Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.935

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE CHANTADA

CÉDULA de citación (173 e 232/1996).

De conformidade coa resolución dictada nos presentes autos por María Jesús Hernández Martín, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Chantada, en autos de xuízo verbal civil, acumulados, seguidos neste xulgado ó número 173/1996 e 232/1996, por instancia de María del Carmen Rodríguez López, fronte a María Ledo Fernández e outros, sobre constitución de servidume de paso do predio rústico sito na parroquia de San Tomé de Merlán, no concello de Chantada, denominada Dos Tres Ferrados, cítase ás persoas descoñecidas e incertas que e poderían ter interese na presente litis, co fin de que comparezan á celebración do presente xuízo o día cinco de decembro do ano en curso, ás dez horas, baixo apercibimento de rebeldía en caso de non se presentaren.

E para que sirva de cédula de citación ós expresados demandados, expido a presente cédula que asino en Chantada, o oito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

96-7610