Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.935

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (98/1996-01).

Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas 98/1996, sobre insultos, sendo partes como denunciantes os policías municipais números 121 e 126 e como denunciado Rafael Gabarri Volga, se dictou sentencia que ten a resolución seguinte:

Que debo absolver e absolvo a Rafael Gabarri Volga da presunta falta a que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgdo para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado Rafael Gabarri Volga, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1996.

A secretaria

Rubricado

96-8661