Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

BASES específicas da convocatoria para tres prazas de peón do parque móbil.

Número e características das prazas convocadas: convócanse probas selectivas para cubrir tres prazas de peón do parque móbil, vacantes no cadro de persoal laboral fixo, segundo as previsións destas bases e das xerais aprobadas polo Pleno do Concello o 26 de xaneiro de 1996 (BOP nº 67, do 3 de abril).

Nivel de titulación esixido: os aspirantes deberán estar en posesión de título de certificado de escolaridade ou equivalente.

A duración do período de proba será de quince días.

Sistema selectivo: será o de concurso-oposición libre.

Fase de concurso: valoraranse os méritos que figuran no anexo II.

Fase de oposición: a oposición constará dun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio que consistirá en realizar unha proba que propoña o tribunal das contidas no programa que se inclúe no anexo I. O tribunal fixará a duración do exercicio e porá a disposición dos concursantes o material necesario.

Sistema de cualificación: o exercicio da oposición valorarase ata un máximo de 10 puntos por cada membro do tribunal, sendo a puntuación do exercicio a media entre as puntuacións de cada membro. Esta puntuación deberá ser como mínimo de 5 puntos para supera-lo exercicio.

A puntuación final será a suma da puntuación obtida na fase de concurso coa da fase de oposición.

ANEXO I

PROBAS

-Substitución pezas de vehículos.

-Engraxado e cambio de aceites.

-Detección avarías simples.

-Manexo e manobra de camións e tractores con acoplamento de rozadora e limpa-praias.

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS PARA A FASE DE CONCURSO

A) Experiencia profesional: ata un máximo de 5 puntos.

* Servicios prestados no Concello de Nigrán na mesma categoría: 0,15 puntos/mes.

* Servicios prestados noutras administracións na mesma categoría: 0,10 puntos/mes.

* Servicios prestados en empresas privadas na mesma categoría: 0,05 puntos/mes.

b) Por cada curso de formación ou perfeccionamento realizado con aproveitamento impartido polas administracións públicas, universidade ou INEM e relacionado coas funcións propias da categoría: 0,20 puntos/curso. Máximo 1 punto.

c) Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado).

* En grao de iniciación: 0,50 puntos.

* En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

Só se concederá validez, polo que a acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) En caso de situación actual de desemprego, por cada mes de antigüidade acreditado (máximo 1 punto): 0,01 puntos.

Nigrán, 11 de outubro de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde

7603