Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.980

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 25-9-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 10-9-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de setembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo subscrito pola empresa Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A. e os seus traballadores

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as condicións de traballo da empresa Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A.

Artigo 2º

O estipulado neste convenio afecta a todo o persoal empregado no dito centro, salvo o disposto na lexislación vixente.

Queda expresamente excluído o persoal suxeito por contrato civil por prestación de servicios.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A vixencia do convenio colectivo que regula as relacións laborais da empresa Foresa, Industrias

Químicas del Noroeste, S.A., establécese ata o 31 de decembro de 1996.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, non obstante, inicia os seus efectos económicos o primeiro de xaneiro de 1996, para o persoal que naquela data integrase o cadro de persoal da empresa.

Ó final da súa vixencia, o convenio entenderase prorrogado por un ano e sucesivamente, salvo denuncia dunha das partes asinantes. Tal denuncia deberá ser feita cunha antelación mínima de tres meses á data de vencemento desta prórroga ou calquera outra que houbese, iniciándose as negociacións do novo polo menos un mes antes de finaliza-lo presente convenio.

Artigo 4º.-Absorbilidade.

Tendo en conta a natureza do convenio, as modificacións económicas en todos ou nalgún dos conceptos retributivos que no futuro poidan establecerse en virtude das disposicións legais, voluntarias ou de convenio, serán absorbidas e compensadas coas condicións establecidas no presente e unicamente terán eficacia práctica se globalmente consideradas superan o nivel total deste convenio.

Artigo 5º.-Vinculación.

As condicións de traballo expresadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente. Serán incluídas no presente convenio as disposicións legais lexisladas durante a súa vixencia, que melloren as condicións deste, salvo nas salariais e económicas en xeral, como se recolle no artigo 4º.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións económicas e doutra índole que foran máis beneficiosas ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 7º

A organización práctica do traballo, con suxeición ó prescrito neste convenio e na lexislación laboral competente, é competencia exclusiva da dirección da empresa.

Artigo 8º

Ademais das facultades xerais da dirección para a adopción de sistemas de producción, de reestructuración dos departamentos e seccións e as relativas a canto poida conducir ó progreso da empresa, inherentes todas elas á organización do traballo, esta estenderase ás cuestións seguintes, con carácter meramente enunciativo:

a) A esixencia da actividade normal.

b) Adxudicación dos elementos necesarios (máquinas ou tarefas específicas) para que o traballador poida alcanzar como mínimo as actividades a que se refire o apartado anterior.

c) A vixilancia, atención e limpeza da maquinaria encomendada, téndose en conta en todo caso a determinación das cantidades de traballo e actividade a rendemento normal.

d) A adaptación das cargas de traballo e rendementos a novas condicións que resulten de aplica-lo cambio dun determinado método operatorio, proceso da fabricación, cambio de materia, maquinaria ou calquera outra condición técnica do proceso de que se trate.

Artigo 9º

Non obstante o establecido no artigo anterior, a dirección da empresa asume o compromiso de notificar, coa antelación posible, os cambios de réxime de traballos e demais modificacións da organización deste.

Capítulo III

Clasificación do persoal

Artigo 10º.-Clasificación funcional.

Os traballadores afectados polo presente convenio, en atención ás funcións que efectúan, serán clasificados nos seguintes grupos:

Nivel

A

Producción

B

Mantement.

C

Servicios

D

Laboratorio

E

Administ.

1AxudantesAxud. e Apr.Auxiliares
2Profes. 2ªOfic. 3ªCond. Furg.Auxil. BAuxil. B
3Profes. 1ªOfic. 2ªBasculeiroAuxil. AAuxil. A
4Prof. Polv.Ofic. 1ªCond. camiónAnalis. BOfici. 2ª
5Xefe quendaXefe equipoAnalis. AOf. 1ª B
6Axud. técn.Axud. técn.Of. 1ª A
7EncargadoEncargadoTécnicoXef. Neg.
8(Xefes de sección)
9(Xefes Departam.)
10(Directores)

As categorías especificadas anteriormente teñen carácter enunciativo e non implican a obriga de axustarse a elas nin de ter provistas todas, se a necesidade ou o volume da industria non o require.

Artigo 11º.-Definición de categorías laborais.

1. Directivos. Corresponde a este grupo o persoal que asume a dirección da empresa, servicios de explotación ou fábrica.

2. Técnicos titulados. Son aqueles a quen para o cumprimento da súa función se esixe posuí-lo título profesional expedido por centro docente mantido oficialmente polo Estado español ou por centros recoñecidos por el, sempre e cando realicen funcións propias da súa carreira e sexan retribuídos de maneira exclusiva ou preferente mediante soldo ou tanto alzado, sen suxeición, por conseguinte, á escala habitual de honorarios na profesión afectada.

2.1. Técnico xefe é quen, en posesión de título académico superior ou medio dirixe, dentro de cada unidade de fabricación, laboratorio, sección ou célula orgánica equivalente, todo o inherente ó proceso operativo ou de estudio del, ocupándose da súa mellora e perfeccionamento e de cantas esixencias precisen a súa intervención. Ten mando directo sobre os técnicos titulados e a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade do persoal.

2.2. Técnico é quen, en posesión de título académico superior, desempeña na empresa funcións, con mando ou sen el, propias da súa titulación.

2.3. Axudante técnico. É quen, posuíndo título de carácter técnico secundario, axuda ás ordes dos directores, subdirectores, técnicos xefes e técnicos, así como os que na actualidade, aínda sen posuír título de ningunha clase, realizan estas mesmas funcións na rama técnica de que se trate.

3. Técnicos non titulados. Comprende o persoal que, sen título profesional superior, se dedica a funcións de carácter técnico, análogas e subordinadas ás realizadas polo persoal técnico titulado.

3.1. Encargado. É quen, con coñecementos técnicos e capacidade acreditada, ás ordes inmediatas do técnico titulado, xefe da súa sección, se o houbese, ten mando directo sobre mandos intermedios e persoal manual dela, sendo a súa misión a vixilancia e inspección das distintas fases da fabricación, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, boa execución del, reposición de pezas, conservación das instalacións e proporciona datos sobre producción e rendementos.

3.2. Analista de laboratorio. É quen, baixo a supervisión do seu superior, realiza análises físicas ou químicas e determinacións de laboratorio, para o cal non é sempre necesario que se lle indiquen as normas e especificacións; coida do bo estado dos aparellos e da súa homologación; prepara os reactivos necesarios; ocúpase da obtención de determinadas mostras de forma conveniente e de estende-los certificados de calidade e boletíns de análises.

3.3. Auxiliar de laboratorio. É quen realiza funcións carentes de responsabilidade técnica, como tradeado de mostras e outras similares, axudando ós seus superiores en traballos sinxelos que poidan ter unha rápida comprobación e sempre baixo a súa vixilancia.

4. Administrativos son os que realizan funcións de oficina, contables ou outras análogas, sexa dentro da organización central da empresa ou nos servicios considerados como ramificados dela.

4.1. Xefe administrativo é quen, provisto ou non de poderes limitados, está encargado de orientar, dirixir e dar unidade á sección ou dependencia que teña ó seu cargo, así como de distribuí-lo traballo entre o persoal que del dependa.

4.2. Oficial de 1ª é quen, cun servicio determinado ó seu cargo con iniciativa e responsabilidade restrinxida, con ou sen outros empregados ás súas ordes, executa algún dos seguintes traballos: funcións de cobra

mento e pagamento, dependendo directamente dun xefe e desenvolvendo o seu labor, como axudante ou auxiliar deste, sen ter sinatura nin fianza; facturas e cálculo delas, sempre que sexa responsable desta misión estatística, trascrición en libros de contas correntes diario, maior corresponsables, redacción de correspondencia con iniciativa propia, liquidación e cálculo da nómina de salarios, soldos ou operacións análogas; taquimecanógrafo en idioma estranxeiro.

4.3. Oficial de 2ª é quen, con iniciativa e responsabilidade restrinxida, efectúa operacións auxiliares de contabilidade e coadxuvantes delas, organiza arquivos ou ficheiros, taquimecanógrafo en idioma nacional; así mesmo realiza correspondencia sen iniciativa e outras funcións similares.

4.4. Auxiliar é o empregado maior de dezaoito anos que, sen iniciativa nin responsabilidade, se dedica dentro da oficina a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo naquelas. Nesta categoría intégranse as telefonistas e mecanógrafos de ambos sexos.

5. Profesionais de oficios auxiliares. Comprende esta categoría os traballadores que despois dunha aprendizaxe realizan traballos dun oficio auxiliar da industria química. Estes profesionais de oficios auxiliares defínense como segue:

5.1. Oficial de 1ª é quen, posuíndo un dos oficios clásicos, practícao e aplícao con tal grao de perfección que non só lle permite levar a cabo traballos xerais do mesmo, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza. Terán esta categoría tamén os conductores de camións, furgonetas, coches de turismo ou máquinas móbiles que requiran atoparse en posesión do permiso de conducción.

5.2. Oficial de 2ª. Pertencen a esta categoría os que, sen chegar á especialización esixida para os oficiais de 1ª, executan as correspondentes a un determinado oficio coa suficiente corrección e eficacia.

5.3. Oficial de 3ª. É quen, tendo realizado a aprendizaxe dun oficio clásico, non acadou aínda os coñecementos prácticos indispensables para efectua-los traballos coa corrección esixida a un oficial de 2ª.

6. Profesionais da industria son os que, cun período de práctica e un alto grao de coñecemento e perfección teñen ó seu cargo os aparellos, elementos mecánicos, transporte mecánico dentro do recinto da factoría, maquinaria directamente productiva ou auxiliar da industria química, coidando da súa boa marcha, engraxe e conservación.

6.1. Profesional de 1ª é quen, cun alto grao de perfección, executa algunha das tarefas definidas no punto anterior.

6.2. Profesional de 2ª. Integra esta categoría a quen, sen chegar á perfección esixida para os profesionais de 1ª, executa as tarefas antes definidas coa suficiente corrección e eficacia.

6.3. Axudante especialista é quen axuda na realización das tarefas encomendadas ós profesionais de 1ª e 2ª, e está preparado para suplir a estes últimos no caso de ausencia.

6.4. Peón é o maior de dezaoito anos encargado de executar labores para a realización dos cales se require predominantemente a achega de esforzo físico.

7. Subalternos. Son os que desempeñan funcións para as cales non se require maior preparación cultural cá adquirida nas escolas de primeira ensino e só posúen responsabilidade elemental.

7.1. Basculeiro pesador é quen ten por misión pesar e rexistrar, nos libros correspondentes, as operacións acaecidas durante o día na dependencia ou seccións en que preste os seus servicios.

7.2. Diversos. Nesta categoría integraranse os cociñeiros e cociñeiras, dependentes de economato, comedores e todos aqueles que, polas súas funcións laborais, non estean definidas nas distintas categorías.

Artigo 12º.-Clasificación por razón da permanencia ó servicio da empresa.

Por tal razón os traballadores clasifícanse en fixos, contratados por tempo determinado, eventuais e interinos, contratados a tempo parcial e en formación, aceptando as partes sen máis, para a regulación desta materia, as disposicións laborais vixentes en cada momento.

Así mesmo, poderase realizar calquera tipo de contrato de traballo do que a modalidade estea recollida na lexislación laboral vixente.

Capítulo IV

Ingresos, mobilidade e cesamento

Artigo 13º.-Ingresos.

1. O ingreso dos traballadores axustarase ás normas legais xerais sobre colocación, e ás especiais para os traballadores de idade madura, minusválidos, cabezas de familia numerosa, etc.

2. Terán dereito preferente para o ingreso, en igualdade de méritos, e sempre que reúnan as adecuadas condicións de idoneidade:

a) Os fillos dos traballadores da empresa que estivesen en activo, en situación pasiva ou falecesen.

b) Os que desempeñasen ou desempeñen funcións no centro de traballo con carácter eventual, interino, con contrato por tempo determinado ou a tempo parcial.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso dos traballadores considerarase feito a título de proba, cun período que será variable segundo a índole dos postos que se van cubrir e que en ningún caso poderá exceder do tempo fixado na lexislación vixente.

Artigo 15º.-Cadros de persoal.

A dirección do centro confeccionará, polo menos unha vez ó ano, os cadros de persoal óptimos do seu persoal fixo, sinalando neles o número de traballadores que comprende cada grupo orgánico e categoría profesional, presentándoos ós representantes de persoal.

Sen prexuízo da promoción do persoal existente, pola vía do ascenso, a empresa non poderá amortiza-las vacantes que se produzan, aínda que sexan de categoría inferior a partir do momento en que se chegue ó cadro de persoal numérico óptimo total.

O centro de traballo axustará a cuantificación dos seus cadros de persoal ás necesidades e volume da industria, dándose en todo caso, previamente, a información correspondente ó comité de empresa.

Artigo 16º.-Traballos de distinta categoría.

A empresa, en caso necesario, podería destinar ós traballadores a realizar traballos de distinta categoría profesional á súa, reintegrándose o traballador ó seu antigo posto cando cese a causa que motivou o cambio.

Cando se trate dunha categoría superior, este cambio non poderá ser de duración superior a seis meses ininterrompidos, salvo casos de substitución por servicio militar, enfermidade, accidente de traballo, licencias, excedencias especiais e outras causas análogas; en tal caso, a situación prolongarase mentres subsistan as circunstancias que a motivasen . Transcorridos os seis meses, coas excepcións apuntadas, poderá reclamar ante a dirección da empresa, a clasificación profesional adecuada. A retribución mentres se desempeña o traballo de categoría superior será a correspondente a esta.

Cando se trate dunha categoría inferior, esta situación non poderá prolongarse por período superior a dous meses ininterrompidos, conservándose, en todo caso, a retribución correspondente á súa categoría. En ningún caso o cambio poderá implicar menoscabo da dignidade humana. En tal sentido, a empresa evitará reitera-lo traballo de inferior categoría co mesmo traballador.

Se o cambio se producise por petición do traballador, o seu soldo ou salario establecerase segundo a nova categoría profesional.

Artigo 17º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá outras limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e a pertenza ó grupo profesional.

Entenderase por grupo profesional o que agrupe unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación.

Artigo 18º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio á empresa virán obrigados a poñelo en

coñecemento dela cumprindo os seguintes prazos de aviso:

-Persoal técnico: dous meses, salvo para os subgrupos de técnicos non titulados e administrativos, que será dun mes.

-Persoal especialista e non cualificado: quince días.

O incumprimento por parte dos traballadores da obriga de avisar coa indicada antelación, dará dereito á empresa a descontar da liquidación del o importe do salario dun día por cada día de retraso no aviso.

A empresa virá obrigada a liquidar, ó finaliza-lo prazo, os conceptos fixos que poidan ser calculados en tal momento.

O incumprimento desta obriga, imputable á empresa, levará aparellado o dereito do traballador a ser indemnizado co importe dun día por cada día de retraso na liquidación, co límite de días de aviso. Non existirá tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito, se o traballador non avisou coa antelación debida.

Capítulo V

Xornada de traballo. Horarios. Horas extraordinarias e vacacións

Artigo 19º.-Xeira de traballo.

A xeira de traballo anual fíxase en 1.810 horas de traballo efectivo, baseado na xeira laboral de 40 horas, para todo o persoal afectado por este convenio.

Artigo 20º.-Horarios.

As necesidades de producción deste centro requiren o sistema de traballo en quendas continuadas de 8 horas, incluídos domingos e festivos. Para os efectos de descanso semanal do persoal afectado, rexerá o disposto nas leis vixentes.

O resto do persoal traballará en xornada partida ou intensiva, segundo o calendario que se establecerá cada ano. Para este persoal e como norma xeral fixarase un horario semanal que permita mante-los servicios imprescindibles do centro de traballo durante catro horas do sábado. A xornada laboral do sábado finaliza ás 14 horas.

A xornada chamada intensiva afectará ó persoal técnico e administrativo e establecerase neste centro, desde o luns da semana do 15 de xuño ata o luns da semana do 15 de setembro, considerando este último como día de xornada normal.

O persoal técnico e administrativo adaptarase ó horario que se estableza cada ano, garantindo a presencia que permita mante-los servicios imprescindibles durante tódolos días do ano, desde a 8 ás 19 horas, exceptuando catro semanas nas que este persoal traballará ata as 14 horas. Estas catro semanas fixaranse cada ano en función das paradas das fábricas. Exceptúanse tamén os sábados, nos que se traballará desde as 8 ás 12 horas, garantindo a presencia dunha persoa en administración e outra en laboratorio.

Os horarios de xornada partida faranse flexibles nos departamentos nos que as necesidades de traballo o permitan.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

1. Este artigo afecta a todo o persoal acollido a este convenio. O número de horas extraordinarias en ningún caso poderá ser superior ás marcadas na lexislación vixente.

Non se terán en conta para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas as realizadas para reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, sen prexuízo do seu aboamento como horas extraordinarias.

2. Terán a consideración de horas extraordinarias de carácter estructural as necesarias por perdas imprevistas, ausencias ou atrasos na incorporación das quendas, non imputables á empresa e aquelas circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade.

Para a súa clasificación como estructurais, cómpre o informe por parte da dirección ó comité de empresa, e a conformidade deste na reunión extraordinaria inmediatamente posterior.

O persoal ó que se chame para cubrir unha baixa debe aplicárselle a retribución económica, de conformidade co R.D. lei 1/1986, do 14 de marzo (BOE nº 73, do 26-3-1986), logo de acordo do traballador e a empresa, segundo os límites que se sinalan na propia lei.

A compensación en descanso producirase nos catro meses seguintes á súa realización, e en igual tempo ó traballado con carácter extraordinario.

Artigo 22º.-Calendario laboral.

No mes de xaneiro a empresa sinalará, con intervención do comité de empresa, os calendarios laborais, tanto en quendas como do resto do persoal para o ano.

Os ditos calendarios deberán incluír-las festas que afecten a cada un deles, tanto locais coma nacionais, así como as datas hábiles de desfrute de vacacións en cada caso.

Os diversos calendarios deberán recolle-lo número de horas anuais que se van traballar, así como os horarios que se deberán cumprir polos distintos departamentos.

O desenvolvemento do calendario laboral de quenda establecerase con base en:

-15 días, polo menos, de vacacións ininterrompidas, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

-Os días sinalados no calendario como de quenda normal serán a xornada partida, a non ser que como consecuencia de necesidades de organización do traballo deban de ser en xornada continuada.

-Os días de xornada normal no calendario deberán estar distribuídos tratando de cubri-los días laborais (agás domingos e festivos).

Artigo 23º.-Vacacións.

O réxime de vacacións para o persoal afectado polo presente convenio é o seguinte:

-30 días naturais para tódalas categorías.

O período do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total.

Desta vacación, como mínimo, quince días naturais deberanse desfrutar de forma ininterrompida.

O período de vacacións concedido non poderá ser interrompido agás:

-Para supli-la baixa dun compañeiro, necesario para mante-lo ritmo de traballo.

-Para soluciona-los problemas que se presenten como consecuencia de obrar neglixentemente con anterioridade.

-Por causas de forza maior.

Os traballadores que en data determinada para o desfrute da vacación anual non completasen un ano efectivo na empresa, desfrutarán dun número de días proporcional ó tempo de servicios prestados. O período de devengo das vacacións é de 1 de xullo a 30 de xuño.

No caso de peche do centro de traballo por vacacións, a dirección do centro consignará o persoal que durante o dito período deba executar obras necesarias, labores de empresa, etc., concertando particularmente cos interesados a forma máis conveniente da súa vacación anual.

A dirección do centro tratará de reflectir, de acordo co comité de empresa, no calendario de quenda, o maior número de días de vacacións ininterrompidos posible, tendo en conta o mínimo de quince días naturais establecido.

Capítulo VI

Desprazamentos, axudas de custo e licencias

Artigo 24º.-Desprazamentos e axudas de custo.

O persoal que por necesidades da empresa teña que realizar viaxes ou desprazamentos a poboacións distintas daquela en que radique o centro de traballo percibirá unha axuda de custo segundo as cantidades indicadas no anexo III. A dita axuda de custo devengarase integramente do día de saída e reducirase ó cincuenta por cento cando o interesado pernocte no seu domicilio, a menos que tivese que efectua-las dúas comidas principais fóra da súa residencia habitual.

Se os traballos se efectúan de forma tal que o traballador só teña que realizar fóra do lugar habitual a comida do mediodía, percibirá a axuda de custo correspondente a ela.

Os gastos de desprazamento serán por conta da empresa, a cal establecerá o medio de transporte máis adecuado.

Nunca a viaxe realizada en coche particular dará lugar ó devengo de gastos de locomoción, hotel, axudas de custo, polo tempo invertido en relación co medio habitual ó transporte utilizado, con excepción de que estea debidamente autorizado. Neste caso, os quilómetros percorridos serán aboados ó prezo indicado no anexo III.

Os traballadores xustificarán con posterioridade o importe dos gastos realizados. Cando os medios de locomoción custeados pola empresa e a distribución do horario permita ó traballador face-las comidas no seu domicilio, non terá dereito á percepción desta axuda de custo.

Artigo 25º.-Licencias.

O traballador, avisando coa posible antelación, poderá faltar ó traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o período que a seguir se expón:

1. Quince días naturais nos casos de matrimonio.

2. Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando o feito causante coincida en sábado, domingo ou día festivo, será de tres días. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

Os parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade a que se refire este apartado son:

a) O cónxuxe.

b) Os fillos.

c) Os netos.

d) Os pais (incluídos por afinidade os sogros).

e) Os avós (incluídos por afinidade).

f) Irmáns (incluídos por afinidade os cuñados).

g) Tíos (irmáns de pais) con 1 día retribuído.

3. Un día natural en caso de matrimonio de fillos, pais ou irmáns na data de celebración da cerimonia.

4. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

5. Por un tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado rexerá o disposto nesta en xeral.

6. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional, na forma que regule a lexislación vixente.

En canto ós puntos 1 e 2, tales licencias outorgaranse en casos extraordinarios, debidamente acreditadas, polo tempo que sexa preciso, convindo as condicións e podendo acordarse a percepción de haberes.

Artigo 26º.-Asistencia consultorio médico.

Cando por razón de enfermidade o traballador precise a asistencia da Seguridade Social en horas coincidentes coas da súa xornada laboral, a empresa concederá sen perda de retribución o permiso necesario polo tempo preciso para o efecto, debendo xustificarse o mesmo co correspondente volante visado polo facultativo ou centro sanitario ó que asista.

Xustificándoo adecuadamente, poderase acudir nas mesmas condicións a consultas médicas distintas da Seguridade Social por un tempo máximo de dúas horas. Así mesmo, e en casos excepcionais, poderase solicitar ampliación do dito prazo.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 27º.-Sistema retributivo.

As retribucións do persoal comprendido neste convenio están constituídas polos seguintes conceptos:

-Salario ou soldo base.

-Complemento persoal.

-Antigüidade.

-Incentivos.

-Prima de posto.

-Complementos:

a) Nocturnidade.

b) Quendas.

c) Traballos en domingos e festivos.

d) Chamadas urxentes.

Artigo 28º.-Pagamento do salario.

O pagamento do salario realizarase por meses. O pagamento efectuarase mediante cheque ou transferencia bancaria. Cando se opte por efectua-lo pagamento mediante transferencia bancaria, deberá asegurarse que o aboamento en conta corrente ou cartilla de aforros se produza na data habitual de pagamento.

O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta polo traballo xa realizado, sen que poidan exceder de ata o 90% do importe do salario.

Artigo 29. Salario ou soldo base.

a) Rexerá en todo momento o que figura nas táboas indicadas no anexo I.

b) A partir das ditas táboas, calcularanse os devengos do persoal.

c) As diferencias persoais resultantes entre este cálculo e as condicións máis beneficiosas existentes compensaranse co complemento persoal.

Artigo 30º.-Antigüidade.

O plus de antigüidade para os traballadores afectados polo presente convenio determinarase como segue:

1. Os traballadores fixos comprendidos neste convenio desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico polo tempo de servicios prestados á empresa, consistente en dous trienios e cinco quinquenios.

2. O importe do complemento persoal de antigüidade que se establece nas táboas do anexo I servirá non só para o cálculo dos trienios e quinquenios de novo vencemento senón tamén para o dos xa cumpridos.

3. A data inicial do cómputo de antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa.

4. O importe de cada trienio ou quinquenio comezará a devengarse desde o día 1 do mes seguinte ó do seu cumprimento.

Artigo 31º.-Incentivos.

Ante a imposibilidade de poder determina-la contía dunha prima baseada na producción, por canto esta non depende dunha forma directa do esforzo persoal, establécese o emprego dun sistema de primas ou incentivos indirectos, baseados na valoración persoal.

Este sistema consiste en valora-lo comportamento de cada traballador a base dun conxunto de cinco factores.

Con base nestas consideracións, confeccionouse o cadro de puntuación do anexo II.

A suma dos puntos dará a porcentaxe que se aplicará á prima de incentivos indicada para cada nivel na táboa salarial (anexo I). Salvo casos excepcionais, a puntuación habitual que se aplicará regulamente son 100 puntos.

Calquera variación que se aplique mensualmente efectuarase de mutuo acordo entre os representantes da empresa e do persoal, en reunión que convocará calquera das partes, por algún dos seguintes feitos:

1. Por reforma de métodos, medios ou procedementos industriais.

2. Cando se incorrese de modo manifesto e indubitado nunha variación do complemento definido nos distintos factores do cadro de puntuación.

Ó peche da nómina, de non se solicita-la reunión indicada, enténdese que a puntuación de todo o persoal é 100.

Durante o período de vacacións, as primas de rendemento aboaranse de acordo co establecido legalmente.

Artigo 32º.-Outras primas e pluses.

1. Prima de posto. Establécese esta prima para distinguir dentro dun mesmo nivel algunha categoría que deba ser diferenciada polo seu tipo de traballo.

2. Nocturnidade. As horas traballadas durante o período comprendido entre as 22 e as 6 horas terán unha retribución específica por este concepto.

3. Quendas. Ó persoal adscrito a un posto de traballo a quendas aboaráselle a prima de quendas, cun valor que estará en función do número de quendas, do seguinte xeito:

Plena: cando se traballen tres quendas, incluídos domingos.

2/3: cando se traballe mañá e tarde, incluídos domingos e a tres quendas sen domingos.

1/3: cando se traballe a xornada partida, incluídos domingos e a quendas de mañá e tarde, sen domingos.

4. Prima de domingos. O persoal de producción que realice o seu traballo en domingo percibirá unha prima por cada xornada traballada no dito día.

5. Prima de festivos. O persoal de producción que realice o seu traballo en festivo percibirá unha prima por cada xornada traballada no dito día.

6. Prima de urxencias. Ó persoal que fose avisado fóra da hora habitual de traballo, para realizar unha función de inmediato, aboaráselle a prima de urxencias.

Non procederá a dita prima cando a chamada sexa para suplir a outro empregado, por ausencia improvisada, como consecuencia de enfermidade, accidente ou algún dos permisos establecidos no artigo 25º.

O importe destas primas figura no anexo número III.

Artigo 33º.-Pagas extraordinarias.

Os traballadores percibirán, en tanto en canto non se vexan afectados polo artigo 4º, un total de seis pagas extraordinarias nos meses de: febreiro, abril, xuño, agosto, outubro e decembro.

As ditas pagas, que serán dunha mensualidade de 30 días, serán aboadas entre os días 10 e 15 do mes que corresponda e estarán compostas polos seguintes conceptos da nómina:

-Salario ou soldo base.

-Complemento persoal.

-Antigüidade.

O cómputo para o devengo destas gratificacións farase o último día do mes anterior á da paga, polo que ó persoal que leve menos dun ano ó servicio da empresa, aboaráselle a pro rata desde o seu ingreso ata a dita data.

Capítulo VIII

Réxime asistencial

Artigo 34º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa facilitará anualmente, con carácter obrigatorio e gratuíto, ó persoal que polo seu traballo o necesite, as seguintes pezas de roupa de traballo:

Persoal do laboratorio e similar: 2 batas.

Persoal de producción, talleres e servicios:

-2 camisas, 1 pantalón, unha cazadora e unha funda de traballo.

-Calzado adecuado ó traballo que se desenvolva, cando se necesite.

En xeral, todas aquelas pezas de roupa e elementos que contribúan a unha mellor e maior seguridade no posto de traballo, ademais do que ó respecto poida estar contido nas leis laborais en vigor.

Estes equipos serán suceptibles de variación, por acordo entre a dirección e os representantes do persoal do centro.

Artigo 35º.-Subvencións para artigos alimenticios.

-Comedor. O custo dos productos alimenticios utilizados na preparación das comidas será sufragado cunha achega do persoal e unha subvención da empresa.

-Adquisición de artigos alimenticios. Establécese unha subvención por cada membro da familia que conviva co empregado e á conta del. Darán dereito á percepción das subvencións os fillos que reunindo as condicións indicadas cumpran os requisitos esixidos pola Seguridade Social, para ser beneficiarios. O pagamento desta subvención farase trimestralmente.

Os importes da achega do persoal para o comedor e as subvencións de empresa figuran no anexo III.

Artigo 36º.-Prestación para enfermos e accidentados.

O fondo de enfermidade e accidentes existente establece unha prestación ó persoal enfermo e accidentado complementaria da Seguridade Social, de acordo co regulamento que figura no anexo IV.

Artigo 37º.-Seguro colectivo.

Establécese un seguro colectivo cunhas características e condicións que se detallan no anexo V.

Artigo 38º.-Mellora social.

No mes de xaneiro de cada anualidade aboarase unha retribución económica en concepto de mellora social, equivalente ó 1,1% do custo total do traballador no ano anterior, que substitúe a antiga achega da empresa ó fondo de pensións.

Capítulo IX

Disposicións varias

Artigo 39º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa, de acordo coa graduación de faltas e sancións que determina a lexislación vixente, logo de expediente, se procede.

Artigo 40º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En cantas materias afecten á seguridade e hixiene no traballo, serán de aplicación as disposicións contidas na Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, aprobada por Orde ministerial do 9 de marzo de 1971 e normativa concordante.

Artigo 41º.-Dereito de representación colectiva e reunión dos traballadores na empresa.

Será de aplicación canto indica o título segundo do Estatuto do traballador, referente a este materia.

Capítulo X

Disposicións derradeiras

Artigo 42º.-Encadramento.

En todo o previsto ou regulado polo presente convenio serán de aplicación as normas que sobre as respectivas materias veñan establecidas ou se establezan pola lexislación xeral.

Artigo 43º

Os cadros de horarios e as táboas de retribución, que figurarán como anexo deste convenio, serán fixadas segundo as negociacións que se leven a cabo en cada momento e terán efecto desde o 1º de xaneiro de cada ano.

Artigo 44º.-Comisión paritaria.

Existirá unha comisión paritaria que estará composta por dous membros designados pola empresa e dous designados polo comité de empresa. A dita comisión paritaria será o órgano para interpretar, vixiar, conciliar e arbitra-lo disposto no presente convenio.

Desígnanse para forma-la dita comisión:

-Por parte da empresa, os seus representantes legais:

Gustavo de Medeiros Álvarez.

Jesús Gómez Amoza.

-Por parte do persoal:

José L. Penedo Giráldez.

Santiago Vázquez Barreiro.

Os suplentes dos representantes da empresa serán designados por esta en cada momento.

Os suplentes dos representantes do persoal poderán ser calquera outro membro do comité de empresa.

ANEXO I

Soldo base, incentivos, antigüidade

a) Devengos anuales.

SoldoIncentivosAntigüidade

Nivelbase100%1 trienio1 quinquenio

11.675.840272.04044.10088.260
21.749.268310.86044.13088.260
31.792.460345.53548.26096.525
41.943.440345.53548.26096.525
52.159.780388.72555.960111.920
62.224.380388.72555.960111.920
72.375.924388.72555.960111.920

b) Devengos mensuais.

193.10222.6702.4524.904
297.18125.9052.4524.904
399.58228.7952.6825.363
4107.96928.7952.6825.363
5119.98832.3933.1096.218
6123.57732.3933.1096.218
7131.99632.3933.1096.218

ANEXO II

Cadro de puntuación

Graos12345
FactoresMalRegularMedioBenExcelente

Forma de realizar o traballo
Atención
Rapidez611213142
Precisión

Esforzo persoal
Cantidade
Iniciativa
Cooperación

Superación

612182430

Comportamento
Disciplina
Compañerismo610141823
Seguridade

Cualidades xerais
Aseo
Orde
Limpeza68101215
Educación

Asiduidade
Puntualidade69121515
Asistencia

305075100125

ANEXO III

Prima de posto:

Persoal directo de producción prima mensual de 6.479 ptas.

Equivalencia por ano a 77.748 ptas.

Prima de productividade:

Por cada xornada nocturna de 8 horas 1.210 ptas.

Equivalente por hora a 151 ptas.

Quendas:

Prima plena mensual 12.790 ptas.

Prima domingos:

Por cada xornada en domingo 2.453 ptas.

Prima festivos:

Por cada xornada en festivo 3.559 ptas.

Asistencia avaría:

Por cada asistencia 4.967 ptas.

Artigos alimenticios:

Comedor: por cada comida servida

Subvención empresa 620 ptas.

Achega empregado 100 ptas.

Adquisición artigos alimenticios

Por cada membro de familia/mes 1.488 ptas.

Desprazamentos e axudas de custo:

En coche particular, por km 24,75 ptas.

ANEXO IV

Regulamento de fondo de enfermidade e accidentes

Artigo 1º

Aboarase con cargo a este fondo a prestación que en cada caso fixe a comisión de control.

En ningún caso se poderá supera-lo 100% das percepcións reais teóricas mensuais.

En ningún caso se aboarán prestacións superiores ó saldo que teña este fondo.

Artigo 2º

A duración máxima desta prestación será de 12 meses, a partir da data da baixa, en caso de enfermidade ou accidente non laboral, prorrogable ata os 18 meses por acordo da comisión de control, atendidas as circunstancias de cada caso.

En caso de accidente de traballo, aboarase esta prestación mentres o afectado se atope en situación de ILT.

Dará lugar ó cesamento desta prestación o pase a unha situación de incapacidade distinta.

Artigo 3º

Para ter dereito a estas prestacións, requírese ter condición de pertencer ó cadro de persoal da empresa.

Artigo 4º.-Fondos económicos.

O fondo para estas prestacións nutrirase das achegas seguintes:

a) Unha achega de cada traballador da empresa, equivalente a 0,60% do importe das súas percepcións reais.

Esta achega será deducida en tódalas nóminas mensuais e nas gratificacións extraordinarias.

b) Unha achega da empresa equivalente ó 0,60% por cada traballador.

Artigo 5º.-Comisión de control.

En reunión mensual dos representantes de persoal e a dirección examinaranse os casos de aplicación destas prestacións, procedendo en consecuencia.

En tódolos casos requirirase o informe do médico de empresa.

Naqueles casos en que o informe do médico de empresa non vise xustificada a baixa, non se poderá aboar ningunha cantidade con cargo a este fondo.

A negativa a pasar recoñecemento polo médico da empresa ou a negativa a permiti-la visita domiciliaria dun representante da empresa producirá a perda da prestación.

Artigo 6º.-Responsabilidade.

Se se comprobase que houbo fraude de feito ou intención por parte dalgún traballador en relación con estas prestacións, será motivo suficiente para iniciar expediente disciplinario, sendo considerada a súa falta comprobada como moi grave ou grave.

Independentemente do expediente disciplinario, o interesado quedará obrigado á devolución do percibido indebidamente.

ANEXO V

Seguro colectivo

Concértase unha póliza de seguro de vida para o persoal da empresa, nas seguintes condicións:

1. Capitais asegurados:

-Falecemento por enfermidade común: 500.000 ptas.

-Falecemento por accidente 1.000.000 de ptas.

-Incapacidade permanente absoluta: 500.000 ptas.

2. Participación no pagamento da prima:

-Achega da empresa: 40.000 ptas./ano.

-Achega do traballador: 250 ptas./mes.

-O resto ata completa-lo importe total da prima será con cargo ó fondo de enfermidade e accidentes.

3. Todo empregado incluído na póliza poderá amplia-lo capital que se pode garantir ata o dobre da contía citada. A prima correspondente á cantidade que supere a fixada colectivamente será integramente ó seu cargo.

Horarios

Producción.

Traballo a quendas continuadas de 8 horas, incluídos domingos e días festivos, de acordo co calendario que se fixe cada ano.

Mantemento e servicios.

De luns a venres entrarase ás 8 horas e sairase ás 17 horas, parando desde as 13 horas ás 14 horas para comer.

Traballarase un sábado de cada tres, entrando ás 8 e saíndo ás 12 horas.

A semana seguinte ó sábado que se traballe, a xornada do venres acabarase ás 13 horas.

Laboratorio e administración.

Durante a xornada normal, entrarase entre as 8 e as 9 horas e sairase entre as 17-18 horas, parando unha hora para comer.

Durante a xornada intensiva, entrarase ás 8 horas e sairase ás 14 horas.

Durante todo o ano (con excepción de catro semanas no verán, que se fixarán en función das paradas das fábricas) e durante unha semana de cada 6, entrarase entre as 8 e as 9 horas e sairase entre as 18-19 horas, e pararase unha ou dúas horas para comer. O sábado desta semana entrarase entre as 8 e 9 horas e sairase entre as 12 e as 13 horas.

96-7853