Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno, en sesión do 25-10-1996, o plan parcial dun sector do solo urbanizable programado número 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), en Ribadelouro, exponse ó público polo prazo dun mes, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei do solo e artigo 128 do Regulamento de planeamento vixente e suxeita á resolución definitiva que proceda da modificación do PXOU que se tramita separadamente.

Tui, 6 de novembro de 1996.

Miguel A. Capón Rey

Alcalde

8580