Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.935

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (268/1996-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido:

Fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 268/1996, por instancia de axentes da policía local número 33 e 127 e Germán Jiménez Manosalvas e María Teresa García Serrano contra estes; nas súas actuacións en resolución desta data acordouse citar a Germán Jiménez Manosalvas co fin de que o día dezaseis de xaneiro ás 9.30 horas compareza en calidade de denunciante-denunciado ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, apercibíndoo de que no caso de non verificalo recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas que coide convenientes.

E para que conste e sirva de citación a Germán Jiménez Manosalvas, expido e asino en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1996.

Rubricado

96-7609