Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.989

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión mixta paritaria, en funcións de comisión deliberadora, prevista no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas, para a corrección de erros.

Visto o texto do acordo asinado o día 17 de setembro de 1996, pola comisión mixta paritaria, en funcións de comisión deliberadora, prevista no convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada polas representacións da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción e das centrais sindicais UGT, USO e CC.OO., mediante o que se acorda a reparación de erros no texto do convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e

no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do devandito acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de outubro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asistentes e representantes

Representación social

Por UGT

Adolfo Mosteirín Turia

Por USO

Carmen Arias Río

Por CC.OO.

Jesús Varela Lodeiro

Pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo.

Hipólito Trinidad Losada

Ricardo Castro López

José Antonio Tosar López

En Lugo o 17 de setembro de 1996, reunida a comisión mixta paritaria do convenio colectivo de edificación e obras públicas integrada polos representantes relacionados á marxe e co fin de rectifica-los erros materiais observados no texto do dito convenio acordan, en funcións de comisión deliberadora:

Primeiro.-No artigo 35 (seguridade e hixiene no traballo), corríxese o erro padecido ó non incluí-lo apartado E), co texto seguinte:

E) Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Segundo.-Remitirlle o presente acordo de corrección de erro material á autoridade laboral, para efectos da súa publicación no DOG e no BOP.

7891