Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

EDICTO do 22 de novembro de 1996 polo que se publica o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 21 de novembro de 1996, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal co seu ámbito no lugar de Xesteira, entre os núcleos de Castrillón e Fontelo.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Coirós, 22 de novembro de 1996.

Alcalde

7602