Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 03 de decembro de 1996 Páx. 10.930

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1996 pola que se convoca concurso público para a provisión das prazas de corpos docentes universitarios 55 a 62/1996.

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 agosto e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionarios civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos os solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cos españois:

-Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea logo de acredita-la nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non ter cumprido os setenta anos.

c) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o acceso e exercicio da función pública.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico o psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir ademais as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º ou 4.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1ºc) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que no mesmo se sinalan, os interesados deberán acreditar estar eximidos de tales requisitos dentro do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, agás as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso, remitirá a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia de ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboadas 9.180 pesetas en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo 0040225994 de Caixavigo, (oficina principal, rúa García Barbón , 1-3) epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, onde conste referencia a esta convocatoria.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da universidade, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa constitución, dictará unha resolución que deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da Comisión e, de se-lo caso, ós suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución da mesma.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e con sinalamento da data, hora e lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregarán ó presidente da comisión a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, de 26 do setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, de 13 de xuño, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na secretaría xeral da universidade no prazo de quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión, por calquera dos medios sinaladas no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico o psíquico para o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustificar ditos docu

mentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio u organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Vigo, 8 de novembro de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

Universidade de Vigo

Número de prazas: 1.

Praza número: 55/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e Comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxías das Comunicacións.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en campos electromagnéticos e sistemas de Comunicacións vía satélite.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 56/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e Comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxías das Comunicacións.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en teorías das comunicacións e fundamentos de comunicacións dixitais.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 57/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxías das comunicacións.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en electroacústica e enxeñería acústica.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 58/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en literatura española: século de ouro.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 59/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía inglesa.

Departamento ó que está adscrita: Filoloxía Inglesa e Alemana.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en historia da literatura inglesa.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 60/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal.

Departamento ó que está adscrita: Recursos Naturais e Medio Ambiente.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en biodiversidade de plantas non vasculares.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de prazas: 1.

Praza número: 61/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: química orgánica.

Departamento ó que está adscrita: Química Pura e aplicada.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en materias propias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

Número de Prazas: 1.

Praza número: 62/1996.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escolas universitarias.

Área de coñecemento á que corresponde: teoría do sinal e comunicacións.

Departamento ó que está adscrita: Tecnoloxías das Comunicacións.

Actividades a realizar por quen obteña a praza: docencia en sínteses de circuítos eléctricos e electrónicos.

Clase de convocatoria: concurso.

96-8935