Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 04 de decembro de 1996 Páx. 10.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A.

Visto o expediente do convenio coelctivo da empresa Financiera Maderera, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-9-1996 subscrito en representación da parte económica polo representante legal da empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 19-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios coelctivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á

Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios coelctivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negocaidora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de setembro de 1996.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para a empresa Financiera Maderera, S.A. nos seus centros de traballo de Formarís (Santiago de Compostela) e Pontecesures (Padrón), ámbolos dous na provincia da Coruña para 1996-1998

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito de aplicación, vixencia e denuncia

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

a) Territorial: o presente convenio é de aplicación nos dous centros de traballo de Financiera Maderera, S.A., sitos en Formarís, s/n, termo municipal de Santiago de Compostela e Pontecesures, termo municipal de Padrón, ámbolos dous na provincia da Coruña.

b) Persoal: as disposicións do presente convenio afectan na súa totalidade ó persoal da empresa Financiera Maderera, S.A., sen máis excepcións que as sinaladas pola lei.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio terá unha duración de tres anos. Entrará en vigor na data do asinamento e rematará a súa vixencia o 31 de decembro de 1998.

En canto ós seus aspectos salariais, retrotráense os seus efectos ó 1 de xaneiro de 1996, para o persoal que nesta data estivese de alta na empresa.

A denuncia para a rescisión do convenio deberá realizarse cunha antelación mínima dun mes á data do seu remate ou de calquera das súas prórrogas, contándose este prazo desde a data de entrada da correspondente denuncia no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións económicas que con carácter de cómputo anual, excedan das fixadas neste convenio.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas, calculadas no seu conxunto, substituirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou do lugar, implantadas pola empresa, que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As disposicións legais que impliquen variación económica nalgúns dos aspectos retributivos terán eficacia práctica se globalmente considerados superan o nivel total do convenio. En caso contrario, calcularanse absorbidas polas melloras pactadas nel.

Sección segunda

Comisión de interpretación

Artigo 5º.-Comisión mixta.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio e, en xeral, para atender cantas dúbidas poidan derivarse da aplicación del, establécese unha comisión paritaria integrada por oito membros, catro pola parte social e catro pola parte económica. Todos eles serán membros da comisión negociadora do presente convenio. Poderán asisti-los asesores que coiden pertinentes por cada parte.

A comisión paritaria estará composta polos seguintes membros:

-Pola parte social:

Álvaro Gabino Lois Fernández

Manuel García Pereira

Antonio Botana Iglesias

José A. Carlos Ares

-Pola empresa:

Ángel Ramos García

Manuel Mera Franqueiro

Sara García Valiña

Ramón Vázquez Lista

Capítulo II

Sección primeira

Ingreso ó traballo

Artigo 6º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores na empresa, a partir da entrada en vigor do presente convenio, realizarase a través do contrato escrito, cando así o esixa a normal legal.

Así mesmo, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación destes e o aviso previo do seu remate, referidos ós contratos temporais, cando a forma legal ou convencional de aplicación así o estableza.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes de comeza-la prestación de servicios. Farase cons

tar no contrato de traballo que deba establecerse por escrito as condicións que se pacten, o grupo profesional ou categoría en que queda encadrado o traballador e o contido mínimo do contrato, así como os demais requisitos formais legalmente esixidos.

Artigo 7º.-Condicións xerais de ingreso.

O ingreso ó traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de desenvolvemento, e co disposto no presente convenio colectivo.

A empresa estará obrigada a solicitar dos organismos públicos de emprego os traballadores que necesite, cando así llo esixa a lexislación vixente, mediante oferta de emprego.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

A empresa, previamente ó ingreso, poderá realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que se consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuados á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

Sección segunda

Duración do contrato e modalidades de contratación

Artigo 9º.-Período de proba.

Sempre que non se pacte por escrito o ingreso será provisional mentres non se cumprise o período de proba, que para cada grupo profesional se detalla a seguir:

a) Persoal técnico titulado e non titulado: dous meses.

b) Persoal administrativo: un mes.

c) Persoal obreiro e subalterno: quince días.

Artigo 10º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato fixo do cadro o que se concerte entre a empresa e o traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Artigo 11º.-Contratación de traballadores en prácticas ou para a formación.

A empresa utilizará estas modalidades de contratación de conformidade coa lexislación vixente, sen prexuízo de que respecto ós contratos formativos, mellorando o disposto na normativa que os regula, resulte de aplicación o que a seguir se establece:

1. Contrato en prácticas.

Este contrato poderá concertarse cos que estivesen en posesión dun título universitario ou de formación profesional de grao medio ou superior, ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, que habiliten para o exercicio profesional,

dentro dos catro anos inmediatamente seguintes ó remate dos correspondentes estudios.

Os traballadores non poderán ser destinados a profesións, traballos ou categorías que non permitan obte-la práctica profesional adecuada ó nivel de estudios alcanzado.

A empresa designará unha persoa, que dentro do seu departamento ou sección coordine as actividades obxecto da práctica profesional, e informará ó comité de empresa dos contratos celebrados, facilitando copia do contrato de traballo de conformidade coa lexislación vixente.

A retribución do traballador contratado en prácticas será a establecida en convenio para a categoría profesional que desempeñe.

Ó remate do período temporal máximo legalmente establecido para este contrato, e en caso de continua-lo traballador coa prestación laboral, a empresa comprométese á conversión do seu contrato en indefinido; o seu obxecto será o desempeñar labores para os que foi formado, quedando prohibido o seu encadeamento con outras modalidades de contratos a tempo determinado.

2. Contrato de aprendizaxe.

O contrato de aprendizaxe terá por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica do traballador contratado, necesaria para desempeñar unha profesión, un oficio ou un posto de traballo cualificado.

Os traballadores non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo que van desempeñar.

O contido do contrato, o mesmo que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurará neste de maneira clara a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorren circunstancias de tipo tóxicas, penosas ou perigosas. No suposto de contratacións con menores de idade non se poderán realizar xornadas nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

Este contrato poderase celebrar con traballadores con idades abranguidas entre 16 e 22 anos, ámbalas dúas incluídas e que non teñan a titulación requirida para a celebración dun contrato en prácticas.

a) A duración máxima do contrato será de tres anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas do sector da madeira.

b) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a seis meses, podendo prorrogar ata tres veces por períodos mínimos de seis meses.

c) Este tipo de contratos realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a for

mación teórica. Concretarase no contrato os días e horas dedicados a formación. Así mesmo especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racional.

No contrato deberá figura-lo nome e categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz así como de tódolos riscos profesionais.

d) O salario que percibirá o aprendiz será o 80, 90 e 100 por 100 do salario da categoría máis baixa do grupo profesional ó que corresponda a aprendizaxe, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato respectivamente.

En caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, no que constará a súa duración.

e) Os pluses extrasalariais percibiranse en contía íntegra durante tódolos días que dure o contrato de traballo.

Artigo 12º.-Contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Por acordo entre empresa e traballador, este poderá xubilarse á idade de sesenta e catro anos e a empresa terá a obriga de contratar un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidese substituílo.

As partes asinantes pactan no presente convenio que, de calquera xeito, a idade máxima para traballar será a de sesenta e cinco anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 13º.-Contratos eventuais.

1. De conformidade co disposto no artigo 15.1º.b do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativco 1/1995, do 24 de marzo, e no Real decreto 2546/1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderá ser de ata vintecatro meses traballados nun período de trinta meses.

2. Os contratos de duración inferior a seis meses poderán ser prorrogados cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen limitación temporal ningunha.

A partir dos seis meses de duración poderán concertarse prórrogas semestrais ata chegar ó período máximo de dous anos. Se non existise prórroga ó vencemento dalgún dos prazos, entenderase o contrato prorrogado ata o límite máximo de dous anos.

3. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente convenio poderán prorrogarse ata os dous anos nas condicións do presente artigo.

4. Ó remate do contrato, a empresa quedará obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de 20 días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

5. Con independencia do establecido no parágrafo precedente, os contratos de duración inferior a catro meses non terán dereito á dita indemnización.

6. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade terán a referencia expresa ó presente artigo.

Artigo 14º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

De acordo coas competencias atribuídas pola Lei 1/1995, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no seu artigo 15.1ºa) as partes asinantes do presente convenio acordan identidicar determinados traballos ou tarefas con substantividade propia dentro das actividades das empresas do sector.

En consecuencia, só se poderán realizar contratos ó abeiro do artigo 15.1ºa) antes citado, é dicir, para obra ou servicio determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación en instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servicio determinado, con substantividade propia fóra das instalacións da empresa, aínda tratándose da actividade normal dela, incluíndo os labores na propia empresa, inherentes á súa preparación.

c) Traballos de rematantes, serradores e industrias da madeira auxiliares de actividades agrarias, tales como envases ou paletas para productos hortofrutícolas, así como actividades de preparación e acondicionamento de madeira nos parques de almacenamento.

En canto ó aviso previo e cesamento observarase o disposto no artigo 26º do presente convenio.

Artigo 15º.-Empresas de traballo temporal.

A empresa poderá utiliza-los servicios das empresas de traballo temporal naqueles supostos recollidos pola lei que establece o seu réxime e funcionamento, sempre que se trate de satisfacer necesidades temporais.

O contrato de posta á disposición formularase por escrito, e informarase á representación dos traballadores sobre cada contrato e dos motivos da súa utilización, dentro dos dez días seguintes á súa celebración.

A empresa comprométese a que os traballadores postos á súa disposición terán os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus propios traballadores, sempre que se trate da cobertura de funcións ou substitución de persoal cualificado, non así cando teña por finalidade a rea

lización de labores de limpeza, embalaxe por puntas de producción, e, en xeral, labores auxiliares das operacións sen producción.

Esta obriga, se é o caso, constará no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria.

Capítulo III

Sección primeira

Clasificación profesional

Artigo 16º.-Grupos profesionais.

Segundo a actividade que desempeña na empresa o persoal afectado polo presente convenio clasificarase de conformidade cos seguintes grupos profesionais, que pola súa vez abranguen as categorías profesionais que se relacionan a seguir:

a) Persoal de fabricación: aprendiz, peón, peón especialista, capataz de peóns, axudante, oficial 2ª, oficial 1ª, xefe de equipo, xefe de quenda, encargado de sección.

b) Persoal de mantemento: aprendiz, oficial 3ª, oficial 2ª, oficial 1ª, xefe de equipo, xefe de taller, xefe de mantemento.

c) Persoal subalterno: dependente economato, ordenanza, porteiro, vixilante, garda, listeiro, almaceneiro, chofer de turismo, chofer mecánico.

d) Persoal administrativo: aprendiz, auxiliar administración, telefonista, mecanógrafa, oficial de segunda, oficial de primeira, xefe, xefe administrativo.

e) Persoal técnico: analista, delineante, ATS, perito, técnico proxectista, licenciado/enxeñeiro.

Sección segunda

Promoción no traballo

Artigo 17º.-Ascensos.

Os ascensos dentro do sistema de clasificación profesional produciranse de acordo cos criterios que se detallan a seguir:

1. A cobertura de vacantes e ascensos para desempeñar postos de traballo que impliquen mando ou confianza serán, en todo caso, de libre designación pola empresa.

2. Os ascensos para o resto de categorías produciranse tendo en conta a formación e titulación dos candidatos, coñecemento do posto de traballo, así como o seu historial profesional e méritos contraídos, a permanencia na categoría profesional, e a antigüidade do traballador, sen prexuízo das facultades organizativas do empresario.

En todo caso, os criterios de ascenso na empresa acomodaranse a regras comúns para os traballadores dun e doutro sexo.

Capítulo IV

Sección primeira

Tempo de traballo

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

1. Duración da xornada.

A fixación dos horarios de traballo e calendario laboral establecerase dentro do mes seguinte á publicación do calendario oficial entre o comité de empresa e a dirección, en caso de desacordo decidirá a autoridade laboral.

A xornada de traballo na empresa Financiera Maderera, S.A. terá as seguintes modalidades:

1. Xornada partida.

2. Xornada continuada.

3. Xornada en quendas.

A duración máxima da xornada de traballo será de corenta horas semanais efectivas de traballo en xornada partida, e de trinta e nove horas trinta minutos de traballo efectivas semanais, en xornada continuada e en xornada a quendas.

2. Distribución da xornada.

A) A modalidade de xornada partida efectuarase de luns a venres realizando oito horas e trinta minutos diarias. Estes traballadores pasarán á xornada continuada entre a segunda semana de xuño e a terceira de setembro a razón de sete horas diarias durante o dito período de tempo. Excepcionalmente, a empresa poderá determinar aqueles departamentos ou seccións que necesariamente deban realizar esta xornada de luns a sábado.

A xornada en quendas de traballo poderá ser de dúas quendas, tres quendas e tres quendas con catro de persoal.

B) A xornada con dúas quendas será de luns a venres a razón de sete horas e trinta minutos de traballo efectivo diarias, traballando os sábados pola mañá alternativamente durante catro horas, ata completa-lo cómputo bisemanal de setenta e nove horas efectivas de traballo.

C) A xornada con tres quendas será de trinta e nove horas e trinta minutos de traballo efectivo, distribuídas de luns á mañá do sábado, a razón de sete horas e trinta minutos de traballo efectivo. Cando unha quenda coincida de mañá, traballará os sábados pola mañá ata completa-lo cómputo trisemanal de cento dezaoito horas e trinta minutos efectivas de traballo.

Para o persoal de xornada partida, e persoal a dúas ou tres quendas, aqueles festivos aprobados no calendario oficial que coincidan en sábado serán trasladados a unha data que se determinará entre a dirección da empresa e o comité do centro de traballo respectivo.

Terán, así mesmo, para estas modalidades de xornada a consideración de días non laborables, os días 24 de xullo, 24 de decembro e 31 de decembro.

D) A xornada con tres quendas diarias e catro de persoal ten por obxecto realizar un proceso de producción que debe ser continuado, de forma que a xornada máxima semanal de trinta e nove horas e trinta minutos de traballo efectivo se realice en cómputo dun máximo de cento cincuenta e oito horas efectivas de traballo cada catro semanas. Os días de traballo consecutivos non poderán exceder de nove e un dos descansos deste período como mínimo coincidirá en domingo. A xornada diaria será de sete horas e trinta minutos de traballo efectivo.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, non cumputable dentro das sete horas e trinta minutos de traballo efectivo, e sen que iso implique ningún trastorno no réxime de fabricación. Cando por motivos de necesidade non se puidese desfrutar será retribuída como exceso de xornada.

A media hora de descanso anteriormente referida non significa traballo efectivo.

A empresa e os traballadores comprométense a respecta-la xornada de traballo que actualmente veñen realizando os traballadores de dúas quendas, tres quendas e tres quendas con catro de persoal.

A empresa Financiera Maderera, S.A. poderá establecer estes sistemas de traballo en todos aqueles centros en proceso de instalación ou que puideran instalarse, así como naquelas seccións onde xa se viña realizando, de conformidade co establecido no artigo 48 que regula a modificación de condicións de traballo.

Na elaboración do calendario anual de traballo para o sistema de tres quendas de traballo con catro de persoal, a empresa poderá incluír como días de traballo un máximo de seis festivos respectando obrigatoriamente o descanso nas seguintes festas: desde as seis horas dos días anteriores ás festas de Nadal, primeiro de ano e vintecinco de xullo, as tres quendas das festas de primeiro de maio, festa local e dúas festas ou domingos que se designarán en cada centro.

En compensación dos días festivos incluídos no calendario de traballo como laborables, os traballadores teñen dereito a un número igual de días de descanso como permiso retribuído, os cales serán desfrutados nas seguintes formas:

Naqueles festivos considerados como laborables e que estean as liñas de producción paradas.

Un quedará absorbido en que as festas de Nadal, primeiro de ano e 25 de xullo se iniciarán ás seis horas do día anterior.

Outro dos festivos terá o seu descanso compensatorio no día acumulado ós 4 días de vacacións, que se desfrutará no período de Nadal, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

Tres dos días, cando os traballadores o soliciten, compatible coa continuidade da producción, e o

día restante poderá ser designado pola empresa nunha parada de fabricación, tendo que ser notificado ós traballadores con trinta días de antelación.

No mes de decembro a empresa aboará en horas extras festivas os días de descanso pendentes de desfrute, agás que os traballadores prefiran acumulalos ó ano seguinte.

Isto non obstante, os traballadores terán opción a cobra-los días festivos na nómina do mes en que se traballen, percibindo como compensación o importe de oito horas extras festivas por día festivo traballado.

3. A xornada máxima anual establécese para os anos 1997 e 1998 en 1.792 horas de traballo efectivo para tódalas modalidades de xornada reguladas no presente convenio, de acordo coa distribución de xornada que se recolle no número 2 deste artigo.

Non obstante, respectarase a xornada anual resultante do calendario de traballo confeccionado de acordo coa distribución de xornada de cada unha das modalidades de traballo, de resultar inferior ás 1.792 horas establecidas como xornada máxima anual.

Sección segunda

Vacacións, licencias e excedencias

Artigo 19º.-Vacacións.

1. Todo o persoal ó servicio da empresa rexido polo presente convenio desfrutará dun período de vacacións de trinta días naturais ininterrompidos, a excepción do persoal de catro quendas, que desfrutará dun día máis de vacacións, co que ese colectivo desfrutará de trinta e un días naturais de vacacións.

A retribución das vacacións será a mesma que correspondería a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto o plus de locomoción.

As vacacións desfrutaranse por anos naturais ou na parte proporcional que corresponde no caso de non levar traballando na empresa o ano completo.

O calendario de vacacións establecido entre a dirección da empresa e comité de empresa, exporase cunha antelación de dous meses como mínimo. O período de vacacións estará abranguido entre a segunda semana de xuño e a terceira de setembro.

Con carácter xeral, para o persoal de réxime de traballo de tres quendas con catro de persoal, o desfrute vacacional dividirase en dous períodos, o primeiro dos cales será de 28 días naturais ininterrompidos que se desfrutarán en período estival, que abrangue a segunda semana de xuño e a terceira de setembro, e de cinco días naturais ininterrompidos que se desfrutarán nos días 26 a 30 de decembro.

Un destes cinco días terá a consideración de descanso compensatorio dun dos festivos regulados no artigo 11 do convenio.

Tanto a compensación por descanso dun festivo acumulado nesas datas, como o efectivo desfrute de trinta e dous días de vacacións para este colectivo, enténdense condicionados ó desfrute do período vacacional nas condicións establecidas nos parágrafos anteriores.

Se por necesidades da empresa, os traballadores tiveran que desfruta-las vacacións fóra dos períodos anteriormente sinalados, serán compensados con catro días laborables máis sobre os recoñecidos como vacacións, ós diferentes colectivos.

No suposto de producirse unha incapacidade transitoria antes do período sinalado para o desfrute de vacacións, estas poderán desfrutarse sempre que durante o ano natural existan días dispoñibles, isto é, que se a IT continuase ata o 31 de decembro non procederá o desfrute das vacacións.

2. Para as seccións de serradoiro, a distribución das vacacións realizarase ó longo de todo o ano natural de forma que polo menos cada mes desfrute as súas vacacións unha doceava parte do persoal das ditas seccións, de tal xeito que poida permitir un normal funcionamento das ditas seccións ó longo de todo o ano.

Este compromiso está suxeito ás seguintes condicións:

1. Este réxime de vacacións está motivado polas innovacións tecnolóxicas tendentes á racionalización do traballo, adaptando o persoal a estas; a empresa garantirá o mantemento do cadro de persoal empregado nas indicadas seccións.

2. A distribución das vacacións entre este persoal farase do seguinte xeito:

a) As quendas de vacacións que correspondan ós meses de marzo, abril, maio e outubro, desfrutaranas de forma ininterrompida.

b) O persoal restante desfrutará quince días das súas vacacións nos meses de novembro, decembro, xaneiro ou febreiro e quince días nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

c) En ámbolos dous casos todo o persoal percibirá unha bolsa de vacacións de 16.416 pesetas ó inicio das vacacións. Así mesmo, todo este persoal ten dereito a catro días laborables máis de vacacións que desfrutará cando o solicite.

Artigo 20º.-Licencias.

O persoal da empresa terá dereito a desfrutar, mediante aviso previo, licencias en calquera dos casos seguintes, sempre que non estea desfrutando das súas vacacións regulamentarias e estas cubran a totalidade do período solicitado de licencia:

a) Por matrimonio do traballador: 21 días naturais retribuídos, que poderán acumularse a vacacións.

b) Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais, pais políticos, irmáns e irmáns políticos: cinco días naturais retribuídos e dous días naturais non retribuídos,

sempre que formen parte da unidade familiar. Tres días naturais retribuídos e dous días naturais non retribuídos se non formasen parte da unidade familiar.

c) Por falecemento de avós, avós políticos e netos: tres días naturais retribuídos.

d) Por falecementos de tíos, sobriños e tíos políticos: tres días naturais retribuídos, sempre que formen parte da unidade familiar. Un día natural retribuído, ampliable a dous días máis sen retribución, se non formasen parte da unidade familiar.

e) Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, irmáns ou pais políticos: tres días naturais retribuídos e dous días naturais sen retribución, igualmente os fillos políticos se forman parte da unidade familiar.

f) Por parto da esposa: cinco días naturais retribuídos.

g) Por voda dun fillo: dous días naturais retribuídos.

h) Por voda dun irmán: un día natural retribuído.

i) Por estudios, concederanse as licencias necesarias retribuídas para que se poida concorrer ós exames nas convocatorias do correspondente centro, debendo ser presentados os xustificantes de convocatoria e asistencia a exame.

j) Por cumprimento dun deber de carácter público e persoalmente inescusable: o tempo preciso para iso, sendo retribuído.

k) Por mudanza: dous días naturais retribuídos.

l) O persoal de xornada partida terá dereito a un día de licencia que será desfrutado cando o solicite.

Posteriormente ó desfrute destes permisos, os productores xustificarán de maneira fidedigna as causas que os motivaron.

O desfrute das licencias terá que comezar no momento inmediato á causa que a motiva, de non ter sido solicitada en tal sentido non haberá lugar á dita licencia, con excepción do sinalado no apartado a.

Artigo 21º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo. O reingreso solicitarase dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

Artigo 22º.-Excedencia voluntaria.

1. O traballador con, polo menos, unha antigüidade na empresa dun ano terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco. Nos supostos en que o

traballador estea suxeito a un contrato de duración temporal, a duración máxima da excedencia voluntaria en ningún caso poderá supera-la da duración do contrato. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador, se é o caso, se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia, agás casos excepcionais, en que de mutuo acordo poderá reducirse o dito prazo.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza ou por adopción contado desde a data do nacemento ou adopción deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un período de excedencia que, se é o caso, porán fin ó que se estivese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderán exercer este dereito. Durante o primeiro ano, a partir do inicio da situación de excedencia para coidado de fillos de ata tres anos, terase dereito á reserva do posto de traballo.

3. O traballador excedente conserva tan só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes, de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producisen na empresa, e sempre que o soliciten con, polo menos, un mes de antelación ó remate da excedencia.

Artigo 23º.-Excedencia especial.

Os traballadores terán así mesmo dereito por unha soa vez a un período de excedencia non superior en ningún caso a seis meses con dereito á reserva de posto de traballo para os supostos de atención persoal ó cónxuxe, pais, fillos ou irmáns, neste caso que formen parte da unidade familiar, en situación de enfermidade ou incapacidade que requira a dita asistencia. Tal situación deberá quedar necesariamente acreditada no momento da solicitude da excedencia. O incumprimento por parte do traballador excedente da condición motivadora supón un incumprimento contractual por parte do traballador que será considerado como falta moi grave.

En cada unha das solicitudes elaborarase, con carácter preceptivo, un informe pola asistencia social da empresa, co fin de acredita-las circunstancias sociais e familiares que concorren en cada suposto.

Artigo 24º.-Disposición comúns ás excedencias.

1. Nas excedencias en que concorra a circunstancia de temporalidade do contrato, a duración deste non se verá alterada pola situación de excedencia do traballador, e en caso de chegar ó termo deste durante o transcurso dela, extinguirase o dito contrato logo da súa denuncia avisada previamente no prazo mínimo de quince días, agás pacto en contrario.

O incumprimento do prazo de aviso previo por parte da empresa suporá exclusivamente a obriga de compensar economicamente o traballador no

importe dos días de falta de aviso previo, no momento da súa liquidación.

2. Durante o período de excedencia, o traballador, en ningún caso, poderá prestar servicios que supoñan unha concorrencia desleal en relación á empresa. Se así o fixera, perdería automaticamente o seu dereito de reingreso.

Artigo 25º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade o tempo que dure o servicio militar dos traballadores. Unha vez que o cumprisen, teñen dereito a ocupa-lo mesmo posto desempeñado ó se incorporaren a filas.

Durante o servicio militar percibiranse as pagas extraordinarias establecidas no presente convenio, e a empresa estará obrigada a proporcionar traballo ó empregado que o solicite sempre que este acredite documentalmente a posibilidade de traballar 15 días como mínimo.

Para o persoal que cumpra o servicio militar na mesma praza onde está situada a factoría, tratará de adoptarse por parte da empresa un horario flexible, sempre que as condicións do posto de traballo o permitan.

Sección terceira

Extinción da relación laboral

Artigo 26º.-Preavisos e cesamentos.

O cesamento dos traballadores por remate do contrato deberá comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación mínima de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, todo isto sen prexuízo da notificación escrita de cesamento.

Cando sexa o traballador o que comunique a súa decisión de extingui-lo contrato antes do seu remate, operará a indemnización resarcitaria de contrario establecida en idénticos termos.

Non será de aplicación o disposto anteriormente en canto a prazo de aviso previo e indemnizacións para os contratos concertados baixo a modalidade de interinidade ou substitución, eventuais por circunstancias da producción ou obra ou servicio inferiores ou iguais a seis meses, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

Aqueles contratos temporais que superasen o establecido no parágrafo anterior, a excepción dos contratados por interinidade ou substitución, deberán avisarse por escrito coa antelación seguinte:

-Técnicos: un mes.

-Resto de persoal: quince días naturais.

Non obstante, a empresa poderá susbtituír este aviso pola indemnización equivalente ós días de empresa omitidos en similares termos có expresado no parágrafo primeiro.

Cando sexa o traballador o que comunique a súa decisión de extingui-lo contrato antes do seu remate operará a indemnización en sentido contrario establecida en idénticos termos.

Idéntica indemnización resarcitoria procederá cando o traballador fixo do cadro de persoal decidise extingui-lo seu contrato notificando por escrito a súa baixa voluntaria na empresa e incumprise os prazos de aviso previo indicados no parágrafo cuarto.

Capítulo V

Sección primeira

Estructura salarial

Artigo 27º.-Estructura salarial.

Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores, en diñeiro ou en especie, que reciben pola prestación dos servicios laborais por conta allea.

1. Conceptos que abranguen as retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais:

-Persoais: antigüidade consolidada e garantía ad personam.

-De posto de traballo: plus de nocturnidade. Plus de xornada: dúas quendas, de tres quendas, plus de traballo ininterrompido, plus de xornada partida. Plus de especialidade.

-De calidade ou cantidade: horas extras.

-De vencemento periódico superiro a un mes:

-Paga de primavera.

-Paga de verán.

-Paga de Nadal.

2. Complementos non salariais:

-Prestacións e indemnizacións de Seguridade Social ou asimiladas a estas.

-Axudas de custo de viaxe.

-Quebranto de moeda.

-Plus de locomoción.

-Mellora social.

-Compensación transporte Cesures.

-Indemnizacións por cesamentos, desprazamentos, traslados, suspensións ou despedimentos.

Artigo 28º.-Devengo do salario.

O salario base, o complemento ad personam, o plus de especialidade, as pagas extraordinarias e as vacacións, así como a antigüidade consolidada e o plus de xornada devengarase por día natural e o resto dos complementos salariais por días de traballo efectivo.

Artigo 29º.-Salario base.

Enténdese por salario base a parte de retribución do traballador fixada por unidade de tempo sen atender a circunstancias persoais, de posto de traballo, por cantidade ou calidade de traballo ou de vencemento periódico superior ó mes.

As contías de salarios base establecidos para cada categoría profesional, son as que se recollen nas táboas do anexo I do presente convenio.

Artigo 30º.-Salario hora ordinaria.

Enténdese por salario hora ordinaria o cociente que se obtén ó dividi-lo salario anual de cada nivel, grupo ou categoría, establecido no convenio polo número de horas anuais de traballo efectivo.

Artigo 31º.-Complementos persoais.

Os complementos persoais son os que veñen retribuír unha circunstancia especial ou específica do traballador, tales como idiomas, títulos, coñecementos especiais e outros, sempre que resulten de aplicación ó traballo que desenvolve o traballador e non fosen valorados ó establece-lo salario base do seu grupo ou nivel.

Artigo 32º.-Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos quedando, polo tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que xerasen ou xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en conceptos de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto antigüidade consolidada, non sendo absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto calcularase o equivalente a oito anos, é dicir, un quinquenio e tres quintas partes doutro quinquenio, de conformidade coa contía establecida neste convenio para a antigüidade, unha vez actualizada segundo o incremento económico para o ano 1996.

A contía resultante dividirase entre cinco, sendo o valor efectivo unha vez efectuado o cálculo de 18.192 pesetas, cantidade que será engadida ó salario base de cada categoría cada ano durante os próximos cinco anos.

2. A contía do quinquenio consolidado, que non terá incremento nin diminución ningunha nas sucesivas negociacións, será de 3.790 pesetas mensuais, igual para tódalas categorías.

Artigo 33º.-Complementos de posto de traballo.

Son aqueles complementos salariais que debe percibi-lo traballador por razón das características do posto de traballo ou pola forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente.

Considéranse complementos de posto de traballo os pluses de xornada, o plus de nocturnidade e o plus de especialidade.

Estes complementos de posto son de natureza funcional, e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que, como regra xeral, non terán carácter consolidable.

Artigo 34º.-Pluses de xornada.

Os traballadores, en función da modalidade de xornada que realicen, percibirán os seguintes pluses:

a) Plus dúas quendas e de xornada partida: os traballadores en réxime de dúas quendas e xornada partida percibirán por este concepto 9.336 pesetas mensuais.

b) Plus de tres quendas: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con descanso dominicial percibirán por cada mes traballado neste réxime a cantidade de 11.796 pesetas.

c) Plus de traballo ininterrompido: os traballadores en réxime de tres quendas de traballo con catro quendas de persoal percibirán por este concepto 26.816 pesetas mensuais.

Artigo 35º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas entre as 22 e as 6 horas da mañá retribuiranse co complemento denominado nocturnidade; a súa contía fíxase nun incremento do 25% o seu respectivo salario base.

O complemento de nocturnidade aboarase integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teñan unha coincidencia superior a catro horas; se a coincidencia fose de catro horas ou inferior a ese tempo a retribución que se aboará será proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

O persoal que traballe en dúas quendas cando a coincidencia horaria entre a xornada de traballo e o período nocturno sexa igual ou inferior a unha hora, non terá dereito ó complemento de nocturnidade.

Artigo 36º.-Plus de especialidade.

1. Percibirán este complemento salarial aqueles traballadores que por razón do seu oficio, profesión ou especialidade, realicen un traballo de carácter cualificado ou polivalente, con experiencia e solvencia acreditada no desempeño das súas funcións.

Este concepto salarial que terá a consideración de plus de posto de traballo, aboaráselle ó persoal de mantemento, e empezarase a percibir a partir do mes seguinte ó que o traballador adquira a condición de fixo do cadro de persoal ou leve tres anos de traballo na especialidade ou oficio, nas condicións nas que se viña aplicando o artigo 3 ou ad personam ó colectivo de mantemento.

Os importes mensuais do plus de especialidade serán os que se detallan a seguir, e devengaranse do mesmo xeito có complemento ad personam, percibíndose, polo tanto, nas pagas extraordinarias e na retribución das vacacións.

-Oficial 1ª e 2ª

Ano 1996: 27.500 pesetas.

Ano 1997: incremento convenio.

Ano 1998: 30.000 pesetas.

-Oficial 3ª

Ano 1996: 17.500 pesetas

Ano 1997: incremento convenio.

Ano 1998: 20.000 pesetas.

Artigo 37º.-Garantía ad personam de mantemento.

1. Os traballadores da sección de mantemento que no momento de asina-lo convenio estean percibindo cantidades mensuais en concepto de complemento ad personam, percibirán as contías establecidas no número anterior para o plus de especialidade de acordo coa súa categoría profesional en concepto de ad personam.

A aplicación das anteriores contías realizarase do seguinte xeito:

a) Para os traballadores que tiñan asignadas como ad personam contías inferiores ás establecidas no dito plus, verán incrementada a súa retribución ata as contías determinadas para o plus de especialidade.

b) Aqueles traballadores da sección de mantemento que estean percibindo contías superiores ás establecidas no plus de especialidade, continuarán percibindo a contía xa consolidada á que se lle aplicarán os sucesivos incrementos de convenio, que figurará na nómina en concepto de garantía ad personam consolidado.

2. A partir do asinamento do presente convenio non se xerarán novos dereitos polo concepto ad personam para o persoal de mantemento, pasando a partir da data a retribuírse a través do plus de especialidade.

A percepción da garantía ad personam de mantemento establecida no presente artigo será incompatible coa percepción do plus de especialidade.

Artigo 38º.-Gratificacións extraordinarias.

A tódolos traballadores aboaránselle-las pagas extras de verán e Nadal na contía, cada unha delas, que sume os seguintes conceptos: salario base, complemento ad personam, plus de especialidade e antigüidade consolidada, todos eles referidos a trinta días de traballo.

Tamén se lles aboará a paga de primavera en contía de quince días de salario base, complemento ad personam e plus de especialidade, máis trinta días de antigüidade consolidada.

A paga de primavera farase efectiva o día 15 de marzo, a de verán o 15 de xullo e a de Nadal o día 15 de decembro ou nos días inmediatamente anteriores se estes fosen festivos.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo de permanencia na empresa durante os doce meses anteriores ó aboamento delas, computándose como permanencia os períodos de incapacidade transitoria.

Artigo 39º.-Horas extraordinarias.

Serán horas extraordinarias todas aquelas que excedan da xornada establecida no artigo 18 para cada réxime de traballo.

1. Terán a consideración de horas extraordinarias festivas as realizadas en domingo, día festivo ou en día de descanso. Ademais cando un festivo coincide en día de descanso semanal, percibiranse oito horas extras festivas, entendéndose que a xornada que, segundo o seu réxime de quenda, se realiza en domingo, non ten consideración de horas festivas en canto que é compensado con descanso semanal.

Así mesmo, aquelas horas extraordinarias que por motivos técnicos teñan que se realizar en período nocturno, terán a consideración, para efectos retributivos, de hora extra festiva.

2. As horas extraordinarias, por regra xeral, serán obxecto de aboamento na nómina do mes no que se traballen, de conformidade cos valores que para as horas extraordinarias se establecen para cada categoría profesional no anexo II do presente convenio, que supoñen un incremento do 75% sobre a hora ordinaria e dun 100% no caso de hora extra festiva.

Non obstante, os traballadores terán a opción da súa compensación por descanso retribuído, en igual tempo ó prestado como traballo extraordinario, sempre que sexa comunicado con carácter previo á súa realización á empresa, co fin de coñecer coa suficiente antelación as necesidades de persoal para evitar trastornos no proceso productivo.

No suposto de opción polo descanso retribuído de conformidade co establecido no apartado anterior, no mes en que se desfrute o descanso retribuído, aboarase adicionalmente a diferencia entre o valor hora ordinaria, con media de tódolos conceptos económicos, e a hora extraordinaria, ou se é o caso, hora extraordinaria festiva.

O aboamento en tempo de descanso deberá desfrutarse dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

3. A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderá á empresa, e a libre aceptación ou denegación ó traballador.

4. Terán a consideración de horas extraordinarias de carácter estructural as necesarias por perdas imprevistas, por períodos punta de producción, mantemento, ausencias imprevistas, cambios de

quenda, e outras circunstancias de carácter estructural derivadas na natureza do traballo de que se trate.

Cando exista a necesidade de realizar horas que deban ter carácter estructural, comunicaráselle previamente ó comité de empresa.

Artigo 40º.-Pagamento do salario.

A liquidación e pagamento do salario farase documentalmente mediante recibos de salarios que se axustarán ás normas vixentes sobre a materia, nos que figurarán tódolos datos de identificación, segundo a Orde do 27 de decembro de 1994, e os conceptos devengados polo traballador debidamente especificados.

O salario aboarase por períodos vencidos e mensualmente antes do último día natural de cada mes.

A empresa poderá paga-las retribucións e anticipos mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidades bancarias ou financeiras, logo de comunicación ó comité de empresa.

O pagamento ou sinatura de recibos que o acredite, efectuarase dentro da xornada laboral.

O traballador, e coa súa autorización o seu representante, terá dereito a percibir antes de que chegue o día sinalado para o pagamento e por unha soa vez ó mes, anticipo a conta do traballo xa realizado. O importe do anticipo poderá ser de ata o 90% das cantidades devengadas.

No momento do pagamento do salario, ou se é o caso anticipo a conta, o traballador asinará o recibo correspondente e entregaráselle copia del.

Artigo 41º.-Retribución das vacacións.

1º. A retribución que se percibirá por vacacións será a establecida no artigo 19 do presente convenio, e será a mesma que corresponda a cada traballador polo seu traballo habitual, excepto o plus de locomoción.

2º. Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles realice no momento da súa baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

3º. Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle realice a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral durante o ano.

4º. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal sexa a causa. Non obstante, dado que o dereito a desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu

vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución das vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase nos cesamentos por remate do contrato.

Sección segunda

Devengos non salariais

Artigo 42º.-Axudas de custo e desprazamentos.

A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria, e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O persoal que saia fóra da localidade na que resida a empresa por causas de servicio a ela, terá dereito a unha indemnización polos gastos que se lle orixinen, logo de xustificación.

Artigo 43º.-Quebranto de moeda.

Os pagadores percibirán por este concepto a cantidade de 4.062 pesetas mensuais.

Artigo 44º.-Mellora social.

Todo o persoal que traballe a xornada partida poderá realiza-lo xantar nun establecemento de hostelería, e seralle deducido do importe total do xantar a cantidade de 450 pesetas por ser estas aboadas pola empresa.

Para os anos seguintes a contía ascenderá a 475 pesetas e para o ano 1998 será de 500 pesetas.

Artigo 45º.-Plus de locomoción.

Establécese un plus de locomoción para tódolos traballadores polos importes que figuran na táboa anexa III.

O dito plus estará referido a días efectivos de traballo, polo que, de producirse algunha ausencia a el que non encaixe dentro daqueles supostos nos que a empresa está obrigada a aboa-la retribución completa, descontarase a parte proporcional correspondente ós días de ausencia no mes, en relación coa días laborables deste.

Artigo 46º.-Transporte.

Para o persoal de Finsa do centro de traballo de Cesures establécese unha cantidade compensatoria de calquera sistema de transporte para acudir ó centro de traballo, que queda cifrada na contía de 2.192 pesetas traballador/mes, que se aboará en nómina baixo o concepto de compensación por transporte nas mesmas condicións que vén regulado o plus de locomoción.

Sección terceira

Igualdade de retribucións

Artigo 47º.-Igualdade de retribucións.

Non se pode establecer diferencia de retribucións por razón de sexo, idade ou nacionalidade para o persoal que desenvolva traballo de igual valor. Considerarase valor igual aquel que teña idéntica clasificación profesional e posto de traballo, así como función, actividade e rendemento.

O mesmo respectarase para a promoción persoal.

Capítulo VI

Sección primeira

Mobilidade funcional

Artigo 48º.-Mobilidade funcional na empresa.

A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional.

Estas condicións non poderán ser modificadas por contrato individual, sempre que implique renuncia de dereitos e obre en prexuízo do traballador.

1. A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ó grupo profesional ou a categoría equivalentes unicamente será posible se existen razóns técnicas ou organizativas que a xustifiquen e polo tempo indispensable para a súa atención.

No caso de que se encomenden funcións de categoría inferior, a decisión deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, debendo a empresa comunicar previamente á representación dos traballadores a dita situación, e o prazo polo que estima que pode prolongarse.

2. Se como consecuencia da mobilidade funcional se realizasen funcións superiores ás do grupo profesional ou as de categorías equivalentes por un período superior a seis meses durante un ano ou de oito meses durante o período de dous anos, o traballador poderá reclama-lo ascenso á dita categoría profesional ante a dirección da empresa, que deberá responder por escrito á solicitude do traballador no prazo de quince días.

A decisión da empresa será, así mesmo, comunicada ó comite de empresa por escrito, co fin de que poida coñece-los seus motivos e poida, se é o caso, emitir informe no suposto de que o traballador pretenda exercer unha acción de reclamación ante a xurisdicción competente.

O traballador percibirá a retribución correspondente á categoría profesional que efectivamente realice, agás nos casos de encomenda de funcións inferiores, nos que manterá a súa retribución de orixe.

Sección segunda

Modificación de condicións de traballo

Artigo 49º.-Modificación substancial de condicións de traballo.

1. A dirección da empresa por motivos de carácter organizativo, técnico, de producción, ou por causas económicas, poderá acordar modificacións substanciais das condicións de traballo, de conformidade co disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores e o establecido no presente artigo.

Terán a consideración de modificacións substanciais das condicións de traballo, entre outras, as que afecten ás seguintes materias:

a) Xornada de traballo.

b) Horario.

c) Rexime de traballo a quendas.

d) Sistema de remuneración.

e) Sistema de traballo e rendemento.

f) Funcións, cando excedan os límites da mobilidade funcional.

2. A adopción destas medidas tramitarase de acordo co procedemento que se establece a seguir:

A) Modificación de carácter individual:

Considérase de carácter individual as condicións de traballo de que desfrutan os traballadores a título individual.

No suposto de que se prevexa unha modificación de condicións de traballo de carácter individual, a empresa notificaralles ós afectados pola modificación e ó comité de empresa, cunha antelación mínima de trinta días á data da súa efectividade, as causas que motivan a decisión e os termos e condicións en que terá efectos, co fin de que os traballadores a título individual, como o comité de empresa, na representación que ostenta, poidan formula-las propostas e alegacións que coiden oportunas.

Unha vez concluído este período de consultas, que deberá ter unha duración mínima de dez días, a empresa notificará a súa decisión ós interesados e ó comité de empresa, que será executiva e producirá efectos a partir da data determinada na comunicación inicial.

Nos supostos previstos nas letras a), b) e c) do apartado 1, se o traballador ou traballadores resultasen prexudicados pola modificación substancial das condicións, terán dereito a rescindi-lo seu contrato e percibir unha indemnización de vinte días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de nove meses, todo iso de conformidade co disposto no número 3 do artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Sen prexuízo da executividade da modificación, o traballador que non tendo optado pola rescisión

do seu contrato, se amose disconforme coa decisión empresarial, poderá impugnala perante a xurisdicción competente.

B) Modificacións de carácter colectivo.

Considérase de carácter colectivo a modificación daquelas condicións recoñecidas ós traballadores en virtude de acordo ou pacto colectivo, ou desfrutadas por estes en virtude dunha decisión empresarial de efectos colectivos.

A decisión de modificación substancial de condicións de traballo de carácter colectivo será notificada ó comité de empresa cunha antelación mínima de trinta días, e abrirase un período de consultas de duración non inferior a quince días, coa representación dos traballadores, no que se exporán as causas que motivan a decisión da empresa, os traballadores que resultarán afectados pola modificación e os obxectivos que se pretenden alcanzar con ela.

No período de consultas, ámbalas partes deberán negociar con vistas a alcanzar un acordo, e tratarase sobre as causas motivadoras da decisión da empresa e a posibilidade de evitar ou reduci-los seus efectos, así como sobre as medidas necesarias para atenua-las súas consecuencias para os traballadores afectados.

As modificacións funcionais e de horario que de conformidade co artigo 41 teñan a consideración de individuais, por non afectar ó número de traballadores mínimo que recolle a escala, tramitaranse de conformidade co disposto nesta letra, sen prexuízo do mutuo acordo que poida alcanzarse cos traballadores afectados.

As modificacións funcionais e de horario que de conformidade co artigo 41 teñan a consideración de individuais, por non afectar ó número de traballadores mínimo que recolle a escala, tramitaranse de conformidade co disposto nesta letra, sen prexuízo do mutuo acordo que poida alcanzarse cos traballadores afectados.

O acordo coa representación legal dos traballadores entenderase sen prexuízo do dereito dos traballadores afectados de impugna-la decisión ante a xurisdicción competente.

C) Modificacións nas quendas de traballo.

Ámbalas partes conveñen na necesidade de establecer un sistema que permita unha adaptación flexible ós requirimentos productivos e ós derivados das innovacións tecnolóxicas que se poidan implantar na empresa, tendo en conta, así mesmo, os prexuízos económicos que se poidan derivar ós traballadores pola modificación do seu réxime de traballo.

Con fundamento no principio anteriormente exposto, e sen prexuízo da apertura de período de consultas co comité de empresa, nas condicións reguladas para as modificacións de carácter colec

tivo, no que a empresa informará e analizaranse as causas que motivan a modificación e os traballadores que resulten afectados, subscribirase unha acta de acordo, na que se faga consta-los extremos indicados, e os termos nos que terá efectos, sempre que se garantan as compensacións que se detallan a seguir.

1) Cambio de réxime de quenda de carácter definitivo.

Naqueles supostos en que a modificación de condicións proposta supoña un cambio na réxime de quenda na que o traballador viña prestando servicio, que implique unha diminución na súa retribución, por diferencia entre as contías dos pluses que percibirá, a empresa garantirá unha indemnización pola diferencia de haberes, de conformidade co que se establece nos parágrafos seguintes.

Esta compensación aboarase unicamente a aqueles traballadores fixos no cadro de persoal, e en función do tempo en que estivesen prestando servicios no réxime de quenda que ten asignada unha retribución superior, aplicando a escala seguinte referida a diferencias retributivas:

-Catro ou máis anos: 24 meses.

-Máis de tres anos: 12 meses.

-Máis de un ano ininterrompido ou 14 meses en dous anos: 6 meses.

Esta indemnización, que non terá carácter salarial, aboarase en dous prazos no primeiro suposto. O primeiro deles, por importe dunha anualidade, no mes en que se produza o cambio de réxime de quenda, e o segundo unha vez transcorrido un ano natural. Nos dous supostos restantes, a indemnización aboarase dunha soa vez no mes en que se produza a modificación.

2) Modificación do réxime de quenda por necesidades productivas.

No suposto de que a medida proposta non teña que producir efectos con carácter definido, e veña motivada por situacións circunstanciais do mercado, que afecte a unha sección ou grupo de traballadores, poderase modifica-lo réxime de quenda, logo de apertura dun período de consultas de sete días co comité de empresa, e sen prexuízo da executividade da decisión da empresa, para permitir unha rápida adaptación da producción á demanda do mercado.

Ó igual que no número anterior, se como consecuencia deste se producise unha diminución na retribución, manterase o aboamento dos pluses que se viñan percibindo durante o período no que se prolongue a situación, co máximo dunha anualidade, tempo límite no que a empresa se compromete a comunicarlles ós afectados e ó comité de empresa, se se volve á quenda orixinaria ou se consolida o novo réxime de quenda.

No suposto en que a situación se consolide, e polo tanto a modificación do réxime de quenda teña que ter carácter definitivo, rexerase polo disposto no número anterior, entendéndose percibidas a conta da indemnización que corresponda, un máximo de seis mensualidades de complemento de pluses, percibidas desde que se produciu a modificación da quenda de traballo.

As condicións para cobra-la indemnización deben cumprirse na data en que se produce a modificación inicial do réxime de quenda.

3) No caso de que o cambio de réxime de quendas implique unha retribución superior, por aplicación dos pluses correspondentes, non procederá indemnización ou compensación.

A consolidación no novo réxime de quenda producirase unha vez transcorrido un ano ininterrompido ou catorce meses en dúas anualidades consecutivas.

No suposto de que se volva ó réxime de quenda orixinaria sen ter consolidado o novo réxime de quenda, aplicaranse os pluses que correspondan á quenda orixinaria, sen que os traballadores teñan dereito a indemnización.

Sección terceira

Mobilidade xeográfica

Artigo 50º.-Mobilidade xeográfica.

A empresa por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción poderá proceder ó traslado de traballadores a un centro de traballo distinto da mesma empresa, de conformidade co establecido no artigo 40 do Estatuto dos traballadores.

A) Nos supostos de traslados de carácter individual, segundo a lexislación vixente, a decisión e os motivos dela deberán ser comunicados ós afectados e ó comité de empresa con, polo menos, trinta días de antelación á efectividade do traslado.

No dito período abrirase un prazo de consultas e negociación coa representación dos traballadores, co obxecto de analiza-las causas a que responde a medida, e atenuar no posible o seu alcance, de acordo coas circunstancias que concorran en cada un dos traballadores, sen prexuízo da efectividade do traslado.

B) No suposto de que a decisión de traslado tivese carácter colectivo, de conformidade co estatuto, abrirase un período de consultas por un período non inferior a sesenta días, no que ámbalas partes deberán negocia-las condicións do traslado co obxectivo de alcanzar un acordo, no que se establecerán as condicións e o prazo da súa efectividade.

Unha vez rematado o dito prazo, se non se alcanzase un acordo, a empresa notificaralle á representación dos traballadores e á autoridade laboral a súa decisión, que se levará a cabo de conformidade

co regulado no artigo 40 do Estatuto dos traballadores.

Tanto nos supostos de traslado de carácter individual como nos de carácter colectivo, a empresa garante unha compensación por traslado, que abranguerá o custo a que ascenda da mudanza, e o aboamento dos gastos de viaxe do traballador e dos familiares ó seu cargo, que incluirán os billetes de desprazamento, ou quilometraxe e a manutención e aloxamento necesarios para efectua-la viaxe. En todo caso, procederase ós pagamentos logo de presentación das facturas correspondentes.

Os traballadores afectados, aínda no suposto de que exista un acordo entre a empresa e a representación dos traballadores, poderán optar entre acepta-lo traslado ou a extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de vinte días por ano de traballo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.

2) Desprazamentos temporais:

Por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de producción, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá efectuar desprazamentos temporais dos seus traballadores, debendo aboar ademais dos salarios, os gastos de viaxe e manutención e, se é o caso, aloxamento, todo iso de conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores.

A empresa informará previamente ó comité de empresa das condicións do desprazamento e dos motivos del, co fin de que poida efectua-las consideracións oportunas, ou propoñe-la designación daquelas persoas ás que debería afecta-la medida, sen prexuízo da efectividade da decisión da empresa.

A data de efectividade do traslado deberá notificarse cunha antelación mínima de 15 días.

Capítulo VII

Da representación colectiva dos traballadores

Sección primeira

Dos comités de empresa

Artigo 51º.-Comités de empresa e delegados de persoal.

O comité de empresa e os delegados de persoal terán dereito a recibi-la información, emitir informes e exerce-lo labor de vixilancia sobre as materias expresamente previstas polas normas legais vixentes. Así mesmo, gozarán das garantías en materias disciplinarias, de non discriminación, exercicio da liberdade de expresión e disposición de créditos horarios previstos na lexislación vixente.

Artigo 52º.-Información.

Cando se produzan decisións da empresa que teñan que efectuar substancialmente á organización do traballo e necesiten a aprobación da autoridade

laboral, a empresa informará previamente ós comités de empresa, con vinte días de antelación.

-Copia básica dos contratos:

A dirección da empresa entregará, nun prazo máximo de sete días, ó comité de empresa e á sección sindical a que pertenza o traballador, unha copia íntegra de tódolos contratos de traballo celebrados por escrito, así como das modificacións ou prórrogas deles.

Así mesmo, a empresa informará no prazo máximo de tres días ó comité de empresa e á sección sindical á que pertenza o traballador, dos contratos non celebrados por escrito, notificando tódolos datos relativos ás súas condicións laborais, coa soa excepción dos referidos á súa intimidade persoal.

Artigo 53º.-Eleccións sindicais.

Os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade mínima de catro meses na empresa, sempre que superasen o período de proba, serán elixibles nas eleccións a representantes dos traballadores, tal e como se prevé na sección segunda, artigo 69 e seguintes do Estatuto dos traballadores.

Artigo 54º.-Crédito horario.

Cada un dos membros do comité de empresa disporá dun crédito de corenta horas mensuais retribuídas para o desenvolvemento da súa actividade sindical, podendo acumularse as horas dos distintos membros do comité de empresa nun ou varios dos seus compoñentes, sen excede-lo máximo total, podendo quedar relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

Artigo 55º.-Dereito de reunión.

1º. Os traballadores dunha empresa ou centro de traballo teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polos delegados de persoal, comité de empresa ou centro de traballo ou por un número de traballadores non inferior ó 33 por 100 do cadro de persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité de empresa ou polos delegados de persoal, mancomunadamente, que serán responsables do seu normal desenvolvemento, así como da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só poderán tratarse nela os asuntos que previamente consten incluídos na orde do día.

2º. A presidencia da asemblea comunicaralle á dirección da empresa a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir á asemblea e acordará con esta as medidas necesarias para evitar perturbacións na actividade laboral normal. Cando, por calquera circunstancia, non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal sen prexuízo ou alteracións no normal desenvolvemento da producción, as diversas reunións parciais que que teñan que celebrarse con

sideraranse como unha soa e datadas no día da primeira.

3º. As asembleas celebraranse fóra das horas de traballo. A celebración da asemblea poñerase en coñecemento da dirección da empresa cunha antelación mínima de corenta e oito horas, indicando a orde do día, persoas que ocuparán a presidencia e duración previsible.

Sección segunda

Da acción sindical

Artigo 56º.-Delegados sindicais.

1º. A representación do sindicato na empresa será ostentada por un delegado, nos termos previstos na Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

O sindicato que alegue posuír dereito a estar representado mediante titularidade persoal na empresa, deberá acreditalo perante esta en forma fidedigna, recoñecendo esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

Os delegados sindicais terán as competencias, garantías e funcións recoñecidas nas leis ou normas que as desenvolven.

2º. O delegado sindical deberá se-lo traballador que se designará de acordo cos estatutos do sindicato ou central a quen representa, terá as seguintes funcións:

Recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo, e sen perturba-la actividade normal da empresa.

Representar e defende-los intereses do sindicato a quen representa e dos seus afiliados, no centro de traballo, e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato ou central sindical e a dirección da empresa.

Asistir ás reunións do comité de empresa do centro de traballo e comité de seguridade e saúde con voz e sen voto.

Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña á disposición do comité de empresa, respectándose as mesmas garantías cós membros do comité de empresa, e estará obrigado a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias que legalmente proceda.

Ser informado e oído pola dirección da empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, ós traballadores do seu centro de traballo, e particularmente ós afiliados ó seu sindicato que traballen no dito centro.

O delegado sindical cinguirá as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias, axustando, en calquera caso, a súa conducta á normativa vixente.

3º. As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos terán dereito á utilización dun local

adecuado, no que poidan desenvolve-las súas actividades de conformidade co establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Participación nas negociacións dos convenios colectivos: ós delegados sindicais que participen nas comisións negociadoras dos convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo, seranlles concedidos permisos retribuídos pola empresa co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e durante o transcurso da negociación, sempre que a empresa estea afectada polo convenio colectivo de que se trate.

Reunirse, fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa, cos traballadores desta afiliados ó seu sindicato.

Inserir comunicados nos taboleiros de anuncios previstos para tal efecto, que puidesen interesar ós afiliados ó sindicato e ós traballadores do centro.

Os delegados sindicais, sempre que non formen parte do comité de empresa, disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, en iguais termos e contido cós recollidos neste covenio para o comité de empresa.

Artigo 57º.-Cota sindical.

Nos centros de traballo, por solicitude formulada por escrito ás empresas por cada un dos traballadores afiliados ós sindicatos legalmente constituídos, as empresas descontarán na nómina mensual ós ditos traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O aboamento da cantidade recadada pola empresa farase efectivo, por meses vencidos, ó sindicato correspondente, mediante transferencia á súa conta bancaria.

A empresa efectuará as ditas detraccións, agás indicaciónen contrario, durante períodos dun ano.

O traballador poderá, en calquera momento, anular por escrito a autorización.

Artigo 58º.-Excedencias sindicais.

O persoal con antigüidade de catro meses que exerza ou sexa chamado a exercer un cargo sindical nos órganos de goberno comarcais, provinciais, autonómicos ou nacionais dunha central sindical terá dereito a unha excedencia forzosa polo tempo que dure o cargo que a determina.

Para accede-lo traballador á dita excedencia, deberá xuntar á comunicación escrita á empresa o certificado da central sindical correspondente no que conste o nomeamento do cargo sindical de goberno para o que fose elixido.

O traballador excedente forzoso ten a obriga de comunicarlle á empresa, nun prazo non superior ó mes, a desaparición das circunstancias que motivaron a súa excedencia; no caso de non efectuala no dito prazo perderá o dereito ó reingreso.

O reingreso será automático e obrigatorio e o traballador terá dereito a ocupar unha praza do mesmo grupo ou nivel, lugar e posto de traballo que ostentará antes de producirse a excedencia forzosa.

O tempo de excedencia computará como tempo ó servicio da empresa.

Capítulo VIII

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 59º.-Comité de seguridade e saúde.

1. En cada centro de traballo que conte con 50 ou máis traballadores, constituirase un comité de seguridade e saúde de conformidade coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

O comité estará formado polos delegados de prevención, e por representantes designados pola empresa, en igual número, sen prexuízo da participación nel, con voz pero sen voto, daquelas persoas que conten cunha especial cualificación ou información respecto a esta materia.

Artigo 60º.-Delegados de prevención.

Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores en materia de prevención de riscos no traballo.

De conformidade coa habilitación legal establecida no artigo 35.4º da Lei de prevención de riscos laborais en favor da negociación colectiva, páctase expresamente que o comité de empresa poderá designar como delegados da prevención a traballadores que non teña a condición de membros do comité de empresa.

Aqueles delegados de prevención que non pertenzan ó comité de empresa poderán dispoñer do crédito de horas mensuais retribuídas que corresponde ó dito comité para o desenvolvemento da súa actividade de prevención, logo de notificación por escrito á dirección da empresa, como se se tratase dun permiso de carácter sindical.

Con carácter previo ó inicio da súa actividade, o comité de empresa deberá notificarlle á empresa as horas de crédito retribuído que son obxecto de cesión ós delegados de prevención así como, se é o caso, a imputación ó crédito horario de cada unha das formacións sindicais que compoñen o comité.

Artigo 61º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de catro pezas de roupa de traballo ó ano, fundas ou batas, segundo o caso, con obriga de usalas e con duración conxunta dun ano. A súa entrega efectuarase por partes, dúas fundas no mes de maio, e as outras dúas no mes de outubro.

As pezas de roupa entregaranse no mes de maio, serán adecuadas á climatoloxía de verán.

Material de seguridade

O comité de seguridade e saúde determinará na empresa as pezas de roupa de seguridade necesarias para cada posto con obriga do seu uso. Tamén determinará a súa renovación.

Artigo 62º.-Maternidade.

1. A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o seu embarazo, un posto de traballo e/ou quenda distinta á habitual, se a prescrición do especialista que atende o seu embarazo así o aconsella, polo que a traballadora directamente, ou ben a través do comité de seguridade e saúde, ou o comité de empresa, solicitaralle á empresa o cambio de posto e/ou quenda de traballo.

Este cambio de posto non suporá modificación na súa categoría profesional nin mingua nos seus dereito económicos. Unha vez rematada a causa que motivou o cambio de posto reincorporarase ó seu destino orixinal.

Ante a imposibilidade de cambio de posto de traballo, a traballadora embarazada pasará a situación de incapacidade temporal, logo de informe médico do especialista.

2. Durante as baixas de maternidade, a traballadora terá dereito a percibi-lo cen por cen do seu salario real. No suposto de que sexa o pai quen desfrute as catro últimas semanas de suspensión, será este o que percibirá igualmente o cen por cento do salario real.

A traballadora embarazada terá dereito a permisos retribuídos para preparación ó parto, e igualmente terá dereito a elixi-la data das súas vacacións regulamentarias.

Capítulo IX

Sección primeira

Da formación

Artigo 63º.-Formación na empresa.

A maior cualificación do persoal é un obxectivo compartido pola empresa e a representación dos traballadores, que redunde tanto en beneficio dos traballadores, como para a flexibilidade e a polivalencia no seo da empresa.

Para tal efecto, promoverase a mellora no nivel formativo dos traballadores, que permita a adaptación progresiva ós requirimentos da prestación do traballo en cada momento, mediante a formación interna e externa.

A formación interna poderá ser impartida con persoal e medios propios, ou mediante a contratación de persoal especializado para levarse a cabo na empresa e terá carácter obrigatorio e retribuído durante a xornada laboral.

A formación fóra de horas de traballo terá carácter voluntario e non retribuído.

Cando a formación sexa externa, a contratación e aboamento do curso será a cargo da empresa, percibindo o traballador a súa retribución como xornadas efectivamente traballadas, así como o importe dos gastos a que deba facer fronte para a asistencia, logo da súa xustificación.

Artigo 64º.-Plans para a formación continua na empresa.

1. Ámbalas partes estudiarán a presentación de plans de formación de empresa, para a formación continua de traballadores, de conformidade co disposto no acordo nacional de formación continua, do 16 de decembro de 1992, co obxectivo de que afecte a colectivos amplos de traballadores, ou sección en que se prevexan cambios tecnolóxicos, como paso previo para a súa adaptación ós novos requirimentos de cualificación que se demanden.

2. Na elaboración de actividades formativas, teranse en conta os seguintes criterios:

Daráselle prioridade ás actividades en función das necesidades concretas da empresa, e con carácter xeral sinálanse as seguintes:

Incorporación de novas tecnoloxías e adaptación a especificacións e normativa vixente, implantación de sistemas de calidade na empresa, atención do medio ambiente, reconversión profesional e mellora da seguridade e saúde no traballo.

A orientación cara a colectivos afectados outorgará preferencia cara ás necesidades de reconversión e reciclaxe profesional, así como á formación especializada e novas tecnoloxías.

3. Tódolos plans de formación deberán especificar como contido mínimo, os seguintes:

a) Obxectivos e contidos das accións formativas que se van desenvolver.

b) Colectivo afectado por categorías e número de participantes.

c) Calendario de execución e lugares de impartición.

d) Instrumento de avaliación previstos.

e) Custo estimado das accións formativas.

4. A aprobación dos plans formativos cos contidos mínimos determinados no número anterior someterase a información da representación legal dos traballadores, órgano que se deberá emiti-lo seu informe no prazo de dez días a partir da recepción da documentación.

Sección segunda

Permisos para a formación

Artigo 65º.-Permisos para asistencia a cursos de formación.

1. Todo traballador que curse estudios de formación ou de perfeccionamento relacionados coa súa cualificación profesional terá dereito á concesión dun permiso non retribuído con reserva de posto de traballo, polo tempo de duración do curso.

O dito período de permiso non retribuído non computará para efectos do desfrute e devengo correspondente a vacacións e pagas extraordinarias.

A solicitude de permiso deberá presentarse coa antelación mínima de vinte días antes do inicio, para que a empresa poida supli-la súa ausencia ó traballo, e a data que calcula para a súa reincorporación.

Nos demais supostos, cando se poida compatibiliza-la asistencia ós cursos co traballo actual, o traballador poderá solicita-la adaptación da xornada de traballo ou a elección da quenda de traballo, sempre e cando as necesidades da sección de que se trate o permitan.

No suposto de que non fose posible tal modificación, o traballador poderá solicita-lo permiso a que fai referencia o parágrafo primeiro.

2. Tempos empregados en formación continua.

a) Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, que estean relacionadas coa súa actividade ou profesión, o 50% das horas que precise na acción formativa será por conta da empresa, e non suporá en ningún caso máis de 20 horas anuais por traballador; poderán distribuírse nunha ou varias accións formativas.

A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador ou unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción.

O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima na empresa dun mes.

Durante as horas formativas a cargo da empresa, o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en hora ordinaria.

O traballador deberá acreditar perante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

b) Así mesmo, o traballador poderá solicita-los permisos individuais de formación de conformidade co disposto no capítulo V do acordo nacional de formación continua do 16 de decembro de 1992.

Capítulo X

Das melloras sociais

Sección primeira

Enfermidade e accidente

Artigo 66º.-Enfermidade e accidente.

1. A partir dun mes ininterrompido de situación de incapacidade transitoria (IT), o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que, engadido á prestación do INSS, complete o 100 por 100 dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sección conxunta, do consello de delegados ou comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

2. Cando a IT sexa debida a accidente laboral ou enfermidade profesional ou de maternidade este complemento percibirao desde o primeiro día.

3. Nos supostos de que a incapacidade transitoria motivara hospitalización, o traballador terá dereito á percepción do dito complemento a partir do primeiro día de situación de IT.

Artigo 67º.-Póliza de accidentes.

A empresa, para os anos 1996-98, garante a contratación dunha póliza colectiva de accidentes, nas condicións e coas coberturas que se recollen na póliza nº 5.892-A subscrita coa compañía de seguros Le Mans Seguros España, S.A., aprobada de común acordo co comité de empresa.

A cobertura de accidente laboral incrementa os capitais asegurados ata a cantidade de 3.750.000 pesetas, desde a sinatura do presente convenio e ata o termo da súa vixencia.

O comité de empresa xestionará a póliza de seguros coas mesmas condicións de risco actuais.

Da dita xestión o comité informará á empresa, co fin de que esta poida acepta-las correspondentes primas ou facilitarlle ó comité unha licitación mellor.

Sección segunda

Dimucións funcionais

Artigo 68º.-Persoal con capacidade diminuída.

1. A empresa queda obrigada a acopla-lo persoal con capacidade diminuída como consecuencia de accidente laboral ou enfermidade profesional, sempre que non alcanzasen un grao de invalidez permanente total ou absoluta. En caso de enfermidade profesional sempre que o traballador teña unha antigüidade na empresa de máis de 6 anos.

Se o novo posto é de categoría superior rexerán as condicións económicas do dito posto. Se fose inferior, continuará percibindo as retribucións anteriores. Esta situación será determinada conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

2. A empresa garante a contratación dunha póliza de seguro, as súas cláusulas serán aprobadas de común acordo co comité de empresa, que garante, en caso de declaración en sentencia ou pola comisión cualificadora correspondente, dunha invalidez permanente total para a profesión habitual derivada de accidente laboral, unha compensación económica que cubra de por vida, a porcentaxe necesaria ata completa-lo 100% da base reguladora recoñecida pola Seguridade Social.

3. No suposto de que a empresa ofrecese ó traballador a posibilidade de continuar na prestación dos seus servicios na empresa, e o traballador accidentado optase pola continuación da súa relación laboral, isto implicará a renuncia ó cobramento da compensación establecida no presente artigo.

Non obstante, o traballador que opte por continuar na empresa, disporá dun prazo adicional dun ano, como período de adaptación á súa nova situación laboral. Durante este período o traballador poderá exerce-la súa opción ó cobramento da póliza complementaria.

Sección terceira

Xubilación

Artigo 69º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 65 anos para o persoal que leve como mínimo 7 anos na empresa, consiste nunha mensualidade de salario base, complemento ad personam, plus de especialidade e a súa antigüidade consolidada. Así mesmo, e para o persoal que se xubile voluntariamente, establécense as seguintes cantidades:

-Ós 60 anos: 225 días de salario real.

-Ós 61 anos: 170 días de salario real.

-Ós 62 anos: 135 días de salario real.

-Ós 63 anos: 110 días de salario real.

-Ós 64 anos: 90 días de salario real.

Estas cantidades serán aboadas, con independencia das liquidacións correspondentes, mantendo o seu valor económico durante toda a vixencia do convenio.

Sección cuarta

Cadros de persoal

Artigo 70º.-Persoal do cadro.

A empresa garante que como consecuencia da aplicación das diversas xornadas recoñecidas neste convenio, non se producirán reduccións nos actuais cadros de persoal.

Capítulo XI

Incrementos salariais e cláusula de revisión

Artigo 71º.-Cláusula de aumento e revisión salarial.

Ano 1996: garántese un incremento económico sobre tódolos conceptos económicos do convenio igual ó índice de prezos ó consumo do dito ano máis un 0,25%.

Aplicarase inicialmente un incremento económico do 3,75% sobre as táboas salariais do ano 1995.

No suposto de que o IPC real o 31-12-1996, resulte superior ó 3,5% inicialmente estimado, efectuarase unha regularización de xeito que se garanta, en todo caso, un incremento retributivo igual ó IPC real do ano 1996 máis un 0,25%.

Ano 1997: para o segundo ano de vixencia garántese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio do IPC real do ano máis un 0,25% aplicado en idénticas condicións que para o ano 1996.

Ano 1998: garántese un incremento en táboas igual ó IPC real do ano.

Aplicarase inicialmente a previsión de inflación determinada polo Ministerio de Economía e Facenda, e no suposto de que o IPC real o 31-12-1998, resulte superior ó inicialmente aplicado como previsión para este ano, efectuarase unha regularización de xeito que garanta, en todo caso, un incremento retributivo igual ó IPC real do ano.

Artigo 72º.-Fondo de xubilación.

Para o ano 1998, ámbalas partes comprométense a poñer en funcionamento un fondo de xubilación, que se nutrirá das achegas seguintes:

A) A empresa realizará unha achega do 1% do importe dos salarios base e a garantía ad personam dos traballadores.

Desta porcentaxe, o 0,75% será de aplicación proporcional, é dicir, aplicable sobre o salario base asignado á súa categoría profesional e o ad personam que, se é o caso, veña percibindo.

O 0,25% restante distribuirase linealmente entre os traballadores que integren o fondo no momento da data de devengo.

B) Os traballadores achegarán ó dito fondo, con carácter obrigatorio, os incrementos económicos do plus de locomoción dos convenios sucesivos.

Para realiza-la dita achega partirase dun valor medio de plus de locomoción igual para tódolos traballadores de Finsa que para o ano1995, tomado como ano base, ascende a 8.393 pesetas.

A esta cantidade aplicaránselle os incrementos económicos pactados en covenio e a contía do dito incremento será achegada ó fondo de xubilación rateada en doce meses. No ano 1996 a contía actualizada será de 8.708 pesetas.

Para os traballadores temporais calcularase a achega mensual que constitúe o incremento económico do plus de locomoción e imputaráselle a cada traballador.

No suposto de que o traballador consolide o seu pase a fixo na empresa ós tres anos, a achega acumulada durante este período achegarase ó fondo de xubilación.

No caso de que se produza a extinción da súa relación laboral antes de adquiri-la condición de fixo do cadro, percibirá en efectivo a contía imputada que será incluída na liquidación da súa baixa na empresa.

C) Así mesmo, os traballadores poderán achegar voluntariamente as cantidades que desexen, autorizando para tal efecto á empresa a realiza-lo desconto na nómina.

D) A comisión paritaria do convenio será a encargada do deseño, negociación e posta en marcha do plan, e designará a entidade especializada de carácter externo que xestionará o fondo.

Artigo 73º.-Aplicación da revisión salarial.

As condicións económicas fixadas neste convenio comezarán a figurar na nómina do mes de xullo. Os atrasos devengados por cada traballador serán aboados en nómina independente no mes seguinte ó asinamento do presente convenio.

Artigo 74º.-Complemento ad personam.

Os complementos ad personam incrementaranse nun 3,75% e serán incrementados e, se é o caso, regularizados, na contía que corresponda segundo o disposto no artigo 68.

Disposición derradeira

Bilingüismo-Para tódolos efectos serán idiomas oficiais o galego e o castelán.

En Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

ANEXO I

Táboas salariais desde o 1-1-1996 ó 31-12-1996

Con compensación antigüidade

CategoríasSalario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón90.6322.9801.311.200
Peón especialista91.3963.0051.322.200
Capataz de peóns93.3303.0691.350.360
Axudante93.3303.0691.350.360
Oficial segunda96.4603.1721.395.680
Oficial primeira103.1803.3941.493.360
Xefe de equipo122.7904.0391.780.455
Xefe de quenda125.9054.1391.825.623
Encargado de sección129.0104.2431.870.645

Persoal mantemento
Aprendiz69.6012.2891.007.160
Oficial de terceira98.4513.2381.424.720

CategoríasSalario

mes

Salario

día

Salario

ano

Oficial de segunda106.3923.4971.538.680
Oficial de primeira116.7343.8391.692.643
Xefe de equipo135.1324.4451.959.414
Xefe de taller172.9355.6842.507.558
Xefe de mantemento192.0866.3162.785.247

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.93.2253.0631.347.720
Porteiro/vixilante/garda

listeiro/almaceneiro/

Chofer turismo

97.5773.2081.411.520
Conductor mecánico103.7583.4121.504.491

Persoal administrativo
Aspirante82.2282.7031.192.277
Aux./Telef./mecang.93.1273.0631.350.342
Oficial de segunda109.6883.6051.590.476
Oficial de primeira121.5103.9951.761.895
Xefe136.2154.4471.975.118
Xefe administrativo166.6565.4792.416.512

Persoal técnico
Analista93.2283.0641.348.160
Delineante109.6163.6041.348.160
ATS109.6163.6041.589.432
Perito124.1404.0811.800.030
Técnico proxectista126.4844.1551.834.018
Licenciado enxeñeiro166.6585.4792.416.512

ANEXO II

Táboas horas extras 1996

CategoríasHora

normal

Hora

extra

Hora

fest/Noct.

Persoal fabricación
Peón7271.2731.457
Peón especialista7401.2891.472
Capataz de peóns7441.3031.492
Axudante7441.3031.492
Oficial segunda7801.3641.555
Oficial primeira8301.4551.665
Xefe de equipo9641.6881.927
Xefe de quenda9881.7281.976
Encargado de sección1.0131.7722.022

Persoal mantemento
Aprendiz5479501.088
Oficial de terceira7811.3661.561
Oficial de segunda8431.4751.690
Oficial de primeira9311.6321.865
Xefe de equipo1.0861.8982.170
Xefe de taller1.3652.3892.732
Xefe de mantemento1.5442.7003.083

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.7431.3011.488
Porteiro/vixilante/garda

listeiro/almaceneiro/

Chofer turismo

7871.3771.575
Conductor mecánico8541.4921.706

Persoal administrativo
Aspirante6411.1221.283
Aux./Telef./mecang.7271.2701.454
Oficial de segunda8611.5021.719
Oficial de primeira9571.6721.914
Xefe1.0701.8782.148
Xefe administrativo1.3102.2922.623

CategoríasHora

normal

Hora

extra

Hora

fest/Noct.

Persoal técnico
Analista7251.2671.447
Delineante8611.5021.447
ATS000
Perito9701.6991.944
Técnico proxectista9921.7391.987
Licenciado enxeñeiro1.3102.2922.623

ANEXO III

Plus de locomoción 1996

CategoríasXornada

partida

Dúas

quendas

Tres

quendas

Catro

quendas

Persoal fabricación
Peón6.8088.8969.1669.523
Peón especialista6.8088.9129.1849.541
Capataz de peóns6.8298.9769.2569.614
Axudante6.8298.9769.2569.614
Oficial segunda6.8519.0809.3689.726
Oficial primeira5.8589.2079.4929.849
Xefe de equipo6.9899.78710.10710.456
Xefe de quenda6.9919.85010.17410.531
Encargado de sección6.9939.91510.23310.588

Persoal mantemento
Aprendiz6.6758.3068.5458.902
Oficial de terceira6.8519.1119.3929.776
Oficial de segunda6.8909.3279.6279.983
Oficial de primeira6.9559.6199.93310.291
Xefe de equipo7.03310.08810.42110.777
Xefe de taller7.24111.11811.50511.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.07512.432

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.6.8218.9649.2359.590
Porteiro/vixilante

/garda/listeiro/

almaceneiro/

Chofer turismo

6.8329.0749.3569.713
Conductor mecánico6.8779.2609.5589.915

Persoal administrativo
Aspirante6.729000
Aux./Telef./mecang.6.818000
Oficial de segunda6.901000
Oficial de primeira6.962000
Xefe7.048000
Xefe administrativo7.235000

Persoal técnico
Analista6.822000
Delineante6.901000
Perito6.979000
Técnico proxectista6.980000
Licenciado enxeñeiro7.235000

Os que veñan percibindo un plus de locomoción superior ó que, para a súa categoría aparecen nesta táboa, verán incrementado o exceso sobre a dita táboa nun 3,75%.

7336