Número e características das prazas convocadas: convócanse probas selectivas para cubrir sete prazas de peón, vacantes no cadro de persoal laboral fixo, segundo as previsións destas bases e das xerais aprobadas polo Pleno do Concello o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril).
Nivel de titulación esixido: os aspirantes deberán estar en posesión de título de certificado de escolaridade ou equivalente.
A duración do período de proba será de quince días.
Sistema selectivo: será o de concurso-oposición libre.
Fase de concurso: valoraranse os méritos que figuran no anexo II.
Fase de oposición: a oposición constará dun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio que consistirá en realizar unha proba entre as tres que propoña o tribunal (unha de cada parte do programa que se inclúe no anexo I). O tribunal fixará a duración do exercicio e porá a disposición dos concursantes o material necesario.
Sistema de cualificación: o exercicio da oposición valorarase ata un máximo de 10 puntos por cada membro do tribunal, sendo a puntuación do exercicio a media entre as puntuacións de cada membro. Esta puntuación deberá ser como mínimo de 5 puntos para supera-lo exercicio.
A puntuación final será a suma da puntuación obtida na fase de concurso coa da fase de oposición.
ANEXO I
PROBAS
Albanelería e carpintería.
1. Levantamento muro en fábrica de ladrillo de calquera tipo (de dimensións aproximadas de 1x1 m).
2. Revestimento mediante retocado nivelado con regra en paredes, con argamasa de C.P. (1/4) acabado fratasado.
3. Enlucido de xeso en teitos.
4. Colocación ferraxe, fechadura en portas.
5. Instalación de tela metálica en cerramentos.
6. Substitución pezas de carpintería.
Fontanería e electricidade.
1. Instalacións sanitarias.
2. Conexións de auga.
3. Conexións de aparatos eléctricos.
4. Instalacións puntos de iluminación.
5. Tipos de soldadura.
Obras públicas.
1. Pavimentación camiños.
2. Manexo de máquinas e útiles de limpeza viaria.
3. Regas asfálticas en frío.
4. Mestura vituminosas.
ANEXO II
BAREMO DE MÉRITOS PARA A FASE DE CONCURSO
A) Experiencia profesional: ata un máximo de 5 puntos.
* Servicios prestados no Concello de Nigrán na mesma categoría: 0,15 puntos/mes.
* Servicios prestados noutras administracións na mesma categoría: 0,10 puntos/mes.
* Servicios prestados en empresas privadas na mesma categoría: 0,05 puntos/mes.
b) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade ou INEM e relacionado coas funcións propias da categoría: 0,20 puntos/curso. Máximo: 1 punto.
c) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado).
* En grao de iniciación: 0,50 puntos.
* En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.
Só se concederá validez, polo que a acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
d) En caso de situación actual de desemprego, por cada mes de antigüidade acreditado (máximo 1 punto): 0,01 puntos.
Nigrán, 11 de outubro de 1996.
José Villar Pereira
Alcalde
8579