Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.935

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (164/1995).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, en virtude do acordado en resolución dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co nº 164/1995 (executoria 62/1995) sobre agresión, pola presente cédula requiro a José Barcia Varela para que compareza perante este xulgado coa maior brevidade para constituílo en arresto domiciliario por termo de dous días ós que foi condenado, prevíndoo de que de non facelo recaerán sobre del os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de requirimento en forma a José Barcia Varela, que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

8735