Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 02 de decembro de 1996 Páx. 10.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación dos procedementos sancionadores de incendios. (Expediente 178I/1996 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais(BOE nº 294, do 7-12-1968), e mais do seu Regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Admistración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8).

A Coruña, 5 de novembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación

Regulamento incendios

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

178I/96Romaní Barreiro, María

33.191.853

Ronda de Outeiro, 257-2I

A Coruña

Quema sen autorización e sen adoptar precaucións138.CMoi grave50.000 ptas.
164I/96Blanco Armada, Orlando

Benito Blanco Rayoy, 9 6IB

A Coruña

Abandono da queima antes de estar totalmente apagada138.BMoi grave50.000 ptas.
208I/96Paredes Varela, Miguel

Avda. de las Flores

Carballo-A Coruña

Queimar ou encender lume cando está prohibido138.AMoi grave50.000 ptas.
214I/96Arias González, Juan

Plaza del Conservatorio 3-4I

A Coruña

Acumular lixo en zonas forestais137.EGrave50.000 ptas.
233I/96Souto Mosquera, Jesús

Avda. Oleiros de Castro, 54

15173 Oleiros-A Coruña

Queimar ou encender lume cando está prohibido138.AMoi grave50.000 ptas.
231I/96Rey Abel, Ricardo

Frades-A Coruña

Queimar ou encender lume cando está prohibido138.AMoi grave50.000 ptas.
286I/96López Manteiga, Germán

Vilanova, 8

Oleiros-A Coruña

Queimar ou encender lume cando está prohibido138.AMoi grave50.000 ptas.

8849