Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 09 de decembro de 1996 Páx. 11.126

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 20 novembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 11 de setembro de 1996 (DOG nº 190, do 27 de setembro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 11 de setembro de 1996 (DOG nº 190, do 27 de setembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios a funcionaria, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta a funcionaria realizará, dentro dos prazos reflectidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 34.999.664.02 A2207.

Grupo: D.

Apelidos e nome: González Martínez, Carmen.

Denominación do posto de traballo: secretaria director.

Centro directivo: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 18.

C. específico: 524.508.

8951