfeito unicamente en xornada completa realmente traballada e non será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnizacións

ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste plus diario, dividirase entre vintecinco (25) a cantidade que figura para cada categoría profesional no anexo.

Artigo 19º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos. En caso de desprazamento dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados, mailo 20% de axuda de custo completa.

Axuda de custo. Establécese unha axuda de custo, igual para tódalas categorías, cos importes que se sinalan a seguir:

A) Axuda de custo completa. 2.300 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos.

B) Media axuda de custo. 1.100 ptas. diarias en desprazamentos do traballador en días illados ou consecutivos.

Artigo 20º.-Indemnizacións por desgaste de ferramentas.

A indemnización para aqueles traballadores que as achegan, logo de determinación da empresa, será de 43 ptas. por cada día efectivo de traballo.

Artigo 21º.-Xubilación.

A) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que cumprisen sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na

empresa

Idade

Meses

indemnización

2 a 52
6 a 103
11 a 20634
21 a 305
Máis de 306
2 a 51
6 a 102
11 a 20643
21 a 304
Máis de 305

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos para que haxa tal dereito son os seguintes:

A) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e traballador xubilable. O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

B) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicios interrompidos na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

Axuda por xubilación ós 65 anos.

Non obstante, o traballador que, cumpridos os 65 anos, leve 15 ou máis anos ó servicio da empresa, terá dereito a xubilarse, sen acordo coa empresa, percibindo 45 días de salario base máis antigüidade.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda en cada caso segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a lle dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse consonte a unha previstas en cada momento pola lexislación vixente e, pola súa vez, cos seguintes condicionamentos:

A) Que non exista na empresa persoal fixo do cadro de persoal dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador que se vaia xubilar deberá serlles comunicado de inmediato ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

B) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que tal indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en conceptos de indemnización.

B) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de aumento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1984/1985, do 17 de xullo.

C) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación ás que se refiren os apartados inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Artigo 22º.-Indemnizacións por morte e incapacidade permanente absoluta derivada de accidentes de traballo ou enfermidade común.

Establécense as seguintes indemnizacións para os traballadores afectados por este convenio:

A) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

B) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 4.500.000 ptas. no ano 1996; para a súa cobertura as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que terán que exhibirlle ó traballador que así o solicite.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viuva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A indemnización comezará a obriga-lo día 1º do mes seguinte ó da entrada en vigor do convenio, e o seu importe considerarase entrega a conta das cantidades que, como indemnización con cargo á empresa, fixen os tribunais de calquera orde xurisdiccional.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

As empresas comprendidas no presente convenio entregaranlle ó persoal operario nos meses de xaneiro e xullo de cada ano, unha funda de traballo. Os de nova incorporación recibirán a dita peza de roupa unha vez transcorrido o período de proba, e as seguintes, nas datas nas que se lle entreguen ó resto do cadro de persoal.

Artigo 24º.-Salario mínimo.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estructura do presente convenio nin a contía das retribucións pactadas nel, sempre e cando se lle garantan ó traballador ingresos superiores, en cómputo anual, ós mínimos fixados polas disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Haberá que aterse, en todo momento, ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente sobre a materia e expresamente ó disposto no artigo 19 do Estatuto dos traballadores e 9º da ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituí-la comisión mixta paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes deste convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

A) Solicitar ó Ministerio de Traballo e ó Goberno da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo coma no desenvolvemnto dos plans e medidas formativas.

B) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistrabilidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

C) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxecto fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

D) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia adecuada.

E) Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Artigo 26º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados.

Este contrato formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algúns destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e rematará cando rematen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por finalización dos traballos do seu oficio e categoría, deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitido, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización debera incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la dita condición, e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicarlle por escrito o cesamento ó traballador antes de se cumpri-lo período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior; cumprido o período máximo de tres anos, se non mediase comunicación escrita de cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo de cadro de persoal. En canto ó aviso de cesamento, haberá que aterse ó pactado no suposto primeiro.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario principal e allea á súa vontade, tras notificarllo a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa contestación, contada desde a a

notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecerlle un novo emprego ó traballador cesado, cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se convirta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por este remate de obra poderá incluírse no regulado para o segundo suposto.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,50%, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 27º.-Outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 1989/1984 e 2104/1984, ou normas que os substitúan, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibiren unha indemnización por conclusión do 7%, se a duración fose inferior a 181 días, e do 4,5% se a duración fose igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

En materia de contrato de aprendizaxe haberá que aterse ó disposto no ASN anexo.

Artigo 28º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituí-la comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais que asinan o convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

A) Requirir das administracións públicas e autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten o sector da construcción e que colaboren no desenvolvemento, tanto dos que xa están en marcha coma dos que poidan iniciarse en adiante.

B) Elabora-los estudios pertinentes de necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación desta, tanto ocupacional coma regrada. (Observatorio ocupacional).

C) Elabora-los plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais cos equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

D) Cantas outras funcións a propia comisión acorde atribuírse, encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional do sector no ámbito territorial do convenio.

Artigo 29º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1 do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que, no ámbito deste convenio colectivo, poderán ser elixibles os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 30º.-Recibo liquidación.

O recibo liquidación da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a tódalas empresas do sector da provincia.

Toda comunicación de cesamento ou de aviso de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación do modelo citado.

O recibo de liquidación que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes á data na que foi expedido.

Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

Nos supostos de extinción de contrato de vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste articulado.

O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores no acto da sinatura do recibo liquidación.

Preaviso de cesamento.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito con dez días de antelación efectivos de traballo, perderá unicamente o dereito ó cobramento de tódalas percepcións correspondentes ós días de atraso no preaviso.

Artigo 31º.-Médico de empresa.

As empresas que estivesen ou non obrigadas, por disposición legal, a contar co servicio de médico de empresa, quedan facultadas para constituí-lo dito servicio por si soas, por agrupación dunha delas, ou ben establecendo un servicio común por mediación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo.

Sempre que as mutuas patronais ou mutualidades laborais que cubran os riscos de accidente de traballo en cada empresa, desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo programe recoñecementos periódicos no sector, as empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para realizar estas revisións médicas, logo da debida citación por escrito, na que deberán figurar:

Día, hora e lugar de recoñecemento.

Artigo 32º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ó disposto para o efecto no convenio xeral do sector de construcción e demais lexislación aplicable.

Artigo 33º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas e cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión mixta paritaria, integrada por un presidente, que será o da comisión deliberadora e como vocais, un representante por cada unha das centrais sindicais que asinan o convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo, igual ó total dos das centrais sindicais, sendo secretario o vocal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes sométenlle expresamente á dita comisión paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación do presente convenio. A este respecto fíxase como requisito de procedibilidade a sumisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio.

Artigo 34º

No non previsto por este convenio aplicarase o disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e acordo sectorial nacional e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a ordenanza laboral da construcción do 28-8-1970, agás en materia de clasificación profesional.

Calendario laboral correspondente á actividade de materiais e prefabricados da construcción

da provincia de Lugo, para o ano 1996

DíaXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1F888FS88D8FD

288S88D8888S8

38SD8888S88D8

48D8FS88D8888

5888FD8888S88

6S88S88S88D8F

7D88D88D8S88S

888888S88D88D

988S88D8888S8

108SD8888S88D8

118D88S88D8888

128888D8888S88

13S88S88S88D88

14D88D88D8S88S

1588888S8FD88D

1688S88D8088S8

178SD8F88S88D8

188D88S88D8888

198088D8888S88

20SFL8S88S88D88

21D88D88D8S88S

2288888S88D88D

2388S88D8888S0

248SD8888S88D0

258D88S8FD888F

268888D8088S88

27S88S88S88D88

28D88D88D8S88S

2988888S88D88D

308S88D8888S0

318D88S80

TOT176152168160168160168160168184160128

Este calendario laboral, foi confeccionado tendo en conta as festas locais de Lugo concello (20 de febreiro e 5 de outubro), no resto dos concellos da provincia, deberán ser substituídas as ditas datas polas propias do seu respectivo concello. Nas localidades onde non se desfrutase o día 19 de febreiro como 0 horas, desfrutarase o día anterior ou seguinte día hábil a unha festividade local.

Co fin de adecua-la xornada anual a 1.768 horas, os traballadores desfrutarán de dúas xornadas non laborables ademais das sinaladas con cero horas, logo da comunicación á empresa cunha antelación de 48 horas, naqueles concellos en que as festividades locais coincidan en sábado ou ponte.

Táboa de retribucións do convenio de materiais prefabricados

para a construcción desde o 1-1-1996 ó 31-12-1996

GratificaciónsAntigüidade mes: de vencemento durante vixencia
CategoríasNiveisSalarioPlus Asist.Plus extraTotalVacaciónsTotal

base

mensual

Prod. e

Punt.

mensual

salarial

mensual

mensualanualXulloNadalanualBienioQuinquenio

Titulado superiorII122.69774419.220142.661147.335147.335147.3352.011.2762.9024.030

Titulado medio e outrosIII103.3609.61017.312130.282130.361130.361130.3611.824.1852.9024.030

Encargado xeralIV88.87615.04715.790119.713117.179117.179117.1791.668.3802.9024.030

Encargado fábricaV79.78221.29115.208116.281110.011110.011110.0111.609.1242.9024.030

Of. Administr. 1ª e outrosVI76.76321.16114.722112.646106.761106.761106.7611.559.3892.9024.030

Capataz e outrosVII74.35521.29114.529110.175104.268104.268104.2681.524.7292.8363.995

Oficial 1ª e outrosVIII74.35519.21914.139107.713103.460103.460103.4601.495.2232.8363.927

Oficial 2ª e outrosIX70.82217.79513.396102.01399.17099.17099.1701.419.6532.8363.927

Axudante e outrosX70.82216.43713.267100.52698.64298.64298.6421.401.7122.8363.893

Peón especialista e outrosXI70.82215.85513.16899.84598.41498.41498.4141.393.5372.8363.859

Peón ordinario e outrosXII70.82214.23712.97498.03397.78397.78397.7831.371.7122.7313.824

Contrato de traballo de persoal fixo de obra

En o....... de de 199....

REUNIDOS: por parte da empresa,

Don/Dona

DNI En concepto de

Empresa Nº CIF

Domicilio

Nº SS empresa

Domicilio centro de traballo

Nº SS centro de traballo

E do traballador,

Don/Dona Nivel de estudios terminados

Data de nacemento DNI

Domicilio

Acordan formaliza-lo presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de, subscrita o día, e

publicado no BOP de Lugo nº....., de data.............., e no seu defecto polo convenio xeral do sector construcción e demais normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servicios na categoría de: na obra de:

1.1. Non obstante, ámbalas partes tamén acordan que o traballador poderá prestar servicios á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición de fixo de obra, devengando os

conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servicios noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por finalizado, e deberá aboarlle á empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, consistente no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servicios.

2. O tempo convido é o de duración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus servicios, coa particularidade establecida nos apartados 1.1 e 1.2 do presente contrato; a terminación deberá comunicarse cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ó importe dos conceptos salariais correspondentes ós días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por finalizada a relación laboral, sen aviso previo nin formalidade ningunha, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade laboral transitoria do traballador, durante o período de proba, implicará a interrupción deste mentres dura a incapacidade; poderá rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ámbalas partes asinan por cuadruplicado exemplar, o presente documento, en lugar e data indicado.

O/A traballador/aPola empresa

ACORDO SECTORIAL NACIONAL DA CONSTRUCCIÓN PARA 1996

Preámbulo

As partes signatarias, integradas pola Federación Estatal de Madera, Construcción y Afines da Unión Xeral de Traballadores (FEMCA-UGT), e a Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines de Comisións Obreiras (FECOMA-CC.OO.), todas ellas en representación laboral, e a Confederación Nacional da construcción (CNC), en representación empresarial, como organizacións máis representativas do sector da Construcción nos seus respectivos ámbitos, e facendo uso das previsións contidas no Art. 3.2. do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), acordan,

Artigo 1º.-Ámbito persoal e funcional.

Quedan obrigados polas disposicións do presente Acordo Sectorial Nacional (ASN) tódalas organizacións, asociacións e entidades que integren a empresas e traballadores afectados polo ámbito funcional do CXSC, subscrito con data 10 de abril de 1992.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente acordo será de aplicación en todo o territorio do Estado español.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este acordo estará vixente no ano 1996, logo da súa publicación no Boletín oficial del Estado.

Artigo 4º.-Alcance obrigacional e normativo.

1. As partes que subscriben o presente acordo, na súa condición de organizacións máis representativas do sector, de conformidade co disposto na Lei orgánica de liberdade sindical, incorporarán obrigatoriamente os ditos acordos ós convenios colectivos provinciais que se negocien en 1996.

2. Os convenios provinciais que estean en vigor parte do ano 1996 manterán as condicións neles xa pactadas, en todo o seu contenido, ata o seu termo temporal, en que se aplicará o disposto no apartado anterior.

3. Os pactos contidos no presente acordo serán de preferente aplicación sobre calquera outra disposición legal de carácter xeral que rexerá nas materias por el reguladas, salvo que sexan de dereito necesario, substituíndoas, por tanto, durante a súa vixencia.

Artigo 5º.-Incrementos económicos.

1. Para o ano 1996, os convenios provinciais aplicarán un incremento do tres noventa e cinco por cento (3,95%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións, e pluses salariais e extrasalariais.

2. O importe das axudas de custo e medias axudas de custo, de acordo co disposto no Art. 86.6. do convenio xeral do sector fixarase no marco dos respectivos convenios colectivos provinciais.

3. Os convenios subscritos para o presente ano manterán as condicións xa pactadas.

4. Os convenios provinciais fixarán o prazo de pagamento dos atrasos correspondentes.

Artigo 6º.-Cláusula de garantía.

1. No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) o 31 de decembro de 1996 supere o tres con noventa e cinco por cento (3,95%), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

2. A dita revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no Art. 5.1.

3. Esta cláusula adaptarase ó período de vixencia de cada convenio colectivo.

Artigo 7º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1996, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas previstas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporán un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

Artigo 8º.-Materias pendentes de negociación.

As partes acordan constituír, de inmediato, unha mesa de negociación que, antes do 30 de xuño de 1996, estudie as posibles alternativas á problemática que suscita o cumprimento do terceiro fin da Fundación Laboral da Construcción.

Artigo 9º.-Aprendizaxe.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato de aprendizaxe pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de xoves. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto

práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leve a cabo a través das institucións formativas das que se dotou o sector.

2. De conformidade co establecido no apartado 3 da disposición transitoria primeira do CXSC, a presente regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios colectivos provinciais ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos apartados 10 e 11 do presente artigo.

3. O contrato de aprendizaxe terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construcción.

4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32 poderán ser obxecto deste contrato de aprendizaxe os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira de CXSC.

5. O contrato de aprendizaxe poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 24 anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

6. O tipo de traballo que debe presta-lo aprendiz estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e entibador, nin para aquellas tarefas que expresamente fosen declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

7. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos, sen prexuízo do establecido no apartado 12.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica o Art. 29.1.3. do CXSC.

Espirada a duración máxima do contrato de aprendizaxe , o traballador non poderá ser contratado baixo

esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

8. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designa-la persona que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra có aprendiz.

9. Tódalas accións de formación teórica previstas para os aprendices serán financiadas con cargo ó acordo tripartito de formación continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación preverá a desagregación de partidas e apartados correspondentes á formación en aprendizaxe.

10. As retribucións dos aprendices serás a seguinte:

Táboas salariais de aprendices

De 16 e 17 anos: primeiro ano 50%, segundo ano 55%.

De 18 a 26 anos: primeiro ano 60%, segundo ano 65%, terceiro ano 70%.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

Aqueles convenios provinciais que á entrada en vigor do presente acordo teñan unha retribución salarial superior ás porcentaxes do primeiro parágrafo deste punto manterana como condición máis beneficiosa ata ser alcanzado por este, quedando en consecuencia conxelados os ditos salarios ata a súa equiparación.

11. O plus extrasalarial regulado no Art. 65.1 do CXSC será devengado polos aprendices en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días en que dure o contrato.

12. Toda situación de incapacidade temporal do aprendiz inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel en que o contrato estivese suspendido.

13. Se concluído o contrato, o aprendiz non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o aprendiz na súa formación práctica.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cua

lificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

14. No prazo dun ano a partir da sinatura deste acordo e a través da comisión paritaria de formación, fixaranse os niveis e contidos da parte teórica de cada especialidade e as probas prácticas que se van realizar para observa-los progresos realizados e o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 10º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

1. As partes asinantes asumen o contido íntegro do Acordo sobre Solución Extrajudicial de Conflictos Laborais (ASEC) e do seu regulamento de aplicación, publicados no BOE do 8-2-1996, que desenvolverán os seus efectos nos ámbitos do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), co alcance previsto no propio ASEC.

2. O texto do precedente apartado 1 queda integrado e formando parte como apartado 6, do Art. 22 do CXSC, adicionándose a el, con supresión da disposición derrradeira segunda, sobre procedementos arbitrais, do citado convenio xeral.

Artigo 11º.-Comisión paritaria.

1. Acórdase constituír unha comisión paritaria para a interpretación e seguimento do pactado neste acordo.

2. A dita comisión estará composta por un máximo de doce membros, que serán designados por metades por cada unha das dúas partes, sindical e empresarial, na forma en que decidan as respectivas organizacións.

3. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por unanimidade de ámbalas partes, sindical e empresarial. O seus acordos interpretativos deste acordo sectorial nacional terán a mesma eficacia que a da cláusula que fose interpretada.

4. O funcionamento da comisión realizarase da forma que esta acorde, asumíndose xa os acordos ó respecto adoptados pola comisión paritaria do Art. 21 do convenio xeral do sector da construcción, así como o procedemento para solventa-las posibles discrepancias, previsto no ASEC e asumido no Art. 22.6. do CXSC.

Artigo 12º.-Denuncia.

Para lle dar cumprimento ó previsto no Art. 85.2.d) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente acordo non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1996.

7639